Superficie: 50,9 km²
Poboación: 2.021 habitantes
Parroquias: A Manchica (Nosa Señora de Lourdes), A Merca (Santa María), A Mezquita (San Pedro), Corvillón (Santa María), Entrambosríos (Santa Mariña), Faramontaos (San Xes), Olás de Vilariño (Santa María), Parderrubias (Santa Olaia), Pereira de Montes (Santa María), Proente (Santo André), San Vitoiro da Mezquita (San Vitoiro), Zarracós (Santo André)
CLIMA E HIDROGRAFÍA
O concello de A Merca, aséntase nunha zona de transición climática entre os dominios do oceánico mediterráneo e do oceánico continental.
Os valores térmicos medios anuais oscilan arredor dos 120 para a zona S. (a media mínima corresponde a xaneiro, con 6,50 e a máxima a xullo, con 19,20) e de 150 para a zona N., media mínima en xaneiro (6,90) e máxima en xullo (22,90). As precipitacións acadan na metade Sur, entre 1000 e 5000 mm. anuais, con 120 días de choiva ao ano mentres q ue ao Norte, do cordón montano intermedio, a contía total non excede os 1000 mm. anuais.
A rede hidrográfica do municipio organízase arredor do Barbaña e o Arnoia. O primeiro nace no Alto de A Manchica e únese ao Miño en Ourense. O Arnoia, aínda que é afluente do Miño, constitúe unha subcutánea propia e inicia o seu percorrido no termo de A Merca, tras cruzar un auténtico canón (Muíño dos Mouros-Salpurido) con cascadas, e a partir de Rubillós comeza a escavar un val. Recibe pola dereita os arroios de Os Muíños, Seixoso, Covo e Portamosqueiro, e pola esquerda, o Fechiñas, Corvillón, Pardavedra e Entrambosríos.
RELEVO
A maior parte do territorio municipal, atópase nunha altitude comprendida entre os 400 e 500 m. Por riba dos 500 m. discorre o cordón intermedio, que divide en dúas partes case iguais o termo, en realidade unha débil e longa prolongación do Outeiro de Boa Madre (Bobadela) e dos Montes de Augas Santas e Cousa, cuia dirección SO, separa as cuncas do Miño e do Arnoia. Neste senso habería que entender o Monte de Castrelos (645 m.), Outeiro de Fontefría (561 m.) e Alto de Rodela (510 m.). Floracións deste cordón son tamén as altitudes do NO., como A Vaqueiriza (522 m.), Labradas (602 m.), Castro de Pereira (530 m.), O Pozo (540 m.) e As Picoñas (550 m.). A Cota máxima localízase nos límites co concello de Allariz, nos Montes do Barracel (856 m.). Dende o punto de vista xeolóxico, o Precámbrico e o Paleozoico indiferenciado abarcan case a metade do termo, ao N., e ao O.,
SOLO E VEXETACIÓN
As rochas cristalinas ácidas (granito) constitúen o factor determinante da formación e orixe dos solos, pouco fondos e impermeables case na súa totalidade. Ademais, atópanse depósitos sedimentarios que deron lugar a solos máis pesados, máis porosos e feraces no val arnoiés. Polo xeral, trátase de solos pouco pendentes e laborais sobre os que actuou con diversos efectos a vexetación mellorante (castiñeiro, abedul, toxo) e degradante (piñeiro). No centro atópanse unha serie de chairas e alturas arcillosas debidas á descomposición do gneis in situ.
A superficie forestal de A Merca supera as 3165 Ha., o que supón máis do 60% do total de terreos municipais. A vexetación arbórea ocupa unha gran extensión a pesar dos atentados a que se ve sometida, cifrada en 1400 Ha., é dicir, case a metade da superficie adicada a monte. As especies autóctonas predominantes son o carballo, o castiñeiro de abedul, o aliso e o fresno, as dúas primeiras en retroceso. Ás autóctonas tense que engadir o piñeiro. O sotobosque (1500 Ha.) está formada por xesta, uceira, toxo, carpaza, silvas, xuncos, etc.