• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

1º Roteiro Fotográfico Concello da Merca

1º Roteiro Fotográfico Concello da Merca

BASES DO I ROTEIRO FOTOGRÁFICO CONCELLO DA MERCA

1.- PERSOAS PARTICIPANTES

Poderán participar todas as persoas que o desexen sempre que sexan maiores de idade, ou de ser menores de idade, acheguen unha autorización asinada polos seus pais/nais ou titores/as.

Non poderán participar as persoas membros da Corporación nin os/as empregados/as municipais.

2.- TEMÁTICA

As imaxes presentadas deben de ter por temática calquera aspecto relacionado co Concello da Merca (costumes, paisaxe, patrimonio, tradicións, festas …). e deben ser inéditas. Deberase identificar claramente algún elemento que permita recoñecer o Concello da Merca na fotografía.

Todas as fotos deben de acompañarse dunha breve explicación da súa localización e do que representan.

3.- PRAZO DE ENTREGA

As imaxes poderán presentarse do 1 de maio a 31 de outubro de 2021.

A entrega das fotografías pode facerse tanto en papel como en formato dixital e cun límite máximo de 3 fotografías.

Cando faga a súa entrega deberá indicar os seus datos persoais (nome, apelidos, DNI, enderezo e, no seu caso, autorización dos pais/nais ou titores/as ou persoas fotografadas) e da forma de contacto (teléfono e enderezo electrónico).

As fotografías poden entregarse:

–     No rexistro xeral do Concello da Merca nun sobre pechado indicando ‘I Roteiro fotográfico Calendario Concello da Merca 2022’

–   Enviando un correo electrónico ao enderezo concello@amerca.gal

4.- SELECCIÓN DAS OBRAS

Un xurado nomeado pola Alcaldía seleccionará as 10 fotografías finalistas de entre as cales elixirá as 3 premiadas. O xurado será o encargado de decidir cantas delas serán as imaxes do calendario 2022 do Concello da Merca, tendo a primeira garantida a súa publicación.

O xurado poderá declarar deserto algún dos premios.

Ningunha persoa participante poderá ser premiada por máis dunha fotografía que presente ao concurso.

5.- PREMIOS

  • 1º Premio: Fotografía no calendario do Concello da Merca 2022 – Fin de Semana de Turismo Rural para dúas persoas
  • 2º Premio: Día Gastronómico / Balneario para dúas persoas
  • 3º Premio: Cesta de produtos autóctonos con denominación de orixe

6.- OBXETIVO E PUBLICACIÓN DAS FOTOGRAFÍAS

O obxectivo é elixir a/as imaxe/s para o calendario 2022 do Concello da Merca. Ademais todas as fotografías que se presenten ao concurso poderán ser empregadas para exposicións culturais que organice o Concello da Merca.

7.- DEREITOS SOBRE AS FOTOGRAFÍAS

A participación no concurso conleva a cesión en exclusiva dos dereitos de explotación necesarios por aplicación da Lei de Propiedade Intelectual, a favor da organización, por parte das persoas concursantes.

Para presentar unha imaxe que conteña a imaxe dunha persoa, a persoa fotografada debera haber outorgado seu consentimento expreso e inequívoco para tal finalidade ao fotografo, consentimento que debera achegar xunto coa fotografía.

A participación neste concurso implica a total aceptación destas bases. As persoas participantes serán plenamente responsables de que non existan dereitos de terceiros das obras presentadas, así como de toda reclamación sobre posibles dereitos de imaxe.

Leave a Reply

*

Calendar

<< Xul 2021 >>
LMMXVSD
28 29 30 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1