II Campaña Provincial de COMPOSTAXE DOMÉSTICA
Requisitos de participación
- Ter a túa primeira residencia en calquera dos concellos da provincia de Ourense (agás Ourense cidade).
- Non ter participado en campañas anteriores de fomento da compostaxe doméstica promovidas pola Deputación de Ourense.
- Ter un mínimo de 50 m2 de horta ou xardín.
- O teu compromiso de estar presente na túa casa durante as 2 visistas previstas nesta campaña. Na 1ª visita farémosche entrega do composteiro e un manual de uso.
Vantaxes por participar
- Composteiro e asesoramento para usalo de balde.
- Obterás un fertilizante de calidade sen apenas esforzo.
- Contribuirás ao coidado do medio ambiente.
Para máis información poderá consultar o folleto: