• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

56º Edición do Rallie de Ourense

56º Edición do Rallie de Ourense

Con motivo da celebración do 56º Rallie de Ourense – Recalvi, que terá lugar os días 16 e 17 de xuño de 2023, e tendo en conta que o noso Concello é un dos colaboradores con este evento, tendo un tramo cronometrado nas estradas que discurren dentro do noso termo municipal, achegámoslle información sobre o mesmo.

O cartel cos tramos cronometrados pode descargarse desde o enlace seguinte:
Tramos Cronometrados 8 e 11 no termo municipal da Merca

Enlace á páxina web oficial do rallie (pinche na imaxe que está máis abaixo):


Cesión de composteiros

O Concello da Merca en colaboración coa empresa SOGAMA, pón a disposición da cidadanía 40 composteiros para que poidan realizar compost nos seus domicilios.

As persoas que estean interesadas deberán solicitalo no Concello e asinar un compromiso de bo uso dos composteiros que se pode descargar aquí.

Pode consultar os seguintes manuais para levar a cabo a compostaxe:

Ou consultar o enlace:

https://www.sogama.gal/es/campanha/programa-de-compostaje-domestico

Contratación para infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos

O Instituto Enerxético de Galicia concedeu unha subvención ao Concello da Merca destinada á instalación dun punto de recarga eléctrica no municipio, dado que non existe ningún cargador de uso público na zona.


Unha vez contratado o proxecto técnico polo que se rexerá a instalación do punto de recarga para vehículos eléctricos, procédese a contratar as obras para acometer dita infraestrutura.

O proxecto técnico pode consultarse facendo click aquí.

Xornada Informativa “A Administración preto de ti”

Con motivo de achegar o funcionamento da administración electrónica á cidadanía e facer os certificados electrónicos e a clave permanente aos asistentes que o desexen, persoal da Subdelegación do Goberno desprazarase o vindeiro 19 de xaneiro de 2023 ás 12:30 horas á Casa do Concello da Merca para levar a cabo dita xornada.

*NOTA: Poderase obter “in situ” o certificado dixital e a clave permanente, acudindo co DNI en vigor, para a realización de trámites perante as administracións públicas.

BASES E CONVOCATORIA PARA ESTABILIZAR O EMPREGO TEMPORAL DO CONCELLO DA MERCA

1. O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Previamente publicaranse as bases íntegras no BOP e un anuncio da convocatoria no DOG (artigo 205 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia).

2. As solicitude poderanse presentar no Rexistro Xeral do Concello da Merca ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As modalidades de presentación serán as seguintes:

a) De forma presencial, mediante a presentación en papel da solicitude e da documentación anexa na oficina Rexistro do Concello da Merca ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) De forma telemática, a través do rexistro electrónico xeral da sede electrónica do Concello, na ligazón https://amerca.sedelectronica.gal. Nas solicitudes farase constar expresamente que a persoa aspirante reúne todas e cada unha das condicións esixidas, referidas á data de expiración do prazo de presentación.

3. Documentación administrativa para a admisión aos procesos:

a) Modelo normalizado de solicitude que se inclúe nestas bases (anexo I) e que estará dispoñible no portal web corporativo do Concello da Merca, www.amerca.gal.

b) Copia da titulación esixible na cláusula primeira das presentes bases para a praza que se presenta.

c) Xustificante de pago da taxa de participación no proceso selectivo. O pago realizarase mediante ingreso do importe na conta do Concello núm. ES4720805316123110004081.

d) Copia do diploma ou certificado, que acredite o grao de coñecemento do idioma galego do nivel Celga3. No caso de non presentar esta documentación, a persoa interesada deberá realizar unha proba de coñecemento de lingua galega na forma establecida na base cuarta.1.g).

4. Documentación para a valoración do concurso:

a) Certificación expedida pola administración competente dos servizos prestados para o caso de experiencia laboral en administracións públicas.

b) Informe da vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

c) Contratos de traballo para o caso de que se aleguen servizos prestados por conta allea en empresas do sector público na mesma ou análoga categoría para a que se presenta a solicitude

d) Diplomas ou certificados do cursos que se aleguen como mérito para a súa valoración Os méritos admisibles e avaliables serán unicamente os causados ata a data da presentación de solicitudes.

3. A esixencia da documentación recollida neste apartado motívase pola imposibilidade material, no momento actual, de obtelos datos correspondentes nas plataformas de intermediación de datos e redes corporativas das administracións públicas.

4. Non obstante o anterior, non será necesario achegar a documentación sinalada no apartado anterior que xa conste en poder do Concello da Merca. Deberase indicar esta situación na solicitude, facendo constar a data e o procedemento no que foron achegados.

5. Cando as persoas solicitantes presenten en papel a solicitude e a documentación anexa, deberán presentala na oficina de rexistro do Concello ou de calquera outra entidade do sector público ás que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como en representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España. A oficina dixitalizará os documentos e emitirá unha copia electrónica auténtica destes, que se remitirá á unidade administrativa competente pola propia oficina. Os documentos en papel presentados devolveranse no acto ás persoas solicitantes, en unión dun recibo acreditativo da presentación da solicitude e a documentación anexa.

7. A documentación deberá presentarse sen grampar nin encadernar, en follas soltas e ordenadas, para facilitar a súa correcta dixitalización.

8. Cando as persoas solicitantes opten pola presentación telemática no rexistro electrónico do Concello, deberán acceder ao rexistro na sede electrónica do Concello e proceder do seguinte xeito:

a) En primeiro lugar, deberán cubrir a solicitude (anexo I) que estará dispoñible na web do Concello, e a continuación descargala e gardala no seu dispositivo electrónico, para logo anexala no rexistro electrónico.

b) En segundo lugar, deberán dixitalizar e incorporar á solicitude o resto de documentación esixible.

c) Unha vez incorporada a solicitude, procederán a asinala electronicamente e a enviala, xerándose automaticamente o recibo acreditativo da súa presentación. A sinatura electrónica deberá realizarse mediante os sistemas de sinatura electrónica previstos no artigo 10.1, apartado a), da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

10. Para calquera consulta ou dúbida poderá contactar co Servizo de Recursos Humanos, no teléfono 988 260 000, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas

11. De cara a axilizar a formación das listas provisionais de persoas admitidas e excluídas, recoméndase que as persoas solicitantes que presenten a súa solicitude en rexistros diferentes ao do Concello ou a través de correo postal, adianten unha copia da solicitude co selo do rexistro de procedencia ou, no seu caso, co selo coa data de presentación en Correos a través do correo electrónico concello@amerca.gal dentro do prazo establecido para a presentación de instancias.

Actividades de Nadal

Durante o tempo de Nadal vanse levar a cabo actividades de ocio para os nen@s, así como xogos, talleres e atraccións no pavillón polideportivo do Concello da Merca.

Desde o día 23 de decembro de 2022 ao 8 de xaneiro de 2023 poderán acudir tod@s @s nen@s que o desexen.

Os horarios son os seguintes:

DíasHorario
23, 24, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 2, 3, 4, 5De 9:00 a 14:00 horas
23, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 2, 3, 4, 7, 8De 16:00 a 20:30 horas
24, 31, 6De 16:30 a 20:00 horas

Tamén hai a posibilidade de ludoteca durante tódalas mañás. O prezo neste caso serían 35€

A entrada libre por nen@ serían 3€ e por adulto 1€.

Para máis información, poderase consultar o cartel que aparece a continuación, e no teléfono 671 485 484:

MELLORA DE CAMIÑOS AGRÍCOLAS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS 2022 – 2023

O Concello de A Merca, con cargo a unha subvención da Consellería de Medio Ambiente para mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrícolas 2022 – 2023, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), procedeu ao asfaltado de varios camiños en Parderrubias, As Pías e Solveira.

O custe total da obra, ascendeu a 56.430,03 €.

Situación en Parderrubias antes do arranxo
Situación en Parderrubias despois do arranxo
Situación nas Pías antes do arranxo
Situación nas Pías despois do arranxo
Situación en Solbeira antes do arranxo
Situación en Solbeira despois do arranxo

Calendar

<< Ago 2020 >>
LMMXVSD
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31 1 2 3 4 5 6