• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

MELLORA DA EFICIENCIA ENERXETICA DO ALUMEADO PUBLICO EN CORVILLÓN E ZARRACÓS

MELLORA DA EFICIENCIA ENERXETICA DO ALUMEADO PUBLICO EN CORVILLÓN E ZARRACÓS

O Concello de A Merca, procedeu ao cambio das luminarias do alumeado público nos cadros C46 de Corvillón e C45 de Zarracós, con cargo a unha subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, para mellora da eficiencia enerxética das instalacións vinculadas á prestación de servizos municipais (redes de luz pública),  cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). O custe total da obra, ascendeu a 43.393,98 € (28.690,23 € subvencionados e 14.703,75 € de aportación municipal)

F307E73F-8A8B-49B5-A807-E4B9102C3AD7  6E3869FA-71A8-4E0E-89C0-DD508AF08C76

ESCOLA DEPORTIVA DE FÚTBOL SALA

A Deputación Provincial de Ourense, en colaboración coa Concelleira de Deportes do Concello de A Merca, organizan unha Escola Deportiva de Fútbol Sala

Dirixido a nen@s de entre 6 e 14 anos, impartirase no Pavillón Municipal Polideportivo de A Merca entre os meses de Novembro de 2017 e Xuño de 2018

Todos aqueles interesados, poderanse inscribir nas oficinas do Concello

O custo por nen@ será de 9,00 €/mensuais

8ª Andaina do Concello de A Merca

O día 29 de Outubro, celebrarouse a 8ª Andaina do Concello de A Merca.

Inscrición 5.00 € (Poderase realizar, ata o venres día 27 de Outubro ás 13:00h. Tamén poderán incribirse o día do evento ata medio hora antes do seu inicio)

A ruta de 18 Km., discorrera por parte do “Roteiro da Broa”, con saída ás 9:00 h e chegada no Local social de Rubillós,  pasando polas poboacións de Entrambosríos, Salpurido, Covas, Ponte Hermida, Fontao, Xen de Arriba e Olás.

A proba conta con dous avituallamentos no percorrido e pincho ao final.

 

LIMPEZA DE PARCELAS PARA PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

INFORMACIÓN PARA PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

Segundo consta na Lei 3/2007 de 9 de Abril de 2007, no seu artigo 21, queda recollido a xestión das “faixas de especial protección” a efectos de protexer o espazo rural e os núcleos, O QUE OBRIGA AOS SEUS TITULARES A: 

  • Limpar a totalidade das parcelas que se atopen, fóra do monte, a unha distancia inferior a 50 metros do seu perímetro, consonte o previsto nos criterios para a limpeza definidos nesta lei e na súa normativa de desenvolvemento.
  • Limpar nunha franxa de 100 metros arredor de calquera núcleo poboacional, edificación, urbanización, depósito de lixo, cámpings, instalacións recreativas, obras, parques e instalacións industriais, situadas a menos de 400 metros do monte, de acordo cos criterios para a limpeza estipulados nesta lei e na súa normativa de desenvolvemento.
  • Enténdese como titulares as persoas propietarias, arrendatarias, usufructuarias ou persoas titulares de calquera outro dereito real ou persoal sobre os terreos forestais e os terreos situados nas zonas de influencia forestal.
  • Advírtese que non manter os terreos limpos, será obxecto de sanción por parte da Xunta de Galicia e por parte do Concello.

Dende a Alcaldía solicítase dos veciños do Municipio, a  máxima colaboración para evitar riscos de incendios nas distintas poboacións do Concello.

Prégase ós veciños que limpen de maleza  as súas fincas, en especial aquelas que rodean ou están situadas nos distintos pobos e que presentan perigo, así como os frontes das súas propiedades nos núcleos de poboación (camiños, airas, etc).

É labor de todos, defender o noso patrimonio forestal e as nosas propiedades; así pois, solicítase a máxima colaboración cidadán.

 

 

CONTRATACION PERSOAL INCENDIOS FORESTAIS (PREVENCIÓN E DEFENSA) 2017

CONTRATACIÓN DE PERSOAL PARA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS 2017

 

Mediante Resolución de Alcaldía de data 27 de xuño de 2017, aprobouse a lista de admitidos e excluídos para participar na brigada de prevención e defensa contra incendios forestais, así como o tribunal cualificador proposto pola Mancomunidade Terra de Celanova, que xulgará a selección de persoal para dito procedemento. Consultar DECRETO 2017-0138 [Decreto Publicación Admitidos e Excluídos e Tribunal Cualificador].

