Programa de Empregabilidade 2022
APROBACIÓN BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN CON CARÁCTER DE LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA, DE 3 TRABALLADOR/A (PEÓNS E AUXILIAR) PARA A REALIZACIÓN/PRESTACIÓN DE OBRAS/SERVIZO DENOMINADO “SILVICULTURA PREVENTIVA EN VÍAS, CAMIÑOS E OUTRAS SUPERFICIES FORESTAIS DE TITULARIDADE MUNICIPAL”, “RECUPERACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS URBANOS” e “AUXILIAR DE ARQUIVOS”.
Visto que resulta necesario proceder á selección e posterior contratación de 3 traballador/a (peóns e auxiliar), con carácter de laboral temporal, durante 6 e 3 meses, para a constitución dunha brigada con destino á realización/prestación de obras /servizo denominado “SILVICULTURA PREVENTIVA EN VÍAS, CAMIÑOS E OUTRAS SUPERFICIES FORESTAIS DE TITULARIDADE MUNICIPAL”, “RECUPERACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS URBANOS” e “AUXILIAR DE ARQUIVOS”, mediante o sistema de concurso.
Visto que estas contratacións están destinadas a cubrir o servizo esencial, de carácter urxente, no caso do “SILVICULTURA PREVENTIVA EN VÍAS, CAMIÑOS E OUTRAS SUPERFICIES FORESTAIS DE TITULARIDADE MUNICIPAL”, “RECUPERACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS URBANOS” e “AUXILIAR DE ARQUIVOS” que realizarán obras de mantemento e de infraestruturas básicas, dado que o Concello carece de persoal para iso.
1.- Apróbanse as bases reguladoras sobre os requisitos que deben de reunir os aspirantes, méritos a ter en conta, para a selección e posterior contratación de 3 traballadores/as (peóns e auxiliar) que integrarán a brigada de ” SILVICULTURA PREVENTIVA EN VÍAS, CAMIÑOS E OUTRAS SUPERFICIES FORESTAIS DE TITULARIDADE MUNICIPAL”, “RECUPERACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS URBANOS” e “AUXILIAR DE ARQUIVOS”, en réxime de persoal laboral, a xornada completa, mediante o sistema de concurso.
2.- Publícase un extracto das bases no taboleiro de anuncios do Concello, a efectos de reclamacións. Consultar aquí.
3.- Formúlase oferta pública de emprego ante o Servizo Galego de Colocación para contratación laboral temporal a tempo completo de TRES traballadores/as para a obra/servizo “SILVICULTURA PREVENTIVA EN VÍAS, CAMIÑOS E OUTRAS SUPERFICIES FORESTAIS DE TITULARIDADE MUNICIPAL”, “RECUPERACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS URBANOS” e “AUXILIAR DE ARQUIVOS”
Anuncio da puntuación para Peón de Xardinería