• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

Roteiro de A Canle do Ruca

Roteiro A Canle do Ruca

ITINERARIO:

Partiremos da aldea de Rubillós en direción leste ata un pequeno afluínte do río Arnoia. Logo ascenderemos por un empinado camiño que penetra nunha fraga que nos levará ao comezo da canle do Ruca, onde se ubican as ruínas da comporta e da casa das turbinas. Continuaremos polo canal e, antes de internarnos no túnel, pasaremos á beira das ruínas do muíño do Durán, que en tempos producía fariña para os veciños das aldeas da contorna, do mesmo xeito que o muíño dos Mouros, cuxas ruínas se atopan un pouquiño máis arriba. Seguindo a canle chegaremos á comporta 1, onde se recollería a auga da presa que alimentaría á canle e que nunca se chegou a construír. No regreso, polo mesmo camíño, ascenderemos por un camiño enlousado a un mirador que nos permitirá contemplar a magnitude do canal e a espléndida frondosidade da fraga do río Arnoia. Descenderemos do mirador ata a canle, e seguiremos á beira do río ata a ponte de Rubillós para voltar ao punto de partida.

MAPA ELABORADO POR O Bosque Máxico:

ROTEIRO Wikiloc: