• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

BANDO EN RELACIÓN Á REGULACIÓN DAS ACTIVIDADES AGRARIAS

BANDO EN RELACIÓN Á REGULACIÓN DAS ACTIVIDADES AGRARIAS

Ponse en coñecemento de toda a poboación, que en relación co cumprimento das medidas previstas no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma, e que foi modificado polo Real decreto 465/2020, do 17 de marzo, publicouse no Diario Oficial de Galicia de data 24 de marzo de 2020 a regulación da realización de actividades agrarias:

As persoas agricultoras e viticultoras profesionais e os seus traballadores poderán efectuar os desprazamentos para a realización dos traballos necesarios de atención e mantemento dos cultivos e das viñas.

Para os efectos desta disposición, terá a consideración de agricultor/a profesional, ben sexa a tempo completo ou parcial, quen estea de alta no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga). Para a acreditación do carácter de agricultor/a, que xustifique a realización deses desprazamentos, é suficiente coa inscrición da explotación no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga). Nese sentido, os axentes da autoridade poderán dirixirse ao dito rexistro para efectuar calquera comprobación que consideren oportuna.

No caso das persoas viticultoras profesionais, poderán acreditalo tamén co carné de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios ou coa tarxeta de rexistrado dispensada polo consello regulador da denominación de orixe cando se dan de alta nos rexistros.

Respecto das persoas que teñan cultivos ou viñas considerados de autoconsumo, é dicir, con fins non comerciais e, polo tanto, non desenvolvan unha actividade profesional agraria, poderán realizar os desprazamentos mínimos e imprescindibles para o mantemento e atención dos ditos cultivos e viñas, sen que o desprazamento poida supoñer unha distancia superior a 500 metros da súa vivenda habitual. En ningún caso poderá haber máis de dúas persoas na leira, as cales deberán respectar en todo momento as distancias de seguridade e demais protocolos de prevención establecidos pola autoridade sanitaria.

En relación coa acreditación da necesidade de desprazamento, nas actividades agrarias consideradas de autoconsumo poderá realizarse coa presentación do carné de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios. No caso das persoas viticultoras, poderán acreditalo co carné de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios ou coa tarxeta de rexistrado dispensada polo consello regulador da denominación de orixe cando se dan de alta nos rexistros.

Aviso para persoas en situación de dependencia (COVID-19)

Visto os acontecementos excepcionais aos que nos estamos enfrontando, e seguindo as recomendacións tanto da Xunta de Galicia coma do Goberno de España, como Administración ao servizo do cidadán, estamos na obriga de atender ás persoas con máis necesidade, en situación de dependencia, e con dificultades de mobilidade para acceder aos servizos básicos (alimentos, medicamentos, etc.), polo que solicitamos a colaboración de toda a veciñanza para avisar ao Concello de que se teñen indicios de que existe algunha persoa nesta situación de desamparo poidamos acudir na súa axuda.

Rogamos sexan rigurosos con esta situación, e para non colapsar os servizos municipais, avisen de casos nos que sexa estritamente necesario e non teñan familiares que poidan facerse cargo.

Para dar aviso no Concello, poden poñerse en contacto vía telefónica no número 988 260 000.

BANDO POLO CORONAVIRUS (COVID-19)

Ponse en coñecemento de toda a poboación do Concello da Merca que, ante a crise sanitaria provocada polo virus COVID-19 (Coronavirus) e en cumprimento das medidas anunciadas polo Presidente da Xunta de Galicia en Rolda de Prensa na mañá do 12 de marzo de 2020, por un período inicial de 15 días, dende o día 16 ata o 30 de marzo de 2020 e que poderán ser ampliadas ou reducidas en función das directrices que establezan as autoridades sanitarias competentes:

– Suspensión a partir de hoxe venres, 13 de marzo de 2020 de tódalas actividades deportivas, culturais, de lecer e de servizos sociais de natureza municipal, así como peche das seguintes instalacións municipais:

  • Parques infantís, Parques biosaudables


  • Biblioteca municipal


  • Instlaacións deportivas municipais


  • Eventos socioculturais e deportivos


  • Locais sociais utilizados polas Asociación de Veciños


– A atención ao público nas dependencias municipais limitaranse exclusivamente a casos de extrema urxencia e imperiosa necesidade, polo que se insta á veciñanza a que os trámites que se teñan que realizar sexan por vía telemática na sede electrónica do Concello: https://amerca.sedelectronica.gal/info.0 ou ben telefónica, no teléfono 988 260 000. Non obstante, existirá un buzón na porta do Concello para atender as instancias que calquera solicitante poida facer chegar en papel.

– Recoméndase que, de non ter acceso a xel alcohólico para a limpeza das mans, lave as mans cunha solución diluída de aproximadamente 1L de auga con 10 ml de lixivia.

– Recoméndase non realizar visitas nin a residencias de maiores, nin hospitais, a excepción de casos de extrema necesidade.

– É conveniente evitar viaxes e desprazamentos que non se consideren imprescindibles.

– Aconséllase que se sigan as instrucións ditadas polo Ministerio de Sanidade e a Consellería de Sanidade, en caso de ter algún síntoma contactar co 061 ou co teléfono de información para a cidadanía 900 400 116.

– Recoméndanse que se evite a propagación de “bulos” ou informacións non contrastadas por redes sociais.

– Aconséllase ás asociacións e entidades do municipio que suspendan os seus actos públicos e sociais durante os vindeiros 15 días.

https://www.mscbs.gob.es

ACTIVIDADES DO NADAL PARA NENOS DO CONCELLO DA MERCA

O Concello da Merca organiza as seguintes actividades, dirixidas ós nenos do Concello con motivo das festas do Nadal;

PAZOLANDIA: O día 27 de Decembro, o Concello trasladará e facilitará a entrada dos nenos que se inscriban a Pazolandia (O maior parque de atraccións de Galicia no Pavillón Polideportivo Paco Paz de Ourense)

FESTA INFANTIL NO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL: día 30 de decembro, de 17:00a 20:00 horas, realizarase un festa infantil no Pavillón Polideportivo da Merca. (Inchábeis, Obradoiros, Xogos e Merenda)

RESTABLECEMENTO DO SUMINISTRO DE AUGA PARA TODOS OS USOS

AVISO URXENTE

Comunícaselle a todos os veciños, que como resultado das actuacións  de vixilancia sanitaria e control de calidade da auga de consumo de abastecemento, cualificase

AUGA  APTA PARA O CONSUMO

Polo que  a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia restablece o servizo podéndose utilizar a auga para calquera uso (inclúese bebida e preparación de alimentos)

X Andaina do Concello da Merca

O día 27 de Outubro, celebrarase a X Andaina do Concello da Merca.

Inscrición 5.00 € (Poderase realizar, a través do formulario seguinte, ata o venres día 25 de Outubro ás 13:00h. Tamén poderán incribirse o día do evento ata media hora antes do seu inicio)

A ruta de 15 Km., discorrerá por parte do “Roteiro da Broa”, con saída ás 9:00 h e chegada no Local social de Rubillós,  pasando polas poboacións de Entrambosríos, Salpurido, Covas, Ponte Hermida, Fontao, Xen de Arriba e Olás.

A proba conta con avituallamento no percorrido e pincho ao final.

SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, CULTURAIS, DEPORTIVAS E AXUDAS TRANSPORTE PARA ESTUDANTES

Convócanse subvencións municipais a Asociacións Veciñais, Culturais e Deportivas para o exercicio 2019 e Bolsa de Transporte para Estudantes, polo procedemento de concorrencia competitiva.

Primeiro. Beneficiarios.

Poderán solicitar esta subvención:

  • Asociacións Veciñais, Culturais e Deportivas sen ánimo de lucro legalmente constituídas, con sede en A Merca, e que desenvolvan as súas actividades principalmente no Municipio.
  • Estudantes residentes no municipio

Segundo. Obxecto

A subvención ten por finalidade promoción da participación e do asociacionismo veciñal mediante o apoio económico aos gastos desembolsados pola entidade desde o 1 de Xaneiro de 2019 até o 31 de Decembro de 2019, para as asociacións veciñais, culturais e deportivas e ofrecerlle aos alumnos residentes no municipio un apoio para liquidar o transporte da súa casa á institución educativa e impulsar aos mozos a continuar os seus estudos brindándolles axuda económica que minore en gran maneira os seus gastos de transporte e só para aquel alumnado que non dispón de liñas de transporte escolar colectivo.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras da concesión foron aprobadas Sesión Ordinaria celebrada pola Xunta de Goberno Local de data 6 de Xullo de 2018 e publicadas no taboleiro de edictos do Concello

Cuarto. Contía da axuda.

Os créditos orzamentarios aos que se imputa a subvención e contía total máxima das subvencións convocadas: O crédito orzamentario total asignado á presente convocatoria ascende a 14.000,00 €, con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias que se distribúe en tres liñas de promoción social:

  • 25326 Bolsas transporte 1.000,00 €
  • 3374801 cursos e actividades Asociacións veciñais 5.000,00 €
  • 341480 Asociacións e actividades deportivas 8.000,00 €
  • A cantidade a percibir por curso é de 450.00 €

As asociacións poderán presentar un único proxecto en cada liña establecida. Para poder obter subvención nas liñas de cursos de formación débese obter tamén subvención na liña de asociacións debendo para iso presentar un proxecto de actividades da asociación para o ano Concello de A Merca

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes formularanse de acordo ao contido nas bases de convocatoria. Dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello, e presentaranse no Rexistro de entrada do Concello ou por calquera dos medios sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas, no prazo de un mes a partir do día seguinte a data de publicación deste extracto de convocatoria no Taboleiro de Edictos e na páxina web do Concello.

Sexto. Outros datos.

Deberán acompañarse á solicitude os documentos seguintes

1.- Asociacións Veciñais, Culturais e Deportivas:

  • Síntese do proxecto de actividades para o que se solicita subvención –
  • Memoria descritiva do proxecto a subvencionar (máximo 4 folios en fonte arial 11, interlineado 1,5)
  • Certificados de estar ao corrente coas obrigacións da Axencia Tributaria estatal e Autonómica e da Seguridade Social. A presentación da solicitude levará a autorización ao Concello da Merca para solicitar estes certificados de acordo co disposto no artigo 23.3 da Lei Xeral de Subvencións.

2.Bolsas de transporte:

  • Escrito de solicitude de bolsa, correcta e verazmente, indicando lugar de residencia, nome e apelidos dos pais e dos demais membros da unidade familiar, acompañando os demais documentos esixidos nesta convocatoria.
  • Copia de declaración da renda do ano 2018,
  • Xustificante de estar matriculado no curso 2018-2019 nunha Institución de Educación oficial, Secundaria FP ou Universitaria
  • Declaración de non estar a recibir ningunha outra axuda ou subvención para o mesmo fin outorgada por algunha institución pública
  • Xustificante de ser alumno/a regular (superar todas as materias do curso)
  • Si é o caso, xustificante matriculado en academias de preparación de oposicións, para o que deberá presentar resgardo de matricula, e informe da dirección do centro sobre asistencia diaria, mensual e rendemento e no seu caso si presentouse a oposición no ultimo ano e a súa cualificación

BASES DE CONVOCATORIA

EXTRACTO DE CONVOCATORIA

Restrínxese o uso da auga de abastecemento domiciliario no depósito de Corvillón

Comunícaselle a todos os veciños dos pobos de Xen, Covas do Río, Salpurido, Zarracos, Campelo, Corvillón, Fontao, Rebola e Froxás dos Montes, que como resultado das actuacións de vixilancia sanitaria e control de calidade da auga, restrínxese ata novo aviso, o uso da auga de abastecemento domiciliario a calquera actividade que implique a súa inxesta ou uso alimentario, polo que únicamente se poderá utilizar para calquera uso distinto ao alimentario.

Calendar

<< Xul 2023 >>
LMMXVSD
26 27 28 29 30 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31 1 2 3 4 5 6