• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

Non apertura das Piscinas Municipais 2020

Non apertura das Piscinas Municipais 2020

Comunícase a toda a veciñanza que este verán non se vai abrir o servizo das piscinas municipais, en relación ao COVID-19, pensando sempre no interese xeral e de saúde pública.

Esta decisión foi tomada pola Corporación, sempre tendo en conta os criterios sanitarios e antepoñendo a saúde e a seguridade dos cidadáns, tratando de evitar riscos de contaxio en prevención do coronavirus.

Prégase o entendemento e a colaboración por parte de tod@s, agradecendo o comportamento exemplar da poboación do municipio.

Comentarios

3 Comentarios Recentes

  • Beni

    Ter instalacións cerradas non é defender o interés social. O que lle interesa os habitantes é poder disfrutar os servicios coas correspondentes medidas de prevencion.
    Desta maneira haberá que ir a disfrutar e dar ganancia a outros concellos limítrofes que si se preocupan por ofrecer un servicio cidadán de calidade.

  • Fani

    Me abraia a enorme preocupacion pola seguridade da saude publica por parte do concello, non esperaba mais, pero se asi fora preocuparianse de que os empregados do supermercado empregasen a mascarilla, pola seguridade dos clientes, digo eu, ou que na farmacia non te estafen 2,20€ por as mascarillas quiruxicas reguladas polo goberno estatal a 0,96€, ou…ou…iso si e preocuparse, o que estan a facer e deixazon de funcions, sae mais barato e moito mais comodo. De todolos xeitos debo daros as grazas, asi imos os pobos veciños a piscina, a comprar nos supermercados que si se preocupan da seguridade publica e mercar as nosas mascarillas o prezo real, a consumir nos bares, en fin, a deixar os nosos cartos noutros concellos que o fin o cabo estan ben preto.

  • MARIA DEL CARMEN SUAREZ CONDE

    Estou totalmente de acordo cos comentarios das mascarillas e tamen da auga
    E moi lamentable, que ano tras ano, teñamos que sufrir as consecuencias dun Concello incapaz de solventar o grave problema da auga.
    Quixera ademais comentar, que este ano, coma tantos outros, a zona de baño en Rubillós viuse repletiño de bañistas, o fondo da presa está chea de lodo e fango, a maioria dos Concelleiros teñen coñecemento do problema, pero Ninguén fai nada ao respecto; cando todos sabemos, que simplemente levantando as comportas cando o río ven crecido, seria suficiente.
    Tamen é triste, que ó longo do cauce do río Arnoia, se vaian perdendo as Pontes, ou Pasás coma “Algúns din”, algo tan importante e tan significante, que forma parte da historia desta Nosa Comarca, e dos Nosos antepasados.
    Este Concello polo de pronto non fixo nada, nin sequera se interesou por elo, as respostas son sempre as mesmas “Non é competencia do Concello”. E digo Eu…. acaso non é o Concello o que representa ó Pobo en primeira Instancia? non é o seu deber velar e coidar do Noso patrimonio?. Outros Concellos pasaron por a mesma situación, pero a día de hoxe, xa teñen resolto ó problema.

Leave a Reply

*

Calendar

<< Out 2024 >>
LMMXVSD
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3