Este 17 de abril, a etapa 4 da carreira ciclista O Gran Camiño, – Camiño de Ourense – atravesará o noso concello, pasando polos pobos de Campelo, Casal de Maus, Corvillón, Manchica e Parderrubias.
Unha oportunidade única para vivir de preto unha gran proba ciclista e animar aos corredores nun ambiente festivo e deportivo
Sae á rúa, participa e forma parte deste gran evento!
BANDO Para coñecemento de todas aquelas persoas ás que puidese interesar e o seu cumprimento por parte dos afectados,
FAISE SABER: Que segundo consta na Lei 3/2007 de 9 de Abril de 2007, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais en Galicia, reformada pola Lei 9/2017 de Medidas fiscais e Administrativas de Galicia, na Lei 7/2012 do 28 de xullo de Montes de Galicia, na instrución 1/2018 do 26 de abril da Consellería de Medio Rural e na Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia,
É OBRIGA DOS SEUS TITULARES : Limpar de biomasa unha franxa de 50 metros desde o límite do solo urbano, do núcleo rural e do solo urbanizable, desde a parte exterior das edificacións e das vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais, así como construcións illadas en solo rústico, consonte o previsto nos criterios para a limpeza definidos nesta lei e na súa normativa de desenvolvemento. Nesta franxa tampouco poderá haber piñeiro galego, piñeiro silvestre, piñeiro de Monterrei, piñeiro de Oregón, mimosa, acacia negra, eucalipto, brecina, carqueixa, xesta, queiruga, fento, silva e toxo.
Dentro da franxa de 50 metros descrita no punto anterior, manter limpa unha franxa de 15 metros para especies frondosas caducifolias (ameneiro, pradairo, bidueiro, freixo, freixa, castiñeiro, castiñeiro híbrido, cerdeira, carballo, cerquiño, sobreira, carballo albar, aciñeira, abeleira, faia, umeiro, loureiro, sorbeira do monte, capudre, nogueira e érbedo).
Enténdese como titulares as persoas propietarias, arrendatarias, usufructuarias ou persoas titulares de calquera outro dereito real ou persoal sobre os terreos forestais e os terreos situados nas zonas de influencia forestal.
Advírtese que non manter os terreos limpos, será obxecto de execución subsidiaria por parte do Concello, sen prexuízo de sanción por parte da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. Dende a Alcaldía solicítase dos veciños do Municipio, a máxima Colaboración para evitar riscos de incendios nas distintas poboacións do Concello.
Prégase aos propietarios e usufrutuarios titulares de terreos situados no núcleo urbano ou en solo de núcleo rural teñen a obriga de conservalos nas condicións de seguridade, salubridade e ornato, manténdoos limpos de maleza.
É labor de todos, defender o noso patrimonio forestal e as nosas propiedades; así pois, solicítase a máxima colaboración cidadán.
Coa creación desta Bolsa de Emprego, o Concello da Merca pretende axilizar a selección de persoal dando cobertura ás necesidades de ocupación de carácter temporal no posto de traballo de AUXILIAR ADMINISTRATIVO. Todo elo rexido polos principios constitucionais de mérito e capacidade, que encontran a súa plasmación lexislativa xunto aos de publicidade, transparencia e imparcialidade no artigo 55 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
P R O C E D E M E N T O S
18/02/2026
Cualificacións Definitivas e Orde de Prelación en relación á Bolsa de Emprego Temporal de “Auxiliar Administrativo” 2026 – 2027
27/01/2026 Resolución de Alcaldía de Listado definitivo de admitidos e excluídos, o nomeamento do tribunal e a data e hora da realización da entrevista en relación á bolsa de emprego temporal de Auxiliar Administrativo.
21/01/2026 Resolución de Alcaldía referente a aprobación provisional, de admitidos/as e excluidos/as, ó proceso selectivo da Bolsa de Emprego Temporal AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A.
O prazo para presentar emendas é de tres días hábiles (xoves 22, venres 23 e luns 26 de xaneiro de 2026 )
Ante a previsión de fenómenos meteorolóxicos adversos de neve e vento para MAÑÁ, venres. 23 de xaneiro, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior habilita o NIVEL LARANXA de alerta.
Ante calquera emerxencia contacten co 112.
Pregamos, minimicen os desprazamentos na medida do posible e adopten as medidas preventivas necesarias para minimizar os riscos.
Informamos á veciñanza que, debido á limpeza dos depósitos de A Mezquita e Fontefría, o vindeiro luns 3 de novembro realizarase un corte temporal no subministro de auga entre as 09:00 e as 15:00 horas.
Zonas afectadas:
A Mezquita
O Val da Mezquita
As Arcas
Outeiro
O Campo
A Compostela
A Merca,
Bouzas,
Solveira,
Matusiños,
Vilar,
Vilachá,
Vilaboa,
Proente,
Rubillós e
Faramontaos.
Desculpen as molestias e grazas pola súa comprensión.
Con motivo da limpeza do depósito da Manchica, vémonos na obriga
do corte temporal do suministro de auga de abastecemento domiciliaria o luns
día 27 de outubro a partir das 09:00 horas ata 15:00 horas, afectando aos pobos
de:
Comunicamos que se producirá un puntual corte da estrada municipal dende o cruce do Curro en Vilariño de Olás ata Pazos de Olás por obras da empresa UFD Distribución electricidad, S.A. para conexión de rede de baixa tensión para vivenda unifamiliar sita en Vilariño, 21.
Será :
Venres, 24 de outubro de 2025, desde as 08:00
horas ás 13:00 horas
Luns,
día 27 de outubro de 2025, desde as 08:00 horas ás 13:00 horas e desde as15:00
ás 19:00 horas.
Con motivo da limpeza do depósito de auga de abastecemento do Casal, procederase ao corte temporal do subministro de auga domiciliaria, o vindeiro luns, 13 de outubro, de 08:00 h a 15:00 h.