XII Andaina A Merca 2022
O día 9 de Outubro, celebrarase a XII Andaina do Concello da Merca.
Inscrición 5.00* € (Poderase realizar, a través do formulario seguinte, ata o venres día 7 de Outubro ás 13:00h. Tamén poderán inscribirse o día do evento ata media hora antes do seu inicio)
*Donación de 1€ por inscrición ao Centro Ocupacional Fundacional Terras de Celanova.
A ruta de 16 Km., discorrerá por a canle do Ruca, con saída ás 9:00 h e chegada no Local social de Rubillós, pasando polas poboacións de Froxás das Viñas, Compostela, Campo, A Mezquita e volta de novo ao punto de partida, polo Roteiro San Marcos – Penedo da Moura.
A proba conta con avituallamento no percorrido e pincho ao final.
Pincha aquí para ver o cartel.