• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

Obras de mellora do pavillón polideportivo

Obras de mellora do pavillón polideportivo

O Concello de A Merca, con cargo ao Plan Provincial do ano, procederá a acometer as obras de mellora do Pavillón Polideportivo do municipio. Dita obra conta cun orzamento de 52.500,00 €.

Ditas obras consistirán no illamento de vestiarios e ximnasio de musculación, calefactar vestiarios e ximnasio, cambio de alumeado, canastras e reparación de deterioros sufridos co paso do tempo dende a súa apertura.

Mellora da rede viaria local

A Deputación Provincial de Ourense, adxudicou as obras de Mellora da Rede Local en A Merca, cun orzamento de 59.462,57 €.

Dita obra realizarase na estrada OU-0202 que une A Manchica e A Merca, e é a primeira fase dun proxecto presentado polo Concello que pretende humanizar dita estrada, que na actualidade é a principal vía de acceso ao municipio.

Estas obras mellorarán o tránsito diario con beirarrúas que ao non existir nalgún tramo, o viandante víase na obriga de transitar pola propia vía.redeviaria1