MELLORA DA EFICIENCIA ENERXETICA DO ALUMEADO PUBLICO EN CORVILLÓN E ZARRACÓS
O Concello de A Merca, procedeu ao cambio das luminarias do alumeado público nos cadros C46 de Corvillón e C45 de Zarracós, con cargo a unha subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, para mellora da eficiencia enerxética das instalacións vinculadas á prestación de servizos municipais (redes de luz pública), cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). O custe total da obra, ascendeu a 43.393,98 € (28.690,23 € subvencionados e 14.703,75 € de aportación municipal)