• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

Obras de Mellora do entorno da Igrexa da Mezquita ( A Merca)

II Campaña Provincial de COMPOSTAXE DOMÉSTICA

Requisitos de participación

  • Ter a túa primeira residencia en calquera dos concellos da provincia de Ourense (agás Ourense cidade).
  • Non ter participado en campañas anteriores de fomento da compostaxe doméstica promovidas pola Deputación de Ourense.
  • Ter un mínimo de 50 m2 de horta ou xardín.
  • O teu compromiso de estar presente na túa casa durante as 2 visistas previstas nesta campaña. Na 1ª visita farémosche entrega do composteiro e un manual de uso.

Vantaxes por participar

  • Composteiro e asesoramento para usalo de balde.

  • Obterás un fertilizante de calidade sen apenas esforzo.

  • Contribuirás ao coidado do medio ambiente.

Para máis información poderá consultar o folleto:

Programa Atención Integral a mulleres e nenas da Merca e Taller de Saúde e Autoestima

Desde o Concello da Merca vaise levar a cabo o Programa de Atención Integral a mulleres e nenas da Merca financiado polo Fondo Social Europeo, totalmente gratuíto.

As persoas interesadas poderán inscribirse para recibir asesoramento xurídico, laboral e psicolóxico todos os martes de 10:00 h. a 14:00 h, sobre temas como a prevención da violencia, a autoestima, a mediación para a resolución de conflitos, o coñecemento dos dereitos, a disminución da ansiedade, etc.

Serán consultas individualizadas cunha avogada e unha psicóloga da RED TALENTO CONSULTORAS.

Para apuntarse poderán chamar ao teléfono 988 315 112 ou no email: igualdade@amerca.gal





TALLER DE SAÚDE E AUTOESTIMA PARA MULLERES E NENAS EN ENTRAMBOSRÍOS E ZARRACÓS (pinche no enlace para ver o cartel)

1º Roteiro Fotográfico Concello da Merca

A continuación exponse o proceso levado a cabo para a elección das fotografías finalistas e premiadas correspondentes ao 1º Roteiro Fotográfico do Concello da Merca:

Bases do Concurso Fotográfico

-Acta de Constitución do Tribunal do 1º Concurso Fotográfico do Concello da Merca

-Proposta do Tribunal Cualificador

-Resolución da Alcaldía

De acordo coa Resolución da Alcaldía baseada na Acta de Proposta do Tribunal cualificador do 1º Roteiro Fotográfico do Concello da Merca, procedeuse a elixir como fotografías premiadas as seguintes:

1º Premio
Cores na Peneda da Lebre
Autor: Aroa Pico Jácome
2º Premio
Hórreos da Merca
Autor: Marcos Bravo Conde
3º Premio
Canal do Ruca desde a Ruta da Broa antes de chegar Mirador da Airiña da Lera
Autor: Carlos Boo

PREGO DE BASES E CONDICIÓNS PARA ADMISIÓN E SELECCIÓN DE ARRENDATARIOS DE DÚAS VIVENDAS EN FONTAO

A Xunta de Goberno Local deste concello, con data 12 de Febreiro de 2021, aprobou o prego de bases e condicións para a admisión e selección de arrendatarios de dúas vivendas municipais no pobo de Fontao, o que se expón ao público durante 21 días hábiles, desde a súa publicación no BOP (18/03/2021) para presentación de solicitudes.

O obxecto do presente Prego é determinar as condicións que han de rexer a adxudicación en réxime de aluguer de varias vivendas municipais das seguintes características e localización: Vivendas municipais sitas en Fontao, que constan de Cociña americana con salón-comedor, un baño e un dormitorio.

Provisión en propiedade de cinco prazas, dúas de xestión administrativa e tres de oficios

1 Praza de especialidade profesional de administración xeral

1 Praza de xestión de medios informáticos – administrativos

1 Praza de Capataz de Obras

2 Prazas de Peón de Obras

Réxime: Laboral fixo

Sistema de selección: Concurso – Oposición Libre

As solicitudes para tomar parte na presente convocatoria dirixiranse ao Alcalde do Concello da Merca, de acordo co modelo do Anexo I das presentes bases. Coa solicitude deberase achegar:

·   Fotocopia cotexada do NIF, NIE ou, no seu caso, pasaporte.

· Xustificante do pago de dereito de exame segundo as bases da convocatoria.

·    Fotocopia cotexada da documentación á que fan referencia os apartados e) e e) da base 2ª, tendo en conta o establecido para o coñecemento da lingua galega.

·  A documentación achegada de méritos, debería presentarse en orixinais ou fotocopias validamente compulsadas e non se terán en conta aqueles que non queden debidamente acreditados.

·   Para os efectos de méritos profesionais deberá entregarse o informe de vida laboral xunto coa copia dos contratos.

Prazo e presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes, será de 20 días naturais a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado (data de publicación no BOE: 15/03/2021).

Os interesados en formar parte deste proceso selectivo, presentarán a súa instancia no modelo que aparece no Anexo I das presentes bases facendo constar que reúnen todos os requisitos sinalados nestas bases e dirixiranse ao Sr. Alcalde do Concello da Merca.

A presentación de solicitudes deberá efectuarse en días hábiles de luns a venres no Rexistro do Concello da Merca, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou en calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.  No caso de optar pola presentación noutro rexistro distinto ao do concello, é obrigatorio remitir, dentro do prazo de presentación de instancias, copia da solicitude vía correo electrónico: concello@amerca.gal.

