• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, CULTURAIS E DEPORTIVAS 2017

CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, CULTURAIS E DEPORTIVAS 2017

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada con data 21 de Abril de 2017, convócase a concesión de subvencións para asociacións de veciños, culturais e deportivas de A Merca para o ano 2017, consistentes en axudas económicas para mantemento de servizos veciñais, desenvolvemento de actividades, cursos, etc.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de Maio de 2017.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, publicaranse no taboleiro de edictos e na web do Concello.

Bases da subvención

Modelo de solicitude

CONVOCATORIA OPOSICIÓN: OPERARIO DE LIMPEZA DE EDIFICIOS MUNICIPAIS

Mediante Resolución da Alcaldía, de data 13 de febreiro de 2017 o Concello da Merca, convóca 1 praza de OPERARIO DE LIMPEZA DE EDIFICIOS MUNICIPAIS mediante quenda libre, en réxime laboral, polo sistema de oposición.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense n.º 49, de data 1 de marzo de 2017, aparecen integramente publicadas as bases que rexerán a convocatoria para a contratación da praza e no B.O.P de Ourense n.º 52 de data 4 de marzo de 2017, a corrección de erros.

O prazo de presentación de solicitudes foi de vinte días naturais a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado (BOE 14 de Abril de 2017) e no Diario Oficial de Galicia (D.O.G. de 18 de Abril de 2017).

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro de edictos e sede electrónica da páxina web do Concello.

O Prazo de presentación de solicitudes foi: do 19 de Abril ao 8 de Maio de 2017


Por Resolución de Alcaldía nº. 2017-0089, de data 15 de Maio de 2017, aprobouse a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos da convocatoria para a provisión de 1 praza de operario de limpeza:

RELACIÓN DE ASPIRANTES ADMITIDOS:

Apelidos e Nome  – D.N.I.

Domínguez Pereiro David – 44476510F

Estevez Domínguez Pomba – 34989582G

Fernández Santalices Tiziana – 44477366N

Gavilanes Touza Lucia – 76726440G

Losada Conde Judit – 44478484A

Pereiro Fernández Iván – 44493390M

Preciosa Domínguez Dalia – 34921885L

Prego Figueiras M.ª Angeles – 76400634Q

Saa León Ana – 34995954M

Seara Pérez María – 44479659M

Suárez Dá Costa Verónica – 44499158T

Veo Casas Marta – 76725758N

Vidueira Branco Esperanza – 34946580N

RELACIÓN DE ASPIRANTES EXCLUIDOS:

  • NINGÚN

Asemade, por Resolución da Alcaldía nº. 2017-0114, de data 8 de Xuño de 2017, aprobouse os membros do tribunal e a data de celebración da oposición para a provisión da mencionada praza:

MEMBROS DO TRIBUNAL

Presidente: Francisco Javier Neira González, Arquitecto municipal da Merca

o Suplente: Víctor José Fortes Gómez, Administración Xeral da Merca

Secretario: Alejandro Branco Fernández Secretario Interventor da Merca

o Suplente: María José Garrido Cid. Auxiliar Administrativo da Merca

Vogal: María Dores Villar Álvarez, Secretaria Interventora de Cartelle

o Suplente: María Isabel Rodríguez Carreira. Funcionaria da Diputacion

Vogal: Alberto Igrexas Nogueira. TAG Deputación de Ourense

o Suplente: Lourdes Pérez Vázquez.. Deputación de Ourense

Vogal: Daniel Carnoto Espino. Secretario Interventor Quintela de Leirado

o Suplente: Juan Ramón Diéguez Fernández., Deputación de Ourense

Convócase a todos os aspirantes para a celebración das probas de oposición en chamamento único, na Casa Consistorial do Concello de Merca:

Día 28 de Xuño, ás 10:00 horas

Anuncio

 

XOGOS E DEPORTES ALTERNATIVOS

O Concello de A Merca, organiza varías xornadas de “xogos e deportes alternativos”, dirixidos a nenos  de 3 a 14 anos, no Pavillón Municipal Polideportivo de A Merca.

As mesmas, celebraranse os días 10, 11, 12 e 17 de Abril, coincidido coas vacacións dos nenos en Semana Santa.

Horario: de 9:30 a 13:30 h.

O custo da inscrición será de 5,00 € para a totalidade das xornadas (A data límite de inscrición será o Venres, 7 de Abril)

Modelo de Inscrición

 

8ª Parroira-Bike 2017

O día 14 de Maio, celebrarase a 8ª edicion da “Parroira-Bike” que reunirá a un nutrido número de bikes que realizarán un fermoso roteiro, que partirá as 8:30 do pavillón municipal de A Merca.

Prezo da inscrición: 12,00 €

Ruta + Seguro +Ambulancia + Cronómetro chip + Avituallamentos + Trofeos + Lavado bicis + Duchas + Pinchos

Sorteo nova TREK REMEDY 8 – 2017 (valorada en 3.000,00 €)

Máis información na páxina de información e inscrición da proba.

 

Entroido cos Galos de San Pedro da Mezquita

Despois do Domingo de Corredoiro celebrado o día 19 de febreiro, chegan os días centrais do entroido de San Pedro da Mezquita (A Merca).

Domingo, 26 de Febreiro:

  • 9:30 h. Desfile dos galos polas rúas de toda a parroquia.
  • A saída da misa, na Igrexa da Mezquita, os galos estarán esperando aos veciños.
  • 17:30 h. Festa con música na zona das Escolas coa recreación da Monta do Galo

Martes, 28 de Febreiro:

  • 9:30 h. Desfile dos galos polas rúas de toda a parroquia
  • 17:30 h. Festa con música na zona das Escolas coa recreación da Monta do Galo

IMG-20170225-WA0008

IMG-20170225-WA0007 IMG-20170225-WA0006

IMG-20170225-WA0005 IMG-20170225-WA0004

IMG-20170225-WA0011

IMG-20170225-WA0010 IMG-20170225-WA0009

Implantación de administración electrónica

O equipo administrativo e o equipo de goberno xa empezaron a traballar coa plataforma de xestión de expedientes

O Concello da Merca implanta con éxito a administración electrónica.

Grazas a esta ferramenta os veciños da Merca poderán realizar trámites e solicitudes as 24 horas do día os 365 días do ano.

A plataforma elexida polo Concello “Gestiona de espúblico” integra nun mesmo produto un xestor de expedientes, un rexistro de documentos e un módulo de firma electrónica.

Fixeron falta poucos días para que a traballadores municipais adaptasen o seu método de traballo á nova ferramenta informática, converténdose nunha administración que tramita todo electrónicamente.

O novo modelo supón un cambio profundo na organización interna. A través dun sistema online, a ferramenta permite conservar todos os documentos ordenados, asinados e dixitalizados na nube. Deste xeito, permitirá reducir o tempo de tramitación dos expedientes municipais e facilitar a conexión entre os distintos departamentos do Concello.

A implantación da ferramenta traerá consigo o uso xeneralizado da firma electrónica, xa sexa desde o computador ou desde o móbil.

A plataforma incorpora, ademais, un módulo de sede electrónica desde o cal os cidadáns poden realizar trámites sen necesidade de desprazarse fisicamente até o Concello: http://amerca.sedelectronica.gal/

O sistema só require ao cidadán que se identifique cun certificado electrónico para poder levar a cabo trámites, consultar o estado dos expedientes que teña abertos no Concello, ou recibir as notificacións que se poñan á súa disposición na sede electrónica.

O Concello de A Merca, xa contaba dende o mes de Xullo de 2016, cunha pasarela para facilitar o pago de Liquidacións e Autoliquidacións de taxas e impostos municipais, dende a súa páxina web: http://www.amerca.gal/pasarela/

Festa Infantil do Nadal

 

O vindeiro día 30 de Decembro, entre as 17:00 e as 20:00 h. celebrarase no Pavillón Municipal Polideportivo de A Merca, unha Festa Infantil de Nadal.

O evento, totalmente gratuíto, vai dirixido a nen@s de entre 3 e 14 anos.

A festa contará con Xogos Infantís, Inchables, Talleres, Merenda, Música e Paxe Real.

1º Campus Nadal de Fútbol Sala

O Concello de A Merca, en colaboración coa AMPA CEIP O Montiño, organiza 1º. Campus Nadal de Futbol Sala

Dirixido a nen@s de entre 4 e 14 anos, celebrase durante os días 27, 28 e 29 de Decembro de 11:00 a 13:00 h. no Pavillón Municipal Polideportivo de A Merca

Todos aqueles interesados, pódense inscribir nas oficinas do Concello

A cota de inscrición será de 15,00 € para os tres días por nen@.

Farase entrega dun agasallo a cada participante.

Modelo de inscripción

 

MELLORA DA EFICIENCIA ENERXETICA DO ALUMEADO PUBLICO DE A MEZQUITA

O Concello de A Merca, con cargo a unha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galcia, para mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación pública exterior no cadro C33 na zona de A Mezquita, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), procedeu ao cambio das luminarias do alumeado público de A Mezquita.

O custe total da obra, ascendeu a 28.771,96 € (21.578,97 € subvencionados e 7.192,99 € de aportación municipal)

mezquita1fotoscartelobramezquita

Calendar

<< Xuñ 2020 >>
LMMXVSD
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5