• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

X Andaina do Concello da Merca

X Andaina do Concello da Merca

O día 27 de Outubro, celebrarase a X Andaina do Concello da Merca.

Inscrición 5.00 € (Poderase realizar, a través do formulario seguinte, ata o venres día 25 de Outubro ás 13:00h. Tamén poderán incribirse o día do evento ata media hora antes do seu inicio)

A ruta de 15 Km., discorrerá por parte do “Roteiro da Broa”, con saída ás 9:00 h e chegada no Local social de Rubillós,  pasando polas poboacións de Entrambosríos, Salpurido, Covas, Ponte Hermida, Fontao, Xen de Arriba e Olás.

A proba conta con avituallamento no percorrido e pincho ao final.

SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, CULTURAIS, DEPORTIVAS E AXUDAS TRANSPORTE PARA ESTUDANTES

Convócanse subvencións municipais a Asociacións Veciñais, Culturais e Deportivas para o exercicio 2019 e Bolsa de Transporte para Estudantes, polo procedemento de concorrencia competitiva.

Primeiro. Beneficiarios.

Poderán solicitar esta subvención:

  • Asociacións Veciñais, Culturais e Deportivas sen ánimo de lucro legalmente constituídas, con sede en A Merca, e que desenvolvan as súas actividades principalmente no Municipio.
  • Estudantes residentes no municipio

Segundo. Obxecto

A subvención ten por finalidade promoción da participación e do asociacionismo veciñal mediante o apoio económico aos gastos desembolsados pola entidade desde o 1 de Xaneiro de 2019 até o 31 de Decembro de 2019, para as asociacións veciñais, culturais e deportivas e ofrecerlle aos alumnos residentes no municipio un apoio para liquidar o transporte da súa casa á institución educativa e impulsar aos mozos a continuar os seus estudos brindándolles axuda económica que minore en gran maneira os seus gastos de transporte e só para aquel alumnado que non dispón de liñas de transporte escolar colectivo.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras da concesión foron aprobadas Sesión Ordinaria celebrada pola Xunta de Goberno Local de data 6 de Xullo de 2018 e publicadas no taboleiro de edictos do Concello

Cuarto. Contía da axuda.

Os créditos orzamentarios aos que se imputa a subvención e contía total máxima das subvencións convocadas: O crédito orzamentario total asignado á presente convocatoria ascende a 14.000,00 €, con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias que se distribúe en tres liñas de promoción social:

  • 25326 Bolsas transporte 1.000,00 €
  • 3374801 cursos e actividades Asociacións veciñais 5.000,00 €
  • 341480 Asociacións e actividades deportivas 8.000,00 €
  • A cantidade a percibir por curso é de 450.00 €

As asociacións poderán presentar un único proxecto en cada liña establecida. Para poder obter subvención nas liñas de cursos de formación débese obter tamén subvención na liña de asociacións debendo para iso presentar un proxecto de actividades da asociación para o ano Concello de A Merca

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes formularanse de acordo ao contido nas bases de convocatoria. Dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello, e presentaranse no Rexistro de entrada do Concello ou por calquera dos medios sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas, no prazo de un mes a partir do día seguinte a data de publicación deste extracto de convocatoria no Taboleiro de Edictos e na páxina web do Concello.

Sexto. Outros datos.

Deberán acompañarse á solicitude os documentos seguintes

1.- Asociacións Veciñais, Culturais e Deportivas:

  • Síntese do proxecto de actividades para o que se solicita subvención –
  • Memoria descritiva do proxecto a subvencionar (máximo 4 folios en fonte arial 11, interlineado 1,5)
  • Certificados de estar ao corrente coas obrigacións da Axencia Tributaria estatal e Autonómica e da Seguridade Social. A presentación da solicitude levará a autorización ao Concello da Merca para solicitar estes certificados de acordo co disposto no artigo 23.3 da Lei Xeral de Subvencións.

2.Bolsas de transporte:

  • Escrito de solicitude de bolsa, correcta e verazmente, indicando lugar de residencia, nome e apelidos dos pais e dos demais membros da unidade familiar, acompañando os demais documentos esixidos nesta convocatoria.
  • Copia de declaración da renda do ano 2018,
  • Xustificante de estar matriculado no curso 2018-2019 nunha Institución de Educación oficial, Secundaria FP ou Universitaria
  • Declaración de non estar a recibir ningunha outra axuda ou subvención para o mesmo fin outorgada por algunha institución pública
  • Xustificante de ser alumno/a regular (superar todas as materias do curso)
  • Si é o caso, xustificante matriculado en academias de preparación de oposicións, para o que deberá presentar resgardo de matricula, e informe da dirección do centro sobre asistencia diaria, mensual e rendemento e no seu caso si presentouse a oposición no ultimo ano e a súa cualificación

BASES DE CONVOCATORIA

EXTRACTO DE CONVOCATORIA

Restrínxese o uso da auga de abastecemento domiciliario no depósito de Corvillón

Comunícaselle a todos os veciños dos pobos de Xen, Covas do Río, Salpurido, Zarracos, Campelo, Corvillón, Fontao, Rebola e Froxás dos Montes, que como resultado das actuacións de vixilancia sanitaria e control de calidade da auga, restrínxese ata novo aviso, o uso da auga de abastecemento domiciliario a calquera actividade que implique a súa inxesta ou uso alimentario, polo que únicamente se poderá utilizar para calquera uso distinto ao alimentario.

ELECCIÓN DO XUÍZ DE PAZ

Corresponde ao Pleno do Concello elixir ás persoas para ser nomeadas Xuíces de Paz, titular e substituto deste Municipio, de conformidade ao que dispoñen os artigos 101 e 102 da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial e artigo 4 e 5.1 do Regulamento 3/1995 , de 7 de xuño, dos Xuíces de Paz.

Ábrese un prazo de 15 días hábiles para que as persoas que estean interesadas, e reúnan as condicións legais solicíteno por escrito dirixido a esta Alcaldía.

As solicitudes presentaranse no Rexistro de entrada deste Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O modelo de instancia atópase a disposición dos interesados nas dependencias municipais da Corporación onde poderán ser presentadas dentro do prazo establecido, así como no enlace que se indica máis abaixo nesta páxina. Poderase presentar dita instancia tamén a través da sede electrónica deste Concello.

Na Secretaría deste Concello pode ser examinado o expediente e solicitar a información que se precise en canto a requisitos, duración do cargo, remuneración, etc.

En caso de non presentarse solicitudes, o Pleno da Corporación elixirá libremente, de acordo co previsto no artigo 101.1 da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial e o artigo 4 e 6 do Regulamento 3/1995, de 7 de xuño, dos Xuíces de Paz, comunicando o Acordo ao Xulgado de Primeira Instancia.

CAMPAMENTO DE VERÁN A MERCA 2019

  • Horario: 9:30 a 13:30 (Flexibilidade de 9:00 a 14:00)
  • Datas: 1 ao 31 de Xullo – 1 ao 14 de Agosto
  • Lugar: CEIP Joaquina Gallego Jorrego (A Merca)
  • Idade: 3 a 14 anos
  • Actividades: Xogos cooperativos, musicais, con auga; deporte, manualidades, excursións, xincanas, talleres… e moita diversión!!!
  • PREZOS

EMPADROADOS

NON EMPADROADOS

PREZO POR NENO

BONIFICACIÓN 2º IRMÁN E SEGUINTES

PREZO POR NENO

BONIFICACIÓN 2º IRMÁN E SEGUINTES

15/DÍAS: 30€

15/DÍAS: 20€

15/DÍAS: 65€

15/DÍAS: 55€

30/DÍAS: 55€

30/DÍAS: 45€

30/DÍAS: 120€

30/DÍAS: 110€

45/DÍAS: 75€

45/DÍAS: 65€

45/DÍAS: 155€

45/DÍAS: 145€

Deberán estar empadroados no Concello da Merca o pai, a nai ou o neno/a (non é necesario que estea empadroada toda a unidade familiar).

Aplícase bonificación de empadroado a nenos/as escolarizados no CEIP Joaquina Gallego Jorreto da Merca aínda que non estean empadroados no Concello (deberán presentar certificado de escolarización no Centro).

No caso de inscribirse varios irmáns, deberán de presentar libro de familia a efectos de acollerse á bonificación.

A flexibilidade de 9:00 horas a 14:00 horas terá suplemento de 5,00€/neno

Modelo de solicitude e autorización

Presentación electrónica (Achegarase copia do modelo de solicitude anterior debidamente asinada electronicamente)

Selección e contratación de persoal laboral temporal Concello de A Merca

(1) Peón Forestal e (1) Peón de Obra Pública

Selección e contratación laboral temporal, a xornada completa (7 meses), dun traballador desempregado coa categoría de péon de obra pública e outro traballador coa categoría de peón forestal con cargo ao Plan de Empregabilidade 2019 da Deputación de Ourense.

O prazo de inscrición no proceso, rematou o día o 29 de Marzo de 2019

A fase de oposición comezará o Venres día 12 de Abril de 2019, ás 10:00 horas, na Casa do Concello de A Merca, debendo portar os aspirantes a documentación identificativa.


Calendar

<< Out 2024 >>
LMMXVSD
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3