• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

Día do Deporte 2025

Xornada Informativa “A Administración preto de ti”

Con motivo de achegar o funcionamento da administración electrónica á cidadanía e facer os certificados electrónicos e a clave permanente aos asistentes que o desexen, persoal da Subdelegación do Goberno desprazarase o vindeiro 10 de decembro de 2024 á Casa do Concello da Merca para levar a cabo dita xornada.

*NOTA: Poderase obter “in situ” o certificado dixital e a clave permanente, acudindo co DNI en vigor, para a realización de trámites perante as administracións públicas.

SERVIZOS MÓBILES 4G e 5G – LLEGA 700

Os servizos móbiles de nova xeración 4G e 5G sobre as bandas de frecuencia de 800 e 700 MHz, respectivamente, dos principais operadores móbiles que prestan servizos no territorio nacional, atoparanse dispoñibles na nosa localidade en datas próximas.

A prestación dos servizos móbiles nestas bandas pode levar a aparición de determinadas afectacións na recepción do sinal de televisión dixital terrestre (TDT) dos cidadáns da nosa localidade, debido a que estas bandas se utilizaban anteriormente para o servizo de TDT.

O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, a través da Orde ETD/100/2022, de 10 de febreiro de 2022, estableceu o procedemento de actuación para solucionar estas afectacións, garantindo que as molestias aos cidadáns sexan mínimas e a súa solución gratuíta.

Para solucionar ditas afectacións, en caso de chegar a producirse, os operadores móbiles encomendaron á empresa Llega700, para xestionar as incidencias que poidan producirse a calquera usuario de TDT e en calquera punto do territorio nacional que se vexa afectado por este motivo.

Co obxectivo de mellorar a información cidadá sobre a implantación dos servizos 4G e 5G e as súas implicacións, Chega700 quere facilitar aos concellos unha serie de materiais e recomendacións para que cada consistorio poida mellorar a comunicación cos habitantes de cada poboación.

O NÚMERO DE TELÉFONO DE ATENCIÓN AO CIDADÁN GRATUITO É O SEGUINTE: 900 833 999

AVISO SUBMINISTRACIÓN DE AUGA

Debido ás condicións meteorolóxicas desfavorables que se preven durante todo o fin de semana, ponse en coñecemento de toda a poboación do municipio que poden producirse cortes puntuais da subministración de auga de abastecemento, provocados polo corte na rede eléctrica.

Agradecendo de antemán a súa comprensión, desculpen as molestias que esta situación puidera provocar, por causas alleas á nosa vontade.

ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS

XIV ANDAINA CONCELLO DA MERCA

O vindeiro 27 de outubro de 2024, terá lugar a XIV Andaina do Concello da Merca cun percorrido de 12 Km.

As persoas interesadas poderanse inscribir no formulario que aparece máis abaixo ou chamando ao Concello no teléfono 988 260 000.

Nome (obrigatorio)

Apelidos (obrigatorio)

Teléfono (obrigatorio)

D.N.I (obrigatorio)

Data de nacemento (obrigatorio)

Email (obrigatorio)

As inscricións pecharanse o día 25 de outubro ás 13:00 horas.



IV ANDAINA CENTRO OCUPACIONAL CELANOVA

O vindeiro día 6 de outubro de 2024, o Centro Ocupacional da Fundación de Discapacitados Psíquicos Terra de Celanova, organiza unha andaina que saíra desde Vilanova dos Infantes ás 9:30 horas, cun percorrido de 12 km.

A inscrición terá un custe de 5,00 € e poderase levar a cabo no centro ocupacional en Celanova ou o propio día da Andaina.

Máis información no teléfono 988 432 176.



XIMNASIA DE MANTEMENTO E PILATES NO PAVILLÓN MUNICIPAL



OBRADOIROS DE MEMORIA