• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

Monumentos

Igrexa de San Pedro de A Mezquita

Igrexa de San Pedro de A Mezquita, declarada Monumento Nacional no ano 1931, románica con elementos de transición ao gótico. É de planta lonxitudinal e unha sola nave, con contrafortes e delimitada por unha imposta que percorre todo o edificio, baixo a que se atopa unha sucesión continua de modillóns que representan animais simbólicos (lobo, serpe), antropomorfos e nun so caso unha roseta; remata nun piñón sobre o que se dispón un Agnus Dei e unha cruz antefixa (o cordeiro mira para o Norte, feito insólito en Galicia). Dúas imaxes velan a entrada no ángulo da cornixa e contrafortes: San Pedro, patrón, coa chave na man dereita e a outra pode ser Santa Ana ou a Virxe. Baixo os contrafortes unha loba amamantando aos seus lobetos e un lobo que devora un cordeiro. No segundo corpo da fachada ábrense dúas ventás superpostas; a inferior, entre a portada e o rosetón, é de arco de medio punto axadrezado e a superior é un simple portelo sobre a cornixa. O rosetón está decorado con motivos florais da corrente santiaguesa. A portada sur, ademais de dúas ventás de arco de medio punto con belos capiteis, mostra dous leóns que apoian as súas patas dianteiras sobre un cordonciño dun canastillo, baixo o arco de descarga. O ábside, dividido por altas columnas, con tres ventás e canecillos na súa cornixa, está cuberto por dous teitos de elementos desiguais que alteran as súas medidas en altura e anchura. A nave, comunícase mediante un arco dobremente partido co abside, no que se observan columnas truncadas baixo unha bovedilla.

Canastros de A Merca

A concentración de Canastros de A Merca é a mais grande de Galicia, xa que conta con un total de 34 exemplares, considerándose á súa vez coma unha das mais imp ortantes de Europa. Foron trasladados á cubicación actual na década dos anos 70 do sécul o pasado nunha iniciativa promovida pola administración pública en colaboración cos veciños. A disposición dos canastros mantén unha orientación similar co lado maior da cámara, paralelo as curvas de nivel e cunha diagonal, dirección Norte – Sur. Disponse en fieiras continuas que o mesmo tempo adáptanse as condicións do solar. Os materiais son os característicos destas construcións: pedra, madeira e tella. A pedra empré gase nos soportes, xa sexan esteos ( tronco-cónicos ou tronco-piramidais ) ou cepas ( trapecio invertido ). Sendo a madeira o material utilizado para a formación da cámara, pon tóns e lata. A cuberta resólvese con tella cerámica curva. Chegaron a rehabilitarse na súa totalidade agás un deles, do que quedou só os soportes. Considerase que a súa construción na meirande parte dos casos é de principio s do século XX.