• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

TRÁMITES CATASTRAIS

TRÁMITES CATASTRAIS

O Concello da Merca, pon en funcionamento un novo servizo totalmente gratuíto para trámites catastrais dos veciños do municipio.

Dito servizo realizárase tódolos 2º martes de cada mes, excepto cando caia en festivo que se pasaría para o día seguinte hábil.

O horario de atención ao público será o mesmo que o do Concello, previa cita telefónica.


Teléfono: 988 222 533

Xestión catastral tanto de fincas rústicas como urbanas.
Esta xestión comprenderá cambios de titularidade das fincas, identificación e localización de posibles erros arrastrados da realización dos últimos catastros, así como solución de todo tipo de problemas que poidan derivarse de que calquera dato do catastro que non se corresponda coa realidade.

Tamén se atenderás as posibles dúbidas e preguntas sobre reparto de herdanzas, aclaración de documentos, etc…

AUGA APTA PARA O CONSUMO

——————————————————————————————————————–

Comunícaselle a toda a veciñanza que como resultado das actuacións de vixilancia sanitaria e control da calidade da auga de consumo de abastecemento, a auga cualifícase como

APTA PARA O CONSUMO

POLO SE RESTABLECE O SUBMINISTRO PARA TÓDOLOS USOS PODÉNDOSE UTILIZAR PARA BEBIDA OU PREPARACIÓN DE ALIMENTOS

——————————————————————————————————————–

Entrega mascarillas infantís

Con motivo do comezo do curso escolar, a Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense (ADERCOU) puxo a disposición do Concello mascarillas infantís para os alumn@s do C.E.I.P. Joaquina Gallego Jorreto desta localidade, previa solicitude no centro escolar.

O reparto corresponde a dúas mascarillas por nen@.

Desde o Concello da Merca, deséxase un bo comezo de curso e moito ánimo a tod@s.

Apertura do pavillón polideportivo

A partir do 1 de xullo de 2020, mércores, volverá estar aberto o pavillón de 18:00 horas a 22:00 horas como era de costume.

Recórdase aos usuarios das instalacións o uso obrigatorio de toalla.

Para máis información, pódense consultar as guías DXT publicadas pola Xunta de Galicia en relación ás instalacións deportivas.

Preguntas frecuentes en relación á práctica de deporte e o coronavirus

Folleto informativo – Con Sentidiño

Non apertura das Piscinas Municipais 2020

Comunícase a toda a veciñanza que este verán non se vai abrir o servizo das piscinas municipais, en relación ao COVID-19, pensando sempre no interese xeral e de saúde pública.

Esta decisión foi tomada pola Corporación, sempre tendo en conta os criterios sanitarios e antepoñendo a saúde e a seguridade dos cidadáns, tratando de evitar riscos de contaxio en prevención do coronavirus.

Prégase o entendemento e a colaboración por parte de tod@s, agradecendo o comportamento exemplar da poboación do municipio.

Selección e contratación de traballadores

Selección e contratación laboral dun traballador desempregado coa categoría de oficial de 1ª de albanelería e outros tres traballadores coa categoría de peóns forestais

1 Oficial de 1ª de Albanelería

3 Peóns Forestais

Modalidade de contratación: Contrato laboral a xornada completa.

Duración: 6 meses.

Sistema de selección: Fase de concurso e oposición.

As solicitudes para tomar parte na presente convocatoria dirixiranse ao Alcalde do Concello da Merca, de acordo co modelo do Anexo I das presentes bases. Coa solicitude deberase achegar:

·   Fotocopia compulsada do DNI ou documento equivalente, os aspirantes estranxeiros deberán presentar o documento que acredite que é nacional da Unión Europea. Os estranxeiros deberán acreditar que están residindo legalmente en España, esta documentación deberá estar compulsada.

·   Declaración xurada manifestando que reúnen todos e cada un dos requisitos xerais esixidos na convocatoria (inclúese no modelo de instancia).

·     Tarxeta de demandante de emprego ou certificación, de ser o caso, expedida polo Servizo Público de Emprego na que se acredite que é demandante de emprego e o tempo que leva nesta situación.

·    A documentación achegada de méritos, debería presentarse en orixinais ou fotocopias validamente compulsadas e non se terán en conta aqueles que non queden debidamente acreditados.

·   A experiencia en postos similares, acreditarase mediante certificado de vida laboral, orixinal (ou fotocopia compulsada) expedida pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, na que conste expresamente os períodos de alta e baixa no sistema e os grupos de cotización ou copia dos contratos de traballo. Os servizos prestados na Administración Pública poderán ademais acreditarse mediante certificación expedida polo órgano competente.

Prazo e presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes, será de 5 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP de Ourense (data de publicación no BOP: 11/05/2020).

Os interesados en formar parte deste proceso selectivo, presentarán a súa instancia no modelo que aparece no Anexo I das presentes bases facendo constar que reúnen todos os requisitos sinalados nestas bases e dirixiranse ao Sr. Alcalde do Concello da Merca.

A presentación de solicitudes deberá efectuarse en días hábiles de luns a venres no Rexistro do Concello da Merca, en horario de 9.00 a 13.00 horas, ou en calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.  Se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fora sábado ou día inhábil o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

Os sucesivos anuncios en relación con este proceso publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello da Merca e na súa sede electrónica https://amerca.sedelectronica.gal.

Bases de convocatoria

Anexo I – Modelo de instancia

Presentación por sede electrónica

Rectificación de erros en relación ao número de traballadores para contratación

Resolución Alcaldía do nomeamento do tribunal e Listado de Admitidos e Excluídos

Resolución Alcaldía da convocatoria para inicio da fase de oposición de Oficial de 1ª de Albanelería

Resolución Alcaldía da convocatoria para inicio da fase de oposición de Peóns Forestais

Acta do Tribunal valoración Oficial de 1ª de Albanelería

Acta do Tribunal valoración Peóns Forestais

Resolución de Alcaldía – Oficial de 1ª de Albanelería

Resolución de Alcaldía – Peóns Forestais

AVISO DESPRAZAMENTOS POBOACIÓN INFANTIL E MASCARILLAS DE PROTECCIÓN


A continuación exponse un resumo das medidas a ter en conta segundo a Orde SND/370/2020, do Ministerio de Sanidade publicada no BOE do 25 de abril, sobre as condicións nas que se deben desenvolver os desprazamentos por parte da poboación infantil durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.


  • Os nenos e nenas menores de 14 anos, e a un adulto responsable, poderán circular polas vías ou espazos de uso público, incluídos os espazos naturais e zonas verdes autorizadas, sempre que se respecte o límite máximo dun quilómetro con respecto ao domicilio do menor.
  • Dita circulación queda limitada a un paseo diario, de máximo unha hora de duración, entre as 9:00 horas e as 21:00 horas.

  • O paseo diario deberá realizarse como máximo en grupos formados por un adulto responsable e ata tres nenos ou nenas mantendo unha distancia interpersonal con terceiros de aló menos dous metros.

  • Aos efectos do previsto nesta orde, enténdese por adulto responsable aquela persoa maior de idade que conviva no mesmo domicilio co neno ou nena actualmente, ou se trate dun empregado do fogar a cargo do menor, sendo responsabilidade do adulto acompañante garantir que se cumpran os requisitos anteriores para evitar o contaxio. Cando o adulto responsable sexa unha persoa diferente dos proxenitores, titores, curadores, acolledores o gardadores legais ou de feito, deberá contar cunha autorización previa destes.

  • Deberán cumprirse as medidas de prevención e hixiene fronte ao COVID-19 indicadas polas autoridades sanitarias.

  • Non estará permitido o acceso a espazos recreativos infantís ao aire libre, así como a instalacións deportivas.

  • Non poderán facer uso da habilitación contida nos apartados anteriores os nenos e nenas que presenten síntomas ou estean en illamento domiciliario debido a un diagnóstico por COVID-19, ou que se encontren en período de corentena domiciliaria por ter contacto con algunha persoa con síntomas ou diagnosticado de COVID-19.


Comunícase tamén a todos os interesados, que o Concello ten a previsión de recibir mascarillas infantís de protección para a semana do 4 de maio de 2020, polo que poderán pasar pola Casa Consistorial para a súa entrega.


Para calquera dúbida, poden poñerse en contacto no enderezo electrónico concello@amerca.gal ou no teléfono 988 260 000 ou no número de móbil 639 504 306.

AVISO PARA IMPRESIÓN DE DOCUMENTOS PARA ESTUDANTES E ENTREGA DE MASCARILLAS DE PROTECCIÓN

Visto os acontecementos excepcionais aos que nos estamos enfrontando, como Administración ao servizo do cidadán, estamos na obriga de atender as necesidades das persoas que máis o necesiten, polo que desde o noso Concello habilitamos un servizo de impresión de documentos para estudantes que non teñen a posibilidade de facelo na súa casa.

Os arquivos a imprimir deberán enviarse ao correo electrónico:
concello@amerca.gal
indicando no correo electrónico un nome, enderezo e un teléfono de contacto.

Para entregar os documentos impresos, poderán vir a recollelos á Casa do Concello, previa chamada telefónica, ou no caso daquelas persoas que non dispoñan medios para desprazarse, será persoal do Concello o que se encargue de achegar dito material ao enderezo indicado.

Por outra parte, con respecto á entrega de mascarillas de protección fronte ó COVID-19, o Concello pón a disposición nalgúns establecementos do municipio (supermercados, bancos, no propio Concello, etc.) a recollida dunha unidade por veciño/a, no seu esforzo de tratar de abastecer a todos os habitantes do municipio segundo se vai recibindo dito material nas propias instalacións da Casa Consistorial.

Para poñerse en contacto vía telefónica, o número de teléfono do Concello é 988 260 000.

Calendar

<< Ago 2019 >>
LMMXVSD
29 30 31 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1