• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

Homenaxe a D. Luis González Seara

XOGOS E DEPORTES ALTERNATIVOS 2018

O Concello de A Merca, organiza varías xornadas de “xogos e deportes alternativos”, dirixidos a nenos  de 3 a 14 anos, no Pavillón Municipal Polideportivo de A Merca.

As mesmas, celebraranse os días 26, 27, 28 de Marzo e 2 de Abril, coincidido coas vacacións dos nenos en Semana Santa.

Horario: de 9:30 a 13:30 h. (Acollida temprana a partir das 9:00 h)

O custo da inscrición será de 5,00 € para a totalidade das xornadas (A data límite de inscrición será o Venres, 23 de Marzo)

Modelo de inscrición

SEMINARIO VALORIZACIÒN DE PRODUCTOS DA CONTORNA ELABORACIÓN DE CONSERVAS

O Concello de A Merca, en colaboración con ADERCOU (Asociación de Desenvolvemento Rural comarcal de Ourense) e a Universidade de Vigo, organiza un seminario para:

“VALORACION DE PRODUCTOS DA CONTORNA – ELABORACIÓN DE CONSERVAS”

 

¿Queres coñecer a importancia dos produtos que tes na túa horta, aprender a   conservalos?

Aposta por darlle importancia os produtos de calidade que tes na túa contorna….

por calidade , por sabor e por sostenibilidade ! 

 

LÍMITE DE PRAZAS: 15

Día: 7 – ABRIL – 2018

Hora:  9:00 a 13:00

             15:00 a 19:00

Lugar: LOCAL SOCIAL DE FONTAO

Inscrición: Casa do Concello

Copia do cartel

PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

INFORMACIÓN PARA PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

Segundo consta na Lei 3/2007 de 9 de Abril de 2007, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais en Galicia, reformada pola Lei 9/2017 de Medidas fiscais e Administrativas de Galicia, É OBRIGA AOS SEUS TITULARES A:

  • Limpar de biomasa unha franxa de 50 metros desde o límite do solo urbano, do núcleo rural e do solo urbanizable, desde a parte exterior das edificacións e das vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais, así como construcións illadas en solo rústico, consonte o previsto nos criterios para a limpeza definidos nesta lei e na súa normativa de desenvolvemento. Nesta franxa tampouco poderá haber piñeiro galego, piñeiro silvestre, piñeiro de Monterrei, piñeiro de Oregón, mimosa, acacia negra, eucalipto, brecina, carqueixa, xesta, queiruga, fento, silva e toxo.
  • Dentro da franxa de 50 metros descrita no punto anterior, manter limpa unha franxa de 15 metros para especies frondosas caducifolias (ameneiro, pradairo, bidueiro, freixo, freixa, castiñeiro, castiñeiro híbrido, cerdeira, carballo, cerquiño, sobreira, carballo albar, aciñeira, abeleira, faia, umeiro, loureiro, sorbeira do monte, capudre, nogueira e érbedo).
  • Enténdese como titulares as persoas propietarias, arrendatarias, usufructuarias ou persoas titulares de calquera outro dereito real ou persoal sobre os terreos forestais e os terreos situados nas zonas de influencia forestal.
  • Advírtese que non manter os terreos limpos, será obxecto de execución subsidiaria por parte do Concello, sen prexuízo de sanción por parte da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

Dende a Alcaldía solicítase dos veciños do Municipio, a  máxima colaboración para evitar riscos de incendios nas distintas poboacións do Concello.

Prégase aos veciños que limpen de maleza  as súas fincas, en especial aquelas que rodean ou están situadas nos distintos pobos e que presentan perigo, así como os frontes das súas propiedades  ao redor dos núcleos de poboación (camiños, airas, etc).

É labor de todos, defender o noso patrimonio forestal e as nosas propiedades; así pois, solicítase a máxima colaboración cidadán.

Xestión_biomasa

Festa Infantil de Nadal

O vindeiro día 29 de Decembro, entre as 17:00 e as 20:30 h. celebrarase no Pavillón Municipal Polideportivo de A Merca, unha Festa Infantil de Nadal.

O evento, totalmente gratuíto, vai dirixido a nen@s de entre 3 e 14 anos.

A festa contará con Obradoiro de Tatuaxes, Xogos Infantís, Inchables, Talleres, Merenda, Música e Paxe Real.

CURSO ROBÓTICA EDUCATIVA E PROGRAMACIÓN

A Concellería de Cultura do Concello de A Merca, organiza un curso para nen@s de entre 6 e 14 anos de “Robótica Educativa e Programación”

En que consiste?

A escrobotola de minienxeñeiros é unha actividade extraescolar STEM, que combina diferentes disciplinas orientadas ao campo tecnolóxico e científico.
Os alumnos aprenden a programar software, a construír robots capaces de executar ordes e de realizar tarefas, a deseñar en contornas tridimensionales e a documentar e expoñer os seus proxectos.
Todo iso de forma lúdica e estimulante, fomentando a súa creatividade e aprendendo a traballar en equipo.

Qué beneficios aporta?

Combínanse e interrelacionanrobot_era_digital, de forma práctica, diferentes disciplinas.
Estimúlase o desenvolvemento e a posta en práctica do aprendido na educación regrada.
Sentan as bases da capacitación para profesionais moi demandados no contexto económico das próximas xeracións.
O mercado laboral 4.0 esixe afinar a formulación educativa: o 65 % dos nenos que estudan hoxe primaria acabarán traballando en empregos que aínda non existen.
Afán enfrontar se a problemas e a resolvelos, utilizando as súas habilidades e coñecementos.
Divírtense, traballan en equipo e obteñen resultados.

 

robotGrupos:

Minienxeñeiros 1 (6-8 Anos)
Minienxeñeiros 2 (8-11 Anos)
Minienxeñeiros 3 (12-14 Anos)

 

+ información e inscripción en oficinas municipais de luns a venres en horario de 8:30 a 14:00 h.

MELLORA DA EFICIENCIA ENERXETICA DO ALUMEADO PUBLICO EN CORVILLÓN E ZARRACÓS

O Concello de A Merca, procedeu ao cambio das luminarias do alumeado público nos cadros C46 de Corvillón e C45 de Zarracós, con cargo a unha subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, para mellora da eficiencia enerxética das instalacións vinculadas á prestación de servizos municipais (redes de luz pública),  cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). O custe total da obra, ascendeu a 43.393,98 € (28.690,23 € subvencionados e 14.703,75 € de aportación municipal)

F307E73F-8A8B-49B5-A807-E4B9102C3AD7  6E3869FA-71A8-4E0E-89C0-DD508AF08C76

ESCOLA DEPORTIVA DE FÚTBOL SALA

A Deputación Provincial de Ourense, en colaboración coa Concelleira de Deportes do Concello de A Merca, organizan unha Escola Deportiva de Fútbol Sala

Dirixido a nen@s de entre 6 e 14 anos, impartirase no Pavillón Municipal Polideportivo de A Merca entre os meses de Novembro de 2017 e Xuño de 2018

Todos aqueles interesados, poderanse inscribir nas oficinas do Concello

O custo por nen@ será de 9,00 €/mensuais

8ª Andaina do Concello de A Merca

O día 29 de Outubro, celebrarouse a 8ª Andaina do Concello de A Merca.

Inscrición 5.00 € (Poderase realizar, ata o venres día 27 de Outubro ás 13:00h. Tamén poderán incribirse o día do evento ata medio hora antes do seu inicio)

A ruta de 18 Km., discorrera por parte do “Roteiro da Broa”, con saída ás 9:00 h e chegada no Local social de Rubillós,  pasando polas poboacións de Entrambosríos, Salpurido, Covas, Ponte Hermida, Fontao, Xen de Arriba e Olás.

A proba conta con dous avituallamentos no percorrido e pincho ao final.

 

Calendar

<< Feb 2022 >>
LMMXVSD
31 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 1 2 3 4 5 6