• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

Proceso de selección e contratación laboral temporal: un de peón de obra pública e un peón de xardinería

Proceso de selección e contratación laboral temporal: un de peón de obra pública e un peón de xardinería

1 Peón de Obra Pública

1 Peón de Xardinería

Modalidade de contratación: Contrato laboral temporal a xornada completa.

Duración: 7 meses.

Sistema de selección: Fase de concurso e oposición.

As solicitudes para tomar parte na presente convocatoria dirixiranse ao Alcalde do Concello da Merca, de acordo co modelo do Anexo I das presentes bases. Coa solicitude deberase achegar:

·   Fotocopia compulsada do DNI ou documento equivalente, os aspirantes estranxeiros deberán presentar o documento que acredite que é nacional da Unión Europea. Os estranxeiros deberán acreditar que están residindo legalmente en España, esta documentación deberá estar compulsada.

·   Declaración xurada manifestando que reúnen todos e cada un dos requisitos xerais esixidos na convocatoria (inclúese no modelo de instancia).

·    Tarxeta de demandante de emprego ou certificación, de ser o caso, expedida polo Servizo Público de Emprego na que se acredite que é demandante de emprego e o tempo que leva nesta situación.

·  A documentación achegada de méritos, debería presentarse en orixinais ou fotocopias validamente compulsadas e non se terán en conta aqueles que non queden debidamente acreditados.

·   A experiencia en postos similares, acreditarase mediante certificado de vida laboral, orixinal (ou fotocopia compulsada) expedida pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, na que conste expresamente os períodos de alta e baixa no sistema e os grupos de cotización ou copia dos contratos de traballo. Os servizos prestados na Administración Pública poderán ademais acreditarse mediante certificación expedida polo órgano competente.

Prazo e presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes, será de 5 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP de Ourense (data de publicación no BOP: 04/03/2021).

Os interesados en formar parte deste proceso selectivo, presentarán a súa instancia no modelo que aparece no Anexo I das presentes bases facendo constar que reúnen todos os requisitos sinalados nestas bases e dirixiranse ao Sr. Alcalde do Concello da Merca.

A presentación de solicitudes deberá efectuarse en días hábiles de luns a venres no Rexistro do Concello da Merca, en horario de 9.00 a 13.00 horas, ou en calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.  Se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fora sábado ou día inhábil o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

Os sucesivos anuncios en relación con este proceso publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello da Merca e na páxina web www.amerca.gal .

Axuda de urxencia, destinada ós titulares dos establecementos de hostalería do Concello

O vindeiro venres día 12 de febreiro a Xunta de Goberno Local do Concello aprobará unha “Axuda de urxencia, destinada ós titulares dos establecementos de hostalería do Concello, que se ven prexudicados pola emerxencia sanitaria da COVID-19”.

Esta prestación económica será un pago único  de 300,00 €, a cada titular de establecemento de hostalería aberto, de maneira directa e cun carácter extraordinario, amparándose na diminución de ingresos económicos consecuentes dos peches de actividade obrigatorios e dentro da competencia directa que ten este organismo no comercio local.

Servizo de cita previa para atención á veciñanza


Vista a preocupante situación sanitaria á que nos estamos enfrontando con respecto ao COVID-19, e seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia, comunicamos que como Administración ao servizo do cidadán, poñemos á súa disposición un servizo de cita previa a través da sede electrónica do Concello da Merca, para poder prestar atención presencialmente, mediante videoconferencia ou a través de vía telefónica co obxecto de evitar esperas na rúa ou coincidencia con outras persoas á hora de acceder ás dependencias municipais así como risco de posibles contaxios.



Solicitamos polo tanto, o entendemento e a colaboración de toda a veciñanza, agradecendo o comportamento mostrado pola maioría dos cidadáns deste municipio noutras situacións similares provocadas pola pandemia do COVID-19.


SOLICITUDE DE CITA PREVIA:

  • Enlace para poder acceder a esta cita previa con teléfono ou ordenador:

https://amerca.sedelectronica.gal/citaprevia.1

  • Teléfono do Concello: 988 260 000.

TRÁMITES CATASTRAIS

O Concello da Merca, pon en funcionamento un novo servizo totalmente gratuíto para trámites catastrais dos veciños do municipio.

Dito servizo realizárase tódolos 2º martes de cada mes, excepto cando caia en festivo que se pasaría para o día seguinte hábil.

O horario de atención ao público será o mesmo que o do Concello, previa cita telefónica.


Teléfono: 988 222 533

Xestión catastral tanto de fincas rústicas como urbanas.
Esta xestión comprenderá cambios de titularidade das fincas, identificación e localización de posibles erros arrastrados da realización dos últimos catastros, así como solución de todo tipo de problemas que poidan derivarse de que calquera dato do catastro que non se corresponda coa realidade.

Tamén se atenderás as posibles dúbidas e preguntas sobre reparto de herdanzas, aclaración de documentos, etc…

AUGA APTA PARA O CONSUMO

——————————————————————————————————————–

Comunícaselle a toda a veciñanza que como resultado das actuacións de vixilancia sanitaria e control da calidade da auga de consumo de abastecemento, a auga cualifícase como

APTA PARA O CONSUMO

POLO SE RESTABLECE O SUBMINISTRO PARA TÓDOLOS USOS PODÉNDOSE UTILIZAR PARA BEBIDA OU PREPARACIÓN DE ALIMENTOS

——————————————————————————————————————–

Entrega mascarillas infantís

Con motivo do comezo do curso escolar, a Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense (ADERCOU) puxo a disposición do Concello mascarillas infantís para os alumn@s do C.E.I.P. Joaquina Gallego Jorreto desta localidade, previa solicitude no centro escolar.

O reparto corresponde a dúas mascarillas por nen@.

Desde o Concello da Merca, deséxase un bo comezo de curso e moito ánimo a tod@s.

Apertura do pavillón polideportivo

A partir do 1 de xullo de 2020, mércores, volverá estar aberto o pavillón de 18:00 horas a 22:00 horas como era de costume.

Recórdase aos usuarios das instalacións o uso obrigatorio de toalla.

Para máis información, pódense consultar as guías DXT publicadas pola Xunta de Galicia en relación ás instalacións deportivas.

Preguntas frecuentes en relación á práctica de deporte e o coronavirus

Folleto informativo – Con Sentidiño

Non apertura das Piscinas Municipais 2020

Comunícase a toda a veciñanza que este verán non se vai abrir o servizo das piscinas municipais, en relación ao COVID-19, pensando sempre no interese xeral e de saúde pública.

Esta decisión foi tomada pola Corporación, sempre tendo en conta os criterios sanitarios e antepoñendo a saúde e a seguridade dos cidadáns, tratando de evitar riscos de contaxio en prevención do coronavirus.

Prégase o entendemento e a colaboración por parte de tod@s, agradecendo o comportamento exemplar da poboación do municipio.

Calendar

<< Mar 2022 >>
LMMXVSD
28 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3