A Maleta Viaxeira chega á Merca!
O Concello da Merca súmase á iniciativa da Maleta Viaxeira pola Igualdade (MAVI), un proxecto itinerante deseñado para espallar lecturas que educan en igualdade, visibilizan o papel da muller e axudan a previr a violencia de xénero.Dentro desta maleta atoparás unha coidada selección de libros para todas as idades (infantil, xuvenil e adultos) que convidan á reflexión e ao cambio social.
Como podes participar?
Prazo: A maleta estará dispoñible no noso concello ata o 30 de novembro.
Préstamos: Se che interesa algún dos libros, só tes que pasar polas oficinas municipais para que tomemos os teus datos e poidas levalo prestado a casa.
Horario: De luns a venres, de 8:30 a 14:00 horas.
Non perdas a oportunidade de viaxar a través destas páxinas comprometidas coa igualdade.
Achégate e escolle a túa lectura!