Unha vez expirado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía ditará resolución no prazo máximo dun mes declarando aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos. Estas listas provisionais, xunto coa designación nominal do tribunal, serán expostas, en todo caso, no taboleiro de anuncios da Corporación, publicadas no BOP e na páxina web do Concello www.amerca.gal concedéndose un prazo de dez días hábiles para os efectos de reclamacións e corrección de deficiencias. Se as houbese, serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva, que se fará pública na mesma forma. Na mesma publicación (lista definitiva), farase constar o día, hora e lugar en que deberá constituírse o tribunal e no que deberá realizarse o exame previo de galego, e no caso de non proceder este exame para ningún dos aspirantes, o día, hora e lugar do primeiro exercicio de selección. En calquera dos casos, o chamamento para posteriores exercicios farase polo tribunal mediante a publicación no taboleiro de anuncios do concello e no taboleiro de anuncios da páxina web, con doce horas, polo menos de antelación ao comezo deste, se se trata do mesmo exercicio ou de vinte e catro horas se se trata dun novo .

Bases da convocatoria

Anexo I – Modelo de instancia en Galego

Anexo I – Modelo de instancia en Castellano

Presentación por sede electrónica

ANUNCIO LISTA PROVISIONAL Y TRIBUNAL (Publicado en B.O.P. de 28-4-2021) ESP

ANUNCIO LISTA PROVISIONAL Y TRIBUNAL_(Publicado en B.O.P. de 28-4-2021) GAL

ANUNCIO LISTA DEFINITIVA ASPIRANTES E DATA DAS PROBAS DE ACCESO (Publicado en B.O.P de 24-05-2021) GAL

ANUNCIO LISTA DEFINITIVA ASPIRANTES Y FECHA DE LAS PRUEBAS DE ACCESO (Publicado en B.O.P. de 24-05-2021) ESP

ANUNCIO RESULTADO PROBA LINGUA GALEGA (CAPATAZ E PEÓNS)

ANUNCIO RESULTADO BAREMACIÓN FASE CONCURSO (CAPATAZ)

ANUNCIO RESULTADO BAREMACIÓN FASE CONCURSO (PEÓN)

ANUNCIO BAREMACIÓN FASE CONCURSO (TECNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL)

ANUNCIO BAREMACIÓN FASE CONCURSO (SERVIZOS INFORMÁTICOS-ADMINISTRATIVOS)

ANUNCIO RESULTADO 1º EXAMEN E CONVOCATORIA DO 2º EXAMEN (TECNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL)

RECTIFICACIÓN DO ANUNCIO DO RESULTADO DE BAREMACIÓN FASE CONCURSO (CAPATAZ)

RECTIFICACIÓN DO ANUNCIO DO RESULTADO DE BAREMACIÓN FASE CONCURSO (PEÓN)

RECTIFICACIÓN DO ANUNCIO DO RESULTADO DE BAREMACIÓN FASE CONCURSO (TÉCNICO DA ADMINISTRACIÓN XERAL)

ANUNCIO RESULTADO 1º EXAME E CONVOCATORIA DO 2º EXAME (SERVIZOS INFORMÁTICOS-ADMINISTRATIVOS)

ANUNCIO RESULTADO 2º EXAME E CONVOCATORIA DO 3º EXAME (SERVIZOS INFORMÁTICOS-ADMINISTRATIVOS)

ANUNCIO RESULTADO 3º EXAME E VALORACIÓN FINAL (SERVIZOS INFORMÁTICOS-ADMINISTRATIVOS)

ANUNCIO RESULTADO 1º EXAME E CONVOCATORIA DO 2º EXAME (CAPATAZ)

ANUNCIO RESULTADO 1º EXAME E CONVOCATORIA DO 2º EXAME (PEÓN)

ANUNCIO RESULTADO 2º EXAME E CONVOCATORIA DO 3º EXAME (TÉCNICO DA ADMINISTRACIÓN XERAL)

ANUNCIO RESULTADO 3º EXAME E VALORACIÓN FINAL (TÉCNICO DA ADMINISTRACIÓN XERAL)

ANUNCIO RESULTADO 2º EXAME E VALORACIÓN FINAL (CAPATAZ)

ANUNCIO RESULTADO 2º EXAME E VALORACIÓN FINAL (PEÓN)

Campaña informativa sobre as medidas para tomar fronte ao COVID para realizar os trámites para obter o carné de conducir

Debido ás novas normas para a obtención do permiso de conducir, por parte de “Educación Vial”, comunícasenos que está a realizar unha campaña informativa sobre as medidas para tomar fronte ao COVID para realizar os trámites para obter o carné de conducir:

PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO PERMISO DE CONDUCIR 2021:

En España, o organismo encargado de expedir os permisos de conducir é a DXT.

Para poder conseguilo, os aspirantes deben superar un exame teórico e outro práctico que garante que teñen os coñecementos necesarios e así asegurar a seguridade dos demais transeúntes e condutores.

Para presentarse aos devanditos exames, débese solicitar realizar as probas e informarse sobre as medidas que debe adoptar fronte o COVID-19. Toda a informacion atópase na seguinte ligazón:

https://sede.dgt.gob.es/es/permisos-de-conducir/obtencion-renovacion-duplicados-permiso/permiso-conducir/

Para preparar o exame, pódense utilizar os manuais clásicos de circulación e para repasar o aprendido pódense realizar tests on-line gratuítos.

Calendar

<< Set 2022 >>
LMMXVSD
29 30 31 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 1 2