• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

XORNADAS DE CACHIBOL E XORNADAS DE RISAPLUS

Subvención Municipal a Asociacións Veciñais, Culturais e Deportivas para o exercicio 2018 e Bolsa de Transporte para Estudantes

Convócanse a subvención  Municipal a Asociacións Veciñais, Culturais e Deportivas para o exercicio 2018 e Bolsa de Transporte para Estudantes, polo procedemento de concorrencia competitiva.

Primeiro. Beneficiarios.

Poderán solicitar esta subvención:

  • Asociacións Veciñais, Culturais e Deportivas sen ánimo de lucro legalmente constituídas, con sede en A Merca, e que desenvolvan as súas actividades principalmente no Municipio.
  • Estudantes residentes no municipio

Segundo. Obxecto

A subvención ten por finalidade promoción da participación e do asociacionismo veciñal mediante o apoio económico aos gastos desembolsados pola entidade desde o 1 de Xaneiro de 2018 até o 31 de Decembro de 2018, para as asociacións veciñais, culturais e deportivas e é ofrecerlle aos alumnos residentes no municipio un apoio para liquidar o transporte da súa casa á institución educativa e impulsar aos mozos a continuar os seus estudos brindándolles axuda económica que minore en gran maneira os seus gastos de transporte e só para aquel alumnado que non dispón de liñas de transporte escolar colectivo.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras da concesión foron aprobadas  Sesión Ordinaria celebrada pola Xunta de Goberno Local de data 6 de Xullo de 2018 e publicadas no taboleiro de edictos do Concello

Cuarto. Contía da axuda.

Os créditos orzamentarios  aos que se imputa a subvención e contía total máxima das subvencións convocadas: O crédito orzamentario total asignado á presente convocatoria ascende a 12.000,00 €, con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias  que se distribúe en tres liñas de promoción social:

925326 Bolsas transporte 1.000,00 €

3374801 cursos e actividades Asociacións veciñais 5.000,00 €

341480 Asociacións e actividades deportivas  6.000,00 €

En ningún caso a subvención concedida poderá superar: – 2.000,00 € para a liña de actividades deportivas. – 450,00 € para a liña de cursos de formación.

As asociacións poderán presentar un único proxecto en cada liña establecida. Para poder obter subvención nas liñas de cursos de formación débese obter tamén subvención na liña de asociacións debendo para iso presentar un proxecto de actividades da asociación para o ano 2018 tecnicamente viable.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes formularanse de acordo ao contido nas bases de convocatoria. Dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello, e presentaranse no Rexistro de entrada do Concello ou por calquera dos medios sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas, no prazo de 20 días hábiles da publicación deste extracto de convocatoria no Taboleiro de Edictos e na páxina web do Concello (REMATA O PRAZO O DÍA 11 DE SETEMBRO)

Sexto. Outros datos.

Deberán acompañarse á solicitude os documentos seguintes

1.- Asociacións Veciñais, Culturais e Deportivas:

  • Síntese do proxecto de actividades para o que se solicita subvención –
  • Memoria descritiva do proxecto a subvencionar (máximo 4 folios en fonte arial 11, interlineado 1,5)
  • Certificados de estar ao corrente coas obrigacións da Axencia Tributaria  estatal e Autonómica e da Seguridade Social. A presentación da solicitude levará a autorización ao Concello da Merca para solicitar estes certificados de acordo co disposto no artigo 23.3 da Lei Xeral de Subvencións.

Bolsas de transporte:

  • Escrito de solicitude de bolsa,  correcta e verazmente, indicando lugar de residencia, nome e apelidos dos pais e dos demais membros da unidade familiar, acompañando os demais documentos esixidos nesta convocatoria.
  • Copia de declaración da renda do ano 2017,
  • Xustificante de estar matriculado no curso 2017-2018 nunha Institución de Educación oficial, Secundaria FP ou Universitaria
  • Declaración de non estar a recibir ningunha outra axuda ou subvención para o mesmo fin outorgada por algunha institución pública
  • Xustificante de ser alumno/a regular (superar todas as materias do curso)
  • Si é o caso, xustificante matriculado en academias de preparación de oposicións, para o que deberá presentar resgardo de matricula, e informe da dirección do centro sobre asistencia diaria, mensual e rendemento e no seu caso si presentouse a oposición no ultimo ano e a súa cualificación.

Servizo municipal de Comedor a Domicilio

Comida_domicilio_2O Concello de A Merca, ten en funcionamento o “Servizo Municipal de Comedor a Domicilio”.

As axudas para comedor son axudas económicas, destinadas a paliar aquelas situacións en que poidan acharse as persoas afectadas, integradas nunha unidade de convivencia, no seu caso, por un estado de necesidade, con recursos insuficientes para facer fronte a gastos específicos, ou que tendo recursos ten limitada a súa mobilidade ou por razóns físicas é necesario paliar situacións de marxinación ou illamento social.

Poderán solicitar a  prestación do servizo, os empadroados no Concello da Merca maiores de 65 anos, ou ben, menores que ostenten a condición de xubilados ou asimilados, ou teñan minusvalías superiores ao 33%.

O custo de cada comida sitúase en 6 euros día, que serán sufragados en copago entre Usuario e Concello en función do custo, en tanto por cen, con base na pensión non contributiva (PNC) e a pensión mínima media do municipio (606-630 euros) de acordo aos ingresos reflectidos na seguinte táboa:

Ingresos do usuario

Copago diario do usuario

Importe

Ingresos menores ou iguais á PNC

Un 30 % do custo da comida

1,80€

Ingresos entre desde PNC até 551,25€

Un 40% do custo da comida

2,40€

Ingresos entre 551,26 a 624,75 €

Un 55% do custo da comida

3,30€

Ingresos entre 624,76 a 735€

Un 65% do custo da comida

3,90€

Ingresos entre 735.00 e 955,00 €

Un 80% do custo da comida

4,80€

Ingresos entre 956.00 e 1,200,00 €/mes

Un 95% do custo da comida

5,70€

Ingresos superiores a 1.201,00 €/mes

Un 100% do custo da comida

6,00€

Tódolos interesados, poderán informarse na oficina de Servizos Sociais do Concello (Martes e Venres de 9:00 a 14:30 h.) e proceder a solicitude do servizo no Rexistro Xeral do Concello.

VIAXE A PICOS DE EUROPA

Dias 23, 24 e 25 de Setembro

Saída o día 23 (domingo) ás 7h da mañá, e regreso o día 25 (martes)

REQUISITOS:

  • Ser pensionista, e estar empadroado no Concello de A Merca.
  • No caso de matrimonio, é suficiente con que un dos cónxuxes sexa pensionista ou que un estea empadroado no Concello.

INSCRICIÓN:

  • Dende o 15 ata o 30 de Agosto de 2018 no Concello de A Merca. As prazas do autobús irán por orde de inscrición.
  • Prezo: 150,00 €/persoa (Suplemento de 45,00 € por habitación individual)

    Viaxe a Picos de Europa

SERVIZO DE COMUNICACIÓN DE INCIDENCIAS LIÑA VERDE

O  CONCELLO DE A MERCA IMPLANTA UN NOVO SERVIZO DE  COMUNICACIÓN DE INCIDENCIAS A TRAVÉS DUNHA APP MÓBIL

Grazas a esta iniciativa, os veciños do municipio poden beneficiarse das vantaxes que ofrece Liña Verde. Este servizo serve  como canle directa de comunicación dos danos que se detecten no equipamento urbano do municipio.

 

O Concello de A Merca únese aos máis de 400 municipios que a nivel nacional  dispoñen do servizo Liña Verde. A través desta canle de comunicación directo, os veciños poden pór en coñecemento do Consistorio aqueles danos que detecten na súa localidade. Grazas a esta ferramenta de participación cidadá, o Concello pretende coñecer as necesidades do municipio e así, poder dar solución ás cuestións comunicadas.

Para poder utilizar este novo  servizo é necesario proceder á descarga da APP Liña Verde. Para iso, o usuario accede a “Google  Play” ou “APP Store” en función da tecnoloxía empregada na súa Smartphone (Android/iOS).  Unha vez localizada, leva a cabo a descarga de forma gratuíta. A partir dese momento, o usuario selecciona o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia. O procedemento é moi rápido e  sinxelo.

Para comunicar unha incidencia, chega con picar sobre o botón “Nova Incidencia”. Un desplegable coas diferentes tipoloxías de incidencias aparece en pantalla.  O usuario selecciona aquela sobre a que quere comunicar. De forma automática, a APP detecta as coordenadas exactas nas que se sitúa o dano. O seguinte paso é achegar unha foto da incidencia e observación sobre a mesma. Xa só queda dar ao botón de enviar. Unha vez enviada, persoal do Concello recibe notificación do dano comunicado. A partir deste momento, inícianse os trámites para dar solución á incidencia detectada. O cidadán  á súa vez, recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado da mesma.

Ao servizo Liña Verde tamén se pode acceder a través do domino www.lineaverdeamerca.gal.

O Concello da Merca anima aos veciños da súa localidade a utilizar o servizo Liña Verde.  A través da implantación deste servizo e grazas a unha  importante participación cidadá, pretende lograr un municipio que cumpra coas  expectativas de benestar social dos seus veciños.

Pode consultar os dípticos informativos aquí.

 

RESTABLECESE O SUMINISTRO DE AUGA PARA TODOS OS USOS

AVISO URXENTE

RESTABLECEMENTO DO SUMINISTRO DE AUGA PARA TODOS OS USOS

Comunícaselle a todos os veciños, que como resultado das actuacións  de vixilancia sanitaria e control de calidade da auga de consumo de abastecemento, cualificase

AUGA  APTA PARA O CONSUMO

polo que  a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia restablece o servizo podéndose utilizar a auga para calquera uso (inclúese bebida e preparación de alimentos.

Licitación bar piscina municipal da Merca ano 2018

Por resolución da Alcaldía de data 1 de Xuño de 2018, anúnciase a licitación do contrato de prestación de servizos de bar na piscina municipal da Merca para a tempada estival de 2017.

  1. Entidade adxudicadora: Datos xerais e datos para a obtención da información:
    1. Organismo e dependencia: Concello da Merca, Secretaria Xeral
    2. Obtención de documentación e información:
      • Concello da Merca, Domicilio: Estrada de Celanova, nº 3, C/P 32830
      • Teléfono: 988260000, telefax: 988260176
      • Correo electrónico: concello@amerca.es
      • Web: www.amerca.gal
      • Data límite de obtención de documentación e información: Día anterior ao de finalización do prazo de presentación de ofertas.
  1. Obxecto do contrato:
    1. Tipo: Servizo do bar da piscina municipal, verán 2018.
    2. Lugar de execución:
      • Domicilio: Piscina municipal. A Merca, 32830
    3. Prazo de execución: do 24 de Xuño ao 9 de Setembro de 2018
  1. Tramitación e procedemento:
    1. Tramitación: urxente, simplificada.
    2. Procedemento, criterio: Aberto, único.
  1. Valor estimado do contrato:1.650,00 euros.
  1. Orzamento base de licitación: Importe neto, 1.650.00 euros. IVE (21%), 346,50 euros. Importe total, 1.996.50 euros.
  • Garantías esixidas:
    • Provisional: Non se esixe.
    • Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído IVE.
  1. Requisitos específicos do contratista:
    1. Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): Non.
    2. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: Segundo o determinado en prego de condicións.
  1. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
    1. Data límite de presentación: Cinco días naturais contados dende o día seguinte á publicación do anuncio no BOP
    2. Lugar de presentación:
      • Dependencia: Concello da Merca.
      • Domicilio: Ctra. de Celanova, nº 3. Cp 32830
    3. Admisión de variantes, se procede: Non.
  1. Apertura de ofertas:
    1. Descrición: Sobre “A” e sobre “B”.
    2. Dirección: Casa Consistorial
    3. Localidade e código postal: A Merca, 32830.
    4. Data e hora: terceiro día hábil a partir do seguinte ao da finalización do prazo de presentación de ofertas.

Prego de condicións

Anuncio B.O.P.

Perfil do contratante

Campamento de Verán A Merca 2018

CAMPAMENTO DE VERÁN A MERCA 2018

Horario: 9:30 a 13:30 (Flexibilidade de 9:00 a 14:00)

Datas:  2 ao 31 de Xullo

              1 ao 17 de Agosto (mínimo inscrición 15 nenos)

Lugar: CEIP Joaquina Gallego Jorrego (A Merca)

Idades. 3 a 14 anos

Actividades: Xogos cooperativos, musicais, con auga; deporte, manualidades, excursións, xincanas, obradoiro de repostería… e moita diversión!!!

Prezo:

EMPADROADOS
NON EMPADROADOS
PREZO POR NENO
BONIFICACIÓN 2º IRMÁN E SEGUINTES
PREZO POR NENO
BONIFICACIÓN 2º IRMÁN E SEGUINTES
15/DÍAS:30€
15/DÍAS:20€
15/DÍAS:50€
15/DÍAS:40€
30/DÍAS:50€
30/DÍAS:40€
30/DÍAS:80€
30/DÍAS:70€
45/DÍAS:75€
45/DÍAS:65€
45/DÍAS:120€
45/DÍAS:110€

Deberán estar empadroados no Concello de A Merca o Pai, a Nai ou o Neno/a (Non é necesario que estea empadroada toda a unidade familiar)

Aplícase bonificación de empadroado a nenos/as escolarizados no CEIP de A Merca aínda que non estean empadroados no Concello (Deberán presentar certificado escolarización no Centro)

No caso de inscribirse varios irmáns, deberán de presentar libro de familia a efectos de acollerse á bonificación.

A flexibilidade de 9:00 a 14:00 terá suplemento de 5,00 €/neno

 

Modelo de solicitude e autorización

Presentación electrónica (Achegarase copia do modelo de solicitude anterior debidamente asinado electronicamente)

CONTRATACION PERSOAL INCENDIOS FORESTAIS (PREVENCIÓN E DEFENSA) 2018

Convocatoria para a contratación laboral dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais para a tempada 2018, segundo as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía de data 30 de Maio de 2018.

1 Xefe de Brigada

1 Peón Conductor

3 Peóns

Modalidade de contratación: Contrato laboral a xornada completa.

Duración: 3 meses.

Sistema de selección: Concurso de méritos e entrevista

O Concello solicitará unha oferta de emprego ao SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA (Oficina de Emprego de Celanova). As persoas incluídas nas listas remitidas por dito organismo deberán achegar a correspondente solicitude dirixida ao Sr. Alcalde axustado ao modelo que se prevé no anexo I.  Coa solicitude deberanse achegar os seguintes documentos:

Fotocopia compulsada do DNI.

Fotocopia compulsada dos títulos esixidos e permiso de condución.

Fotocopia compulsada da documentación que xustifique os méritos que se aleguen.

Prazo e presentación de solicitudes:O prazo de presentación de solicitudes  será de 5 días  contados a partir da recepción da citación do Servizo Público de Emprego de Galicia (Oficina  de emprego de Celanova). As solicitudes poden presentarse na sede electrónica do Concello de A Merca   ou presencialmente no rexistro xeral do Concello de luns a venres en horario de 9:00 h a 14:00 horas.

Bases de convocatoria

Anexo I – Modelo de instancia

Presentación por sede electrónica

Acta de baremación méritos e entrevista

9ª Parroira-Bike 2018

Un ano máis a Asociación Ciclista Endoureiros e o Concello da Merca organizan á 9 Edición da PARROIRA- BiKE 2018.

Inscrición (Do 18/04/2018 ás 22:00 ao 04/06/2018 ás 23:59)

  • Data ata 25/05/2018 23:59 :12,00 €
  • Data ata 04/06/2018 23:59 : 17,00 €

Ruta + Seguro +Ambulancia + Cronómetro chip + Avituallamentos + Trofeos + Lavado bicis + Duchas + Pinchos + Agasallo

Máis información na páxina de información e inscrición da proba.

Calendar

<< Xuñ 2022 >>
LMMXVSD
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3