• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

AQUAGYM. Móvete, desfruta e cóidate!!

A Merca - banner Aquagym

AQUAGYM. Móvete, desfruta e cóidate!!


As tardes de luns e xoves teñen cita co benestar na Piscina da Merca. As clases de AQUAGYM son a opción ideal para facer exercicio de forma segura, divertida e refrescante.
Unha actividade perfecta para mellorar a forma física, fortalecer a musculatura e coidar das articulacións, todo dun xeito divertido e apto para diferentes niveis.
Non é preciso inscrición previa. Participación libre e gratuíta.

Días luns e xoves
20:15 a 21:00 h
Piscina da Merca

Anímate a participar e desfruta dos beneficios do exercicio na auga! Vén ás sesións de Aquagym!!