Roteiro de San Marcos - Penedo da Moura
ITINERARIO:
Saímos da igrexa de San Pedro da Mezquita (nomeada Monumento Nacional dende 1.931 e xoia do románico galego en transición ao gótico), en dirección o barrio do Loureiro pasando pola casa materna de Dº Luís González Seara (Ministro, Senador, Deputado, Académico), para coller o “camiño do Meixendo” e chegarmos a fonte do Val e entrar no pobo a través do “camiño da Fonteliña”. Cruzaremos o pobo e sairemos dél polo “camiño da Corga” que nos levará o pé da autovía AG31 para seguir polo “camiño da Cabreira” ata o chamado cinco cruces. Colleremos a dereita polo “camiño da Regueira” ata o xiro a esquerda para subir polo “camiño de Peñín” deica o “camiño de Vilachá” que se engadirá ao “camiño das Arcas” e levaranos o barrio das Arcas. Sairemos polo “camiño da Patana” ata a estrada da Merca. Aí xiramos a dereita, percorreremos 30 metros de estrada para coller a esquerda o “camiño dos Cruceiros” e chegarmos o “camiño das Penelas”. Camiñaremos por el uns 20 metros para xirar a esquerda e subir polo “camiño do Alvaredo ” ata chegar o “camiño do 26”.Aquí xiramos a dereita e camiñaremos por él ata enlazar co “camiño da Moura” que nos levará o “Penedo da Moura, lugar singular e que dá nome o roteiro. Sairemos por unha “carrilleira” ata enlazar co fermosísimo “camiño das Rañoás” que nos achegará o cruce onde despois de xirar a dereita tomaremos o “camiño vello de San Marcos” que nos levará por unha forte subida ata o cume de San Marcos(640 metros), lugar singular e que dá tamén nome o roteiro. Despois de desfrutar dunhas magníficas vistas derivadas da altitude do lugar e onde destaca a beleza ao fondo da igrexa Monumento Nacional de San Pedro da Mezquita, escomenzamos a baixar polo “camiño da Fonte do Frade” ata chegarmos o barrio da Compostela. Xiramos a esquerda e percorreremos por estrada ata chegar o barrio do Campo onde o saíres dél xiraremos a dereita para coller o “camiño da Touza Grande” e chegarmos o parque biosaudable e enlazar co “camiño de Outeiro” que nós levará a estrada da Merca e xa nos sitúa no pobo da Mezquita. Entramos no pobo de San Pedro da Mezquita e imos ata a fonte do Freixeiro para alí xirar a esquerda e subir pola rúa e de novo xiramos a esquerda para percorrer o espazo chamado “a Torre”, onde se dí que estivo o Castelo e se poden observar unhas construcións senlleiras. Despois de rodear o espazo “a Torre” seguiremos polo “camiño da Cal” ata chegar a estrada do Val e seguimos a dereita para subir a beira da antiga escola do pobo (na actualidade local social parroquial) e de carón para imponente igrexa de San Pedro da Mezquita e chegarmos ao punto de saída e inicio do roteiro.