CONTRATACION PERSOAL INCENDIOS FORESTAIS (PREVENCIÓN E DEFENSA) 2018
Convocatoria para a contratación laboral dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais para a tempada 2018, segundo as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía de data 30 de Maio de 2018.
1 Xefe de Brigada
1 Peón Conductor
3 Peóns
Modalidade de contratación: Contrato laboral a xornada completa.
Duración: 3 meses.
Sistema de selección: Concurso de méritos e entrevista
O Concello solicitará unha oferta de emprego ao SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA (Oficina de Emprego de Celanova). As persoas incluídas nas listas remitidas por dito organismo deberán achegar a correspondente solicitude dirixida ao Sr. Alcalde axustado ao modelo que se prevé no anexo I. Coa solicitude deberanse achegar os seguintes documentos:
Fotocopia compulsada do DNI.
Fotocopia compulsada dos títulos esixidos e permiso de condución.
Fotocopia compulsada da documentación que xustifique os méritos que se aleguen.
Prazo e presentación de solicitudes:O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días contados a partir da recepción da citación do Servizo Público de Emprego de Galicia (Oficina de emprego de Celanova). As solicitudes poden presentarse na sede electrónica do Concello de A Merca ou presencialmente no rexistro xeral do Concello de luns a venres en horario de 9:00 h a 14:00 horas.