Programa Atención Integral a mulleres e nenas da Merca e Taller de Saúde e Autoestima
Desde o Concello da Merca vaise levar a cabo o Programa de Atención Integral a mulleres e nenas da Merca financiado polo Fondo Social Europeo, totalmente gratuíto.
As persoas interesadas poderán inscribirse para recibir asesoramento xurídico, laboral e psicolóxico todos os martes de 10:00 h. a 14:00 h, sobre temas como a prevención da violencia, a autoestima, a mediación para a resolución de conflitos, o coñecemento dos dereitos, a disminución da ansiedade, etc.
Serán consultas individualizadas cunha avogada e unha psicóloga da RED TALENTO CONSULTORAS.
Para apuntarse poderán chamar ao teléfono 988 315 112 ou no email: igualdade@amerca.gal