A Merca en Touluse
O Concello da Merca, representado polo concelleiro de Cultura Deportes, José Benito Sampedro Feijoo, estivo presente en Toulouse na montaxe e posterior exposición “MULLERES DOUTROS MUNDOS”, do recoñecido fotógrafo Manuel Outumuro.
Unha mostra que pon en valor a diversidade, a identidade e o papel das mulleres a través dunha mirada artística única, e que sitúa tamén ao noso concello en espazos culturais de proxección internacional.
Ademais, aproveitouse a ocasión para iniciar o expediente para o nomeamento de Manuel Outumuro como fillo predilecto da Merca, en recoñecemento á súa traxectoria e vinculación co municipio.
Compartimos con vós unha pequena reportaxe fotográfica desta experiencia.


































