Curso de Rehabilitación de Mobles na Merca!!
Publicación do 04/08/2026
Creatividade, técnica e talento que reviven mobles.
Os/as participantes do curso de rehabilitación de mobles do Concello da Merca amosan nestas imaxes o gran traballo realizado ao longo destas semanas.
Restauración, personalización e moita imaxinación…
Cada peza recuperada é o reflexo do esforzo, a aprendizaxe e a ilusión posta neste proxecto. Un exemplo de como dar unha segunda vida aos mobles apostando pola sostibilidade e o aproveitamento dos recursos.
Deixámosvos unha pequena galería para que vexades os resultados!
Parabéns a todas e todos os participantes polo excelente traballo.
Publicación do 20/04/2026
Queres darlle unha segunda vida aos teus mobles? Este curso é para ti! Aprende técnicas básicas de restauración e transforma pezas antigas en auténticas xoias
- Comezo: 5 de maio de 2026
- Horario: Martes de 16:00 a 19:00 h
- Lugar: Antigo Centro de Saúde
Inscricións: Concello da Merca – 988 26 00 00
O curso non inclúe o material polo que cada participante deberá asumir o custo do mesmo. Así mesmo, as persoas inscritas deberán traer o moble que desexen restaurar (mesillas, cadeiras, cabeceiros de cama, etc.), sendo imprescindible levalo xa o primeiro día.
Prazas limitadas! Non quedes sen a túa.
Organiza: Mancomunidade Terra de Celanova



