Restablecemento do servizo de auga domiciliaria
Comunícase a toda a veciñanza, que unha vez rematadas as tarefas de limpeza dos depósitos e de toda a rede de auga de abastecemento, a auga volve a estar
APTA PARA O CONSUMO
Polo que se restablece o servizo que permite utilizar a mesma para bebida ou preparación de alimentos.
A Merca, a 25 de novembro de 2021
Boas tardes,
Gustaríame saber qué plan de actuación teñe pensado o concello para axudar ós seus cidadáns neste, xa reiterado, trance de non poder utilizar a auga da súa propia casa para o consumo humano. Parece ser que non teñen pensado repartir garrafas de auga como en ocasións anteriores, entón pregúntome se farán un desconto na nosa seguinte factura, xa que estamos a pagar por un servicio deficiente de auga e que nos fai realizar un esforzo de diñeiro e tempo para ir mercar ou recoller auga doutras fontes.
Un saúdo.