Bando | consulta do censo electoral
O Concello da Merca informa de que, con motivo das vindeiras Eleccións ás Cortes Xerais 2026, a cidadanía poderá consultar os seus datos no censo electoral do 12 ao 19 de outubro, ambos os dous incluídos.
Onde consultar?
Por Internet, a través da sede electrónica do INE: https://sede.ine.gob.es/tramite/censo_electoral/
Nas oficinas do Concello da Merca, en horario de 8:30 a 14:30 horas.
Durante este prazo poderán presentarse as reclamacións que correspondan, de ser o caso.
Recomendamos revisar os datos censuais dentro do prazo establecido.
