Cambio de titularidade de predios de substitución
O Concello da Merca informa:
A Xunta de Galicia vén de establecer unha nova data límite para solicitar cambios de titularidade nas parcelas da zona de concentración parcelaria Faramontaos–Proente (A Merca).
Nova data límite: 14 de agosto de 2026 (inclusive)
Esta ampliación ten como obxectivo garantir os dereitos de todas as persoas afectadas polo proceso.
Para máis información, recoméndase contactar cos servizos correspondentes.-
Concello da Merca. ☎988 26 00 00
Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural ☎981544763
