CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, DE 3 PEÓNS/PEOAS FORESTAIS PARA O CONCELLO DA MERCA
Convocatoria para a contratación de 3 peóns/peoas forestal, durante 9 meses segundo a Resolución da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade (núm. de expediente TR351G-2026-89-03) notificada ao Concello de A Merca, Orde do 22 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural), e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2026. (DOG núm. 24, de 05.02.2026), a xornada completa, baixo a modalidade contractual de contrato de traballo temporal, coas cláusulas específicas de contrato para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral, para que preste os seus servizos no Concello de A Merca.
As funcións a desenvolver serán as seguintes:
- Silvicultura
- Biomasa
- Limpeza de montes
- Tarefas relacionadas maioritariamente coa prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, como son a planificación preventiva, a valorización forestal, a silvicultura, a limpeza de montes, a xestión da biomasa
- Calquera outro acto de natureza similar non relacionado que sexa ordenado pola autoridade municipal co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.