 

Programa de vivendas baleiras

Programa de vivendas baleiras

O programa de Vivendas Baleiras está incluído no Plan RehaVIta 2015-2020 Plan Galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020.

Trátase dun instrumento que a Xunta pon a disposición dos concellos para mobilizar vivendas desocupadas e destinalas ao alugueiro a prezo reducido.

Caratula

Máis información:

IGVS Ourense

Rúa Antonio Sáenz Díez, 1

988 386 269

Actividades de verán 2017

ACTIVIDADES DE VERÁN PARA NENOS E ADULTOS

Natación para adultos (mes de xullo e última semana do mes de agosto)

Xoves de 11:30 a 12:30 h.

Natación para nenos  de 6 a 16 anos

(mes de xullo e última semana do mes de agosto)

Xoves de 12:30 a 13:30 h.

Xogos de Cooperación e Manualidades (mes de xullo)

Luns de 11:30 a 13:00 h.

Actividades_Veran

Inscripción gratuíta

Formulario inscrición

Colabora a Mancomunidade de Municipios “Terra de Celanova”

LICITACIÓN BAR PISCINA MUNICIPAL DE A MERCA VERÁN 2017

Por resolución da Alcaldía de data 31 de Maio de 2017, anúnciase a licitación do contrato de prestación de servizos de bar na piscina municipal da Merca para a tempada estival de 2017.

  1. Entidade adxudicadora: Datos xerais e datos para a obtención da información:
    1. Organismo e dependencia: Concello da Merca, Secretaria Xeral
    2. Obtención de documentación e información:
      • Concello da Merca, Domicilio: Estrada de Celanova, nº 3, C/P 32830
      • Teléfono: 988260000, telefax: 988260176
      • Correo electrónico: concello@amerca.es
      • Perfil con tratante: www.amerca.gal
      • Data límite de obtención de documentación e información: Día anterior ao de finalización do prazo de presentación de ofertas.
  1. Obxecto do contrato:
    1. Tipo: Servizo do bar da piscina municipal, verán 2017.
    2. Lugar de execución:
      • Domicilio: Piscina municipal. A Merca, 32830
    3. Prazo de execución: 2 meses prorrogables
  1. Tramitación e procedemento:
    1. Tramitación: urxente, simplificada.
    2. Procedemento, criterio: Aberto, único.
  1. Valor estimado do contrato:1.200,00 euros.
  1. Orzamento base de licitación: Importe neto, 1.350.00 euros. IVE (21%), 283,50 euros. Importe total, 1.633.50 euros.
  • Garantías esixidas:
    • Provisional: Non se esixe.
    • Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído IVE.
  1. Requisitos específicos do contratista:
    1. Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): Non.
    2. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: Segundo o determinado en prego de condicións.
  1. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
    1. Data límite de presentación: A partir da publicación do anuncio no BOP de Ourense e ata o día 16 de Xuño ás 14 h.
    2. Lugar de presentación:
      • Dependencia: Concello da Merca.
      • Domicilio: Ctra. de Celanova, nº 3. Cp 32830
    3. Admisión de variantes, se procede: Non.
  1. Apertura de ofertas:
    1. Descrición: Sobre “A” e sobre “B”.
    2. Dirección: Casa Consistorial
    3. Localidade e código postal: A Merca, 32830.
    4. Data e hora: terceiro día hábil a partir do seguinte ao da finalización do prazo de presentación de ofertas.

Prego de condicións

Anuncio B.O.P.

A adxudicación do contrato menor para explotación do servizo bar cafetería das piscinas municipais 2017 foi para a empresa “Night Ourense, S.L.”.

CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, CULTURAIS E DEPORTIVAS 2017

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada con data 21 de Abril de 2017, convócase a concesión de subvencións para asociacións de veciños, culturais e deportivas de A Merca para o ano 2017, consistentes en axudas económicas para mantemento de servizos veciñais, desenvolvemento de actividades, cursos, etc.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de Maio de 2017.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, publicaranse no taboleiro de edictos e na web do Concello.

Bases da subvención

Modelo de solicitude

Calendar

<< Xan 2021 >>
LMMXVSD
28 29 30 31 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31