• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

2º Roteiro Fotográfico do Concello da Merca

2º Roteiro Fotográfico do Concello da Merca

Un ano máis vai ter lugar o 2º Roteiro Fotográfico do Concello da Merca, cuxas bases se poden consultar a continuación ou premendo no cartel que se mostra máis abaixo:

BASES DO CONCURSO FOTOGRÁFICO

1.- PERSOAS PARTICIPANTES

Poderán participar todas as persoas que o desexen sempre que sexan maiores de idade, ou de ser menores de idade, acheguen unha autorización asinada polos seus pais/nais ou titores/as.

Non poderán participar as persoas membros da Corporación nin os/as empregados/as municipais.

2.- TEMÁTICA

As imaxes presentadas deben de ter por temática calquera aspecto relacionado co Concello da Merca (costumes, paisaxe, patrimonio, tradicións, festas …). e deben ser inéditas. Deberase identificar claramente algún elemento que permita recoñecer o Concello da Merca na fotografía.

Todas as fotos deben de acompañarse dunha breve explicación da súa localización e do que representan.

3.- PRAZO DE ENTREGA

As imaxes poderán presentarse do 15 de xullo a 31 de outubro de 2022.

A entrega das fotografías pode facerse tanto en papel como en formato dixital e cun límite máximo de 3 fotografías.

Cando faga a súa entrega deberá indicar os seus datos persoais (nome, apelidos, DNI, enderezo e, no seu caso, autorización dos pais/nais ou titores/as ou persoas fotografadas) e da forma de contacto (teléfono e enderezo electrónico).

As fotografías poden entregarse:

–     No rexistro xeral do Concello da Merca nun sobre pechado indicando ‘II Concurso fotográfico Calendario Concello da Merca 2023’

–   Enviando un correo electrónico ao enderezo concello@amerca.gal

4.- SELECCIÓN DAS OBRAS

Un xurado nomeado pola Alcaldía seleccionará as 10 fotografías finalistas de entre as cales elixirá as 3 premiadas. O xurado será o encargado de decidir cantas delas serán as imaxes do calendario 2023 do Concello da Merca, tendo a primeira garantida a súa publicación.

O xurado poderá declarar deserto algún dos premios.

Ningunha persoa participante poderá ser premiada por máis dunha fotografía que presente ao concurso.

5.- PREMIOS

  • 1º Premio: Fotografía no calendario do Concello da Merca 2023 – Fin de Semana de Turismo Rural para dúas persoas
  • 2º Premio: Día Gastronómico / Balneario para dúas persoas
  • 3º Premio: Cesta de produtos autóctonos con denominación de orixe

6.- OBXECTIVO E PUBLICACIÓN DAS FOTOGRAFÍAS

O obxectivo é elixir a/as imaxe/s para o calendario 2023 do Concello da Merca. Ademais todas as fotografías que se presenten ao concurso poderán ser empregadas para exposicións culturais que organice o Concello da Merca.

7.- DEREITOS SOBRE AS FOTOGRAFÍAS

A participación no concurso leva á cesión en exclusiva dos dereitos de explotación necesarios por aplicación da Lei de Propiedade Intelectual, a favor da organización, por parte das persoas concursantes.

Para presentar unha imaxe que conteña a imaxe dunha persoa, a persoa fotografada debera haber outorgado seu consentimento expreso e inequívoco para tal finalidade ao fotografo, consentimento que debera achegar xunto coa fotografía.

A participación neste concurso implica a total aceptación destas bases. As persoas participantes serán plenamente responsables de que non existan dereitos de terceiros das obras presentadas, así como de toda reclamación sobre posibles dereitos de imaxe.

Elección de xuíz de paz substituto

Actualmente está vacante o cargo de Xuíz de Paz substituto.

Corresponde ao Pleno do Concello elixir as persoas para ser nomeadas Xuíz de Paz, substituto deste Municipio, de conformidade ao que dispoñen os artigos 101 e 102 da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial e artigo 4 e 5.1 do Regulamento 3/1995, de 7 de xuño, dos Xuíces de Paz.

Polo tanto, ábrese un prazo de 15 días hábiles para que as persoas que estean interesadas, e reúnan as condicións legais solicíteno por escrito dirixido a esta Alcaldía.

As solicitudes presentaranse no Rexistro de entrada deste Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

O modelo de instancia atópase a disposición dos interesados nas dependencias municipais da Corporación onde poderán ser presentadas dentro do prazo establecido.

Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello:

[http://amerca.sedelectronica.gal], e no enlace que se indica máis abaixo.

Na Secretaría do Concello pode ser examinado o expediente e solicitar a información que se precise en canto a requisitos, duración do cargo, etc.

No caso de non presentarse solicitudes, o Pleno da Corporación elixirá libremente, de acordo co previsto no artigo 101.1 da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial e o artigo 4 e 6 do Regulamento 3/1995, de 7 de xuño, dos Xuíces de Paz, comunicando o Acordo ao Xulgado de Primeira Instancia do partido.

Actividades de verán 2022

Con motivo da época estival para a tempada 2022, publícanse as actividades dispoñibles para nen@s, organizadas pola Mancomunidade Terra de Celanova.

Pinchando en cada unha das imaxes, poderá acceder a máis información sobre cada actividade*.

*NOTA: As persoas que o desexen, poderán inscribirse no Concello da Merca ata completar o límite de prazas de 20 nen@s desde o 8 ao 22 de xuño de 2022, con idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos.



Programa de Empregabilidade 2022

APROBACIÓN BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN CON CARÁCTER DE LABORAL TEMPORAL A XORNADA COMPLETA, DE 3 TRABALLADOR/A (PEÓNS E AUXILIAR) PARA A REALIZACIÓN/PRESTACIÓN DE OBRAS/SERVIZO DENOMINADO “SILVICULTURA PREVENTIVA EN VÍAS, CAMIÑOS E OUTRAS SUPERFICIES FORESTAIS DE TITULARIDADE MUNICIPAL, “RECUPERACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS URBANOS” e “AUXILIAR DE ARQUIVOS”.

Visto que resulta necesario proceder á selección e posterior  contratación de 3 traballador/a (peóns e auxiliar), con carácter de laboral temporal, durante 6 e 3 meses, para a constitución dunha brigada con destino á realización/prestación de obras /servizo denominado “SILVICULTURA PREVENTIVA EN VÍAS, CAMIÑOS E OUTRAS SUPERFICIES FORESTAIS DE TITULARIDADE MUNICIPAL”, “RECUPERACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS URBANOS” e “AUXILIAR DE ARQUIVOS”,  mediante o sistema de concurso.

Visto  que estas contratacións están destinadas a cubrir o servizo esencial, de carácter urxente,  no caso do “SILVICULTURA PREVENTIVA EN VÍAS, CAMIÑOS E OUTRAS SUPERFICIES FORESTAIS DE TITULARIDADE MUNICIPAL”, “RECUPERACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS URBANOS” e “AUXILIAR DE ARQUIVOS” que realizarán obras de mantemento e de infraestruturas básicas, dado que o Concello carece de persoal para iso.

1.- Apróbanse as bases reguladoras sobre os requisitos que deben de reunir os aspirantes, méritos a ter en conta, para a selección e posterior contratación de 3 traballadores/as (peóns e auxiliar) que integrarán a brigada de ” SILVICULTURA PREVENTIVA EN VÍAS, CAMIÑOS E OUTRAS SUPERFICIES FORESTAIS DE TITULARIDADE MUNICIPAL”, “RECUPERACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS URBANOS” e “AUXILIAR DE ARQUIVOS”, en réxime de persoal laboral, a xornada completa, mediante o sistema de concurso.

2.- Publícase un extracto das bases no taboleiro de anuncios do Concello, a efectos de reclamacións. Consultar aquí.

3.- Formúlase oferta pública de emprego ante o Servizo Galego de Colocación para contratación laboral temporal a tempo completo de TRES traballadores/as para a obra/servizo “SILVICULTURA PREVENTIVA EN VÍAS, CAMIÑOS E OUTRAS SUPERFICIES FORESTAIS DE TITULARIDADE MUNICIPAL”, “RECUPERACIÓN DE ESPAZOS PÚBLICOS URBANOS” e “AUXILIAR DE ARQUIVOS”

Modelo Anexo I

Decreto de aprobación de listado de admitidos/excluídos, nomeamento do tribunal e data e hora da entrevista

Anuncio da puntuación para Peón de Xardinería

Anuncio da puntuación para Peón de Obra Pública

Anuncio da puntuación para Auxiliar Administrativo

Consumo responsable da auga de abastecemento

Vista a escaseza de choivas rexistrada na demarcación hidrográfica do Miño – Sil nos últimos meses, e ante a previsión de que se manteña a carencia de precipitacións nas vindeiras semanas, e co fin de regular e garantir, no posible, o abastecemento de auga domiciliaria, para que tódolos usuarios poidan aproveitarse do mesmo coa maior eficacia e o mínimo de restricións, queda terminantemente prohibido o consumo de auga da traída en fins distintos ós domésticos, non podendo usarse para o regado de xardíns, enchido o mantemento de piscinas ou estanques, etc.
Polo tanto, si se comprobase que algún veciño, emprega auga da traída para usos non autorizados, esta Alcaldía, veríase obrigada a esixirlles as máximas responsabilidades, sancionándolles con toda severidade e decretando, asemade, o corte