Campamento de verán 2026
Actualización 17.06.2026
Achegamos os listados correspondentes ás prazas asignadas para as catro quendas do Campamento de Verán 2026
Actualización 12.06.2026
O Concello da Merca abre de novo a posibilidade de inscrición ao Campamento de Verán 2026, co obxecto de cubrir unha praza que quedou libre na 2ª quenda do mes de xullo.
Esta inscrición estará aberta os días 15 e 16 de xuño a través da sede electrónica do Concello.
Publicado 29.05.2026
O Concello da Merca pon en marcha unha nova edición do Campamento de Verán 2026, unha iniciativa dirixida a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos que combina lecer, educación e conciliación familiar.
Este programa ten como principal obxectivo ofrecer un espazo seguro, dinámico e inclusivo onde os máis pequenos poidan desfrutar do verán a través de actividades educativas e lúdicas, ao tempo que se facilita a conciliación da vida familiar e laboral das familias.
Persoas destinatarias
O campamento está dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos, con prioridade para persoas empadroadas no Concello da Merca.
Datas e quendas
O campamento desenvolverase durante os meses de verán en catro quendas:
1ª quenda: do 29 de xuño ao 10 de xullo
2ª quenda: do 13 ao 31 de xullo
3ª quenda: do 3 ao 14 de agosto
4ª quenda: do 17 ao 28 de agosto
Un mesmo menor poderá participar en varias quendas.
Lugar e horario
As actividades realizaranse nas instalacións do CEIP Joaquina Gallego Jorreto
De 09:00 a 14:00 horas
Posibilidade de servizo de madrugadores desde as 08:30 horas
Actividades
O campamento contará cun programa variado baseado en xogos, talleres e dinámicas educativas, centrado en
Desenvolvemento emocional e autoestima
Educación ambiental e respecto pola natureza.
Traballo en equipo e resolución de conflitos
Actividades en contacto co entorno natural
Saídas á piscina municipal en días concretos
Prezo
O campamento é totalmente gratuíto, condicionado á concesión da subvención do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia.
Inscrición
O prazo de inscrición estará aberto 30 de maio as 00:00 h ao 9 de xuño (ata as 23:59h) (ambos incluídos)
As solicitudes deberán presentarse preferentemente a través da sede electrónica do Concello ou, de maneira excepcional, no rexistro municipal.
Máis información
As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscrición segundo os criterios establecidos nas bases. As listaxes de persoas admitidas publicaranse nun prazo máximo de cinco días hábiles tras o peche do período de inscrición.

