Ximnasia de mantemento para adultos/as
𝐌𝐨́𝐯𝐞𝐭𝐞, 𝐜𝐨𝐢́𝐝𝐚𝐭𝐞 𝐞 𝐦𝐚𝐧𝐭𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐚𝐜𝐭𝐢𝐯𝐨/𝐚!O Concello da Merca, en colaboración coa Mancomunidade Terra de Celanova, pon en marcha as clases de XIMNASIA DE MANTEMENTO PARA ADULTOS/AS.
Unha actividade pensada para manterse en forma, mellorar a mobilidade e, sobre todo, coidar da saúde mentres compartimos un bo momento en compañía.
Comezo: 2 de setembro
Luns, mércores e venres
De 9:20 a 10:10 h
No Pavillón Municipal da Merca
Porque nunca é tarde para comezar a moverse!
Máis información: Mancomunidade Terra de Celanova – 988 451 646
Anímate e participa!

