• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

BASES E CONVOCATORIA PARA ESTABILIZAR O EMPREGO TEMPORAL DO CONCELLO DA MERCA

BASES E CONVOCATORIA PARA ESTABILIZAR O EMPREGO TEMPORAL DO CONCELLO DA MERCA

1. O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Previamente publicaranse as bases íntegras no BOP e un anuncio da convocatoria no DOG (artigo 205 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia).

2. As solicitude poderanse presentar no Rexistro Xeral do Concello da Merca ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As modalidades de presentación serán as seguintes:

a) De forma presencial, mediante a presentación en papel da solicitude e da documentación anexa na oficina Rexistro do Concello da Merca ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) De forma telemática, a través do rexistro electrónico xeral da sede electrónica do Concello, na ligazón https://amerca.sedelectronica.gal. Nas solicitudes farase constar expresamente que a persoa aspirante reúne todas e cada unha das condicións esixidas, referidas á data de expiración do prazo de presentación.

3. Documentación administrativa para a admisión aos procesos:

a) Modelo normalizado de solicitude que se inclúe nestas bases (anexo I) e que estará dispoñible no portal web corporativo do Concello da Merca, www.amerca.gal.

b) Copia da titulación esixible na cláusula primeira das presentes bases para a praza que se presenta.

c) Xustificante de pago da taxa de participación no proceso selectivo. O pago realizarase mediante ingreso do importe na conta do Concello núm. ES4720805316123110004081.

d) Copia do diploma ou certificado, que acredite o grao de coñecemento do idioma galego do nivel Celga3. No caso de non presentar esta documentación, a persoa interesada deberá realizar unha proba de coñecemento de lingua galega na forma establecida na base cuarta.1.g).

4. Documentación para a valoración do concurso:

a) Certificación expedida pola administración competente dos servizos prestados para o caso de experiencia laboral en administracións públicas.

b) Informe da vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

c) Contratos de traballo para o caso de que se aleguen servizos prestados por conta allea en empresas do sector público na mesma ou análoga categoría para a que se presenta a solicitude

d) Diplomas ou certificados do cursos que se aleguen como mérito para a súa valoración Os méritos admisibles e avaliables serán unicamente os causados ata a data da presentación de solicitudes.

3. A esixencia da documentación recollida neste apartado motívase pola imposibilidade material, no momento actual, de obtelos datos correspondentes nas plataformas de intermediación de datos e redes corporativas das administracións públicas.

4. Non obstante o anterior, non será necesario achegar a documentación sinalada no apartado anterior que xa conste en poder do Concello da Merca. Deberase indicar esta situación na solicitude, facendo constar a data e o procedemento no que foron achegados.

5. Cando as persoas solicitantes presenten en papel a solicitude e a documentación anexa, deberán presentala na oficina de rexistro do Concello ou de calquera outra entidade do sector público ás que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como en representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España. A oficina dixitalizará os documentos e emitirá unha copia electrónica auténtica destes, que se remitirá á unidade administrativa competente pola propia oficina. Os documentos en papel presentados devolveranse no acto ás persoas solicitantes, en unión dun recibo acreditativo da presentación da solicitude e a documentación anexa.

7. A documentación deberá presentarse sen grampar nin encadernar, en follas soltas e ordenadas, para facilitar a súa correcta dixitalización.

8. Cando as persoas solicitantes opten pola presentación telemática no rexistro electrónico do Concello, deberán acceder ao rexistro na sede electrónica do Concello e proceder do seguinte xeito:

a) En primeiro lugar, deberán cubrir a solicitude (anexo I) que estará dispoñible na web do Concello, e a continuación descargala e gardala no seu dispositivo electrónico, para logo anexala no rexistro electrónico.

b) En segundo lugar, deberán dixitalizar e incorporar á solicitude o resto de documentación esixible.

c) Unha vez incorporada a solicitude, procederán a asinala electronicamente e a enviala, xerándose automaticamente o recibo acreditativo da súa presentación. A sinatura electrónica deberá realizarse mediante os sistemas de sinatura electrónica previstos no artigo 10.1, apartado a), da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

10. Para calquera consulta ou dúbida poderá contactar co Servizo de Recursos Humanos, no teléfono 988 260 000, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas

11. De cara a axilizar a formación das listas provisionais de persoas admitidas e excluídas, recoméndase que as persoas solicitantes que presenten a súa solicitude en rexistros diferentes ao do Concello ou a través de correo postal, adianten unha copia da solicitude co selo do rexistro de procedencia ou, no seu caso, co selo coa data de presentación en Correos a través do correo electrónico concello@amerca.gal dentro do prazo establecido para a presentación de instancias.

Leave a Reply

*

Calendar

<< Xul 2024 >>
LMMXVSD
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4