• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

Prevención de incendios: Uso de maquinaria en monte e zonas de influencia forestal.

A Merca - Prevención incendios- Uso maquinaria no monte

Prevención de incendios: Uso de maquinaria en monte e zonas de influencia forestal.

Achegamos infografía recibida da Consellería de Medio Rural que resume a ORDE do 23 de xuño de 2026 pola que se regula a utilización de maquinaria durante a época de perigo alto, nos supostos de índice de risco de incendio forestal moi alto ou extremo.


Do 1 de xullo ao 30 de setembro, cando o Índice de Risco Diario de Incendio (IRDI) sexa moi alto ou extremo, autorízase a realización de actividades preventivas, silvícolas e agrícolas con maquinaria en terreos forestais e na súa zona de influencia, co cumprimento das seguintes obrigas:

Entre as 12:00 e as 18:00 horas, será obrigatorio contar con:

  • Unha persoa auxiliar como observadora dos traballos.
  • Un vehículo con depósito de, polo menos, 400 litros de auga.
  • Dous batelumes.
  • Un extintor de 6 kg.
  • Unha mochila extintora de 15 litros.

En todo caso, o cumprimento destas medidas preventivas e das condicións establecidas pola normativa vixente non exime das responsabilidades que poidan derivar da provocación dun incendio forestal.

En caso de detectar un conato de incendio, avisa inmediatamente ao 085, ao 112 ou a través da aplicación Alume.
Extremar as precaucións é responsabilidade de todas e todos. Axudemos a protexer o noso monte.