Festa da Castaña 2018
O vindeiro día 9 de Novembro, ás 20:30 h, o Concello da Merca, celebrará unha edición máis da Festa da Castaña.
O festexo realizarase no Pavillón Municipal de A Merca.
O vindeiro día 9 de Novembro, ás 20:30 h, o Concello da Merca, celebrará unha edición máis da Festa da Castaña.
O festexo realizarase no Pavillón Municipal de A Merca.
Convócanse a subvención Municipal a Asociacións Veciñais, Culturais e Deportivas para o exercicio 2018 e Bolsa de Transporte para Estudantes, polo procedemento de concorrencia competitiva.
Primeiro. Beneficiarios.
Poderán solicitar esta subvención:
Segundo. Obxecto
A subvención ten por finalidade promoción da participación e do asociacionismo veciñal mediante o apoio económico aos gastos desembolsados pola entidade desde o 1 de Xaneiro de 2018 até o 31 de Decembro de 2018, para as asociacións veciñais, culturais e deportivas e é ofrecerlle aos alumnos residentes no municipio un apoio para liquidar o transporte da súa casa á institución educativa e impulsar aos mozos a continuar os seus estudos brindándolles axuda económica que minore en gran maneira os seus gastos de transporte e só para aquel alumnado que non dispón de liñas de transporte escolar colectivo.
Terceiro. Bases reguladoras
As bases reguladoras da concesión foron aprobadas Sesión Ordinaria celebrada pola Xunta de Goberno Local de data 6 de Xullo de 2018 e publicadas no taboleiro de edictos do Concello
Cuarto. Contía da axuda.
Os créditos orzamentarios aos que se imputa a subvención e contía total máxima das subvencións convocadas: O crédito orzamentario total asignado á presente convocatoria ascende a 12.000,00 €, con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias que se distribúe en tres liñas de promoción social:
925326 Bolsas transporte 1.000,00 €
3374801 cursos e actividades Asociacións veciñais 5.000,00 €
341480 Asociacións e actividades deportivas 6.000,00 €
En ningún caso a subvención concedida poderá superar: – 2.000,00 € para a liña de actividades deportivas. – 450,00 € para a liña de cursos de formación.
As asociacións poderán presentar un único proxecto en cada liña establecida. Para poder obter subvención nas liñas de cursos de formación débese obter tamén subvención na liña de asociacións debendo para iso presentar un proxecto de actividades da asociación para o ano 2018 tecnicamente viable.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes.
As solicitudes formularanse de acordo ao contido nas bases de convocatoria. Dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello, e presentaranse no Rexistro de entrada do Concello ou por calquera dos medios sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas, no prazo de 20 días hábiles da publicación deste extracto de convocatoria no Taboleiro de Edictos e na páxina web do Concello (REMATA O PRAZO O DÍA 11 DE SETEMBRO)
Sexto. Outros datos.
Deberán acompañarse á solicitude os documentos seguintes
1.- Asociacións Veciñais, Culturais e Deportivas:
Bolsas de transporte:
O Concello de A Merca, ten en funcionamento o “Servizo Municipal de Comedor a Domicilio”.
As axudas para comedor son axudas económicas, destinadas a paliar aquelas situacións en que poidan acharse as persoas afectadas, integradas nunha unidade de convivencia, no seu caso, por un estado de necesidade, con recursos insuficientes para facer fronte a gastos específicos, ou que tendo recursos ten limitada a súa mobilidade ou por razóns físicas é necesario paliar situacións de marxinación ou illamento social.
Poderán solicitar a prestación do servizo, os empadroados no Concello da Merca maiores de 65 anos, ou ben, menores que ostenten a condición de xubilados ou asimilados, ou teñan minusvalías superiores ao 33%.
O custo de cada comida sitúase en 6 euros día, que serán sufragados en copago entre Usuario e Concello en función do custo, en tanto por cen, con base na pensión non contributiva (PNC) e a pensión mínima media do municipio (606-630 euros) de acordo aos ingresos reflectidos na seguinte táboa:
Ingresos do usuario |
Copago diario do usuario |
Importe |
Ingresos menores ou iguais á PNC |
Un 30 % do custo da comida |
1,80€ |
Ingresos entre desde PNC até 551,25€ |
Un 40% do custo da comida |
2,40€ |
Ingresos entre 551,26 a 624,75 € |
Un 55% do custo da comida |
3,30€ |
Ingresos entre 624,76 a 735€ |
Un 65% do custo da comida |
3,90€ |
Ingresos entre 735.00 e 955,00 € |
Un 80% do custo da comida |
4,80€ |
Ingresos entre 956.00 e 1,200,00 €/mes |
Un 95% do custo da comida |
5,70€ |
Ingresos superiores a 1.201,00 €/mes |
Un 100% do custo da comida |
6,00€ |
Tódolos interesados, poderán informarse na oficina de Servizos Sociais do Concello (Martes e Venres de 9:00 a 14:30 h.) e proceder a solicitude do servizo no Rexistro Xeral do Concello.
REQUISITOS:
INSCRICIÓN:
Grazas a esta iniciativa, os veciños do municipio poden beneficiarse das vantaxes que ofrece Liña Verde. Este servizo serve como canle directa de comunicación dos danos que se detecten no equipamento urbano do municipio.
O Concello de A Merca únese aos máis de 400 municipios que a nivel nacional dispoñen do servizo Liña Verde. A través desta canle de comunicación directo, os veciños poden pór en coñecemento do Consistorio aqueles danos que detecten na súa localidade. Grazas a esta ferramenta de participación cidadá, o Concello pretende coñecer as necesidades do municipio e así, poder dar solución ás cuestións comunicadas.
Para poder utilizar este novo servizo é necesario proceder á descarga da APP Liña Verde. Para iso, o usuario accede a “Google Play” ou “APP Store” en función da tecnoloxía empregada na súa Smartphone (Android/iOS). Unha vez localizada, leva a cabo a descarga de forma gratuíta. A partir dese momento, o usuario selecciona o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia. O procedemento é moi rápido e sinxelo.
Para comunicar unha incidencia, chega con picar sobre o botón “Nova Incidencia”. Un desplegable coas diferentes tipoloxías de incidencias aparece en pantalla. O usuario selecciona aquela sobre a que quere comunicar. De forma automática, a APP detecta as coordenadas exactas nas que se sitúa o dano. O seguinte paso é achegar unha foto da incidencia e observación sobre a mesma. Xa só queda dar ao botón de enviar. Unha vez enviada, persoal do Concello recibe notificación do dano comunicado. A partir deste momento, inícianse os trámites para dar solución á incidencia detectada. O cidadán á súa vez, recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado da mesma.
Ao servizo Liña Verde tamén se pode acceder a través do domino www.lineaverdeamerca.gal.
O Concello da Merca anima aos veciños da súa localidade a utilizar o servizo Liña Verde. A través da implantación deste servizo e grazas a unha importante participación cidadá, pretende lograr un municipio que cumpra coas expectativas de benestar social dos seus veciños.
Pode consultar os dípticos informativos aquí.
Por resolución da Alcaldía de data 1 de Xuño de 2018, anúnciase a licitación do contrato de prestación de servizos de bar na piscina municipal da Merca para a tempada estival de 2017.
Horario: 9:30 a 13:30 (Flexibilidade de 9:00 a 14:00)
Datas: 2 ao 31 de Xullo
1 ao 17 de Agosto (mínimo inscrición 15 nenos)
Lugar: CEIP Joaquina Gallego Jorrego (A Merca)
Idades. 3 a 14 anos
Actividades: Xogos cooperativos, musicais, con auga; deporte, manualidades, excursións, xincanas, obradoiro de repostería… e moita diversión!!!
Prezo:
EMPADROADOS |
NON EMPADROADOS |
||
PREZO POR NENO |
BONIFICACIÓN 2º IRMÁN E SEGUINTES |
PREZO POR NENO |
BONIFICACIÓN 2º IRMÁN E SEGUINTES |
15/DÍAS:30€ |
15/DÍAS:20€ |
15/DÍAS:50€ |
15/DÍAS:40€ |
30/DÍAS:50€ |
30/DÍAS:40€ |
30/DÍAS:80€ |
30/DÍAS:70€ |
45/DÍAS:75€ |
45/DÍAS:65€ |
45/DÍAS:120€ |
45/DÍAS:110€ |
Deberán estar empadroados no Concello de A Merca o Pai, a Nai ou o Neno/a (Non é necesario que estea empadroada toda a unidade familiar)
Aplícase bonificación de empadroado a nenos/as escolarizados no CEIP de A Merca aínda que non estean empadroados no Concello (Deberán presentar certificado escolarización no Centro)
No caso de inscribirse varios irmáns, deberán de presentar libro de familia a efectos de acollerse á bonificación.
A flexibilidade de 9:00 a 14:00 terá suplemento de 5,00 €/neno
Modelo de solicitude e autorización
Presentación electrónica (Achegarase copia do modelo de solicitude anterior debidamente asinado electronicamente)
Convocatoria para a contratación laboral dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais para a tempada 2018, segundo as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía de data 30 de Maio de 2018.
1 Xefe de Brigada
1 Peón Conductor
3 Peóns
Modalidade de contratación: Contrato laboral a xornada completa.
Duración: 3 meses.
Sistema de selección: Concurso de méritos e entrevista
O Concello solicitará unha oferta de emprego ao SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA (Oficina de Emprego de Celanova). As persoas incluídas nas listas remitidas por dito organismo deberán achegar a correspondente solicitude dirixida ao Sr. Alcalde axustado ao modelo que se prevé no anexo I. Coa solicitude deberanse achegar os seguintes documentos:
Fotocopia compulsada do DNI.
Fotocopia compulsada dos títulos esixidos e permiso de condución.
Fotocopia compulsada da documentación que xustifique os méritos que se aleguen.
Prazo e presentación de solicitudes:O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días contados a partir da recepción da citación do Servizo Público de Emprego de Galicia (Oficina de emprego de Celanova). As solicitudes poden presentarse na sede electrónica do Concello de A Merca ou presencialmente no rexistro xeral do Concello de luns a venres en horario de 9:00 h a 14:00 horas.