CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, CULTURAIS E DEPORTIVAS 2017
Mediante acordo da Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada con data 21 de Abril de 2017, convócase a concesión de subvencións para asociacións de veciños, culturais e deportivas de A Merca para o ano 2017, consistentes en axudas económicas para mantemento de servizos veciñais, desenvolvemento de actividades, cursos, etc.
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de Maio de 2017.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, publicaranse no taboleiro de edictos e na web do Concello.