• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

LICITACIÓN BAR – PISCINA MUNICIPAL DE A MERCA

LICITACIÓN BAR – PISCINA MUNICIPAL DE A MERCA

Por acordo da Xunta de Goberno Local de data 26 de maio de 2016, anúnciase a licitación do contrato de prestación de servizos de bar na piscina municipal da Merca para a tempada estival de 2016.

  1. Entidade adxudicadora: Datos xerais e datos para a obtención da información:
    1. Organismo e dependencia: Concello da Merca, Secretaria Xeral
    2. Obtención de documentación e información:
      • Concello da Merca, Domicilio: Estrada de Celanova, nº 3, C/P 32830
      • Teléfono: 988260000, telefax: 988260176
      • Correo electrónico: concello@amerca.es
      • Perfil con tratante: www.amerca.gal
      • Data límite de obtención de documentación e información: Día anterior ao de finalización do prazo de presentación de ofertas.
  1. Obxecto do contrato:
    1. Tipo: Servizo do bar da piscina municipal, verán 2016.
    2. Lugar de execución:
      • Domicilio: Piscina municipal. A Merca, 32830
    3. Prazo de execución: 2 meses prorrogables
  1. Tramitación e procedemento:
    1. Tramitación: urxente, simplificada.
    2. Procedemento, criterio: Aberto, único.
  1. Valor estimado do contrato:1.200,00 euros.
  1. Orzamento base de licitación: Importe neto, 1.200.00 euros. IVE (21%), 252 euros. Importe total, 1.452.00 euros.
  • Garantías esixidas:
    • Provisional: Non se esixe.
    • Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído IVE.
  1. Requisitos específicos do contratista:
    1. Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): Non.
    2. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: Segundo o determinado en prego de condicións.
  1. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
    1. Data límite de presentación: A partir da publicación do anuncio no BOP de Ourense e ata o día 13 de xuño ás 14 h.
    2. Lugar de presentación:
      • Dependencia: Concello da Merca.
      • Domicilio: Ctra. de Celanova, nº 3. Cp 32830
    3. Admisión de variantes, se procede: Non.
  1. Apertura de ofertas:
    1. Descrición: Sobre “A” e sobre “B”.
    2. Dirección: Casa Consistorial
    3. Localidade e código postal: A Merca, 32830.
    4. Data e hora: terceiro día hábil a partir do seguinte ao da finalización do prazo de presentación de ofertas.

Pliego de condicións

Auditoría Enerxética

O Concello de A Merca, adxudicou á empresa TECXIA, S.L., unha auditoría enerxética do alumeado público, edificios e demais servizos municipais.

O obxecto do contrato, é:

       Xeolocalización dos contadores

       Revisión da potencia instalada e a súa adecuación ao servizo prestado

       Proposta de aforro enerxético tras a avaliación efectuada.

O importe da adxudicación do mencionado servizo, ascendeu a 6.292,00 € (IVE incluído).

 

 

Resultados 25 Carreira Popular A Merca

O día 17 Abril 2016 celebrouse a 25 edición da Carreira Popular de A Merca

Os gañadores da Carreira absoluta foron:

Masculino: Luis Iglesias Raña, cun tempo de 00:34:30

Feminimo: Sonia Teijeiro Ferro, cun tempo de 00:41:07

13015371_1581779598803704_5306106477834244038_n

 

Os Resultados da carreira foron:

Resultados Carreira absoluta

Resultados Carreira menores

Os trofeos por categorias da Carreira correspondéronlle a:

Trofeos por categorías absoluta

Trofeos por categorías menores

Carreira Popular de A Merca 2016

INFORMACIÓN

17 Abril 2016 Carreira Popular de A Merca

O prezo de inscrición será na carreira absoluta de 4,00 € para corredores que posúan chip e 5,00 € para corredores que teñan que alugar o chip. As inscricións nas carreiras de menores e pitufos e gratuíta para todos os corredores.

A saída da Carreira Absoluta darase no Pavillón Municipal ás 11.00 horas. A de menores terá saída as 10:15 horas. A carreira dos pitufos, farase entre o final da carreira de menores e o inicio da absoluta A liña de meta estará situada en mesmo lugar.

O percorrido será de 10.000 m para a absoluta, 3.000 m. para os menores e 150 m. para os cativos e discorrerá polas rutas sinaladas en planos adxuntos.

Dercargar Reglamento

Inscripción: Championchip Norte

SEGUE A LEBRE

carreira-2016
 

 

Obras de mellora do pavillón polideportivo

O Concello de A Merca, con cargo ao Plan Provincial do ano, procederá a acometer as obras de mellora do Pavillón Polideportivo do municipio. Dita obra conta cun orzamento de 52.500,00 €.

Ditas obras consistirán no illamento de vestiarios e ximnasio de musculación, calefactar vestiarios e ximnasio, cambio de alumeado, canastras e reparación de deterioros sufridos co paso do tempo dende a súa apertura.

Mellora da rede viaria local

A Deputación Provincial de Ourense, adxudicou as obras de Mellora da Rede Local en A Merca, cun orzamento de 59.462,57 €.

Dita obra realizarase na estrada OU-0202 que une A Manchica e A Merca, e é a primeira fase dun proxecto presentado polo Concello que pretende humanizar dita estrada, que na actualidade é a principal vía de acceso ao municipio.

Estas obras mellorarán o tránsito diario con beirarrúas que ao non existir nalgún tramo, o viandante víase na obriga de transitar pola propia vía.redeviaria1

Calendar

<< Ago 2019 >>
LMMXVSD
29 30 31 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1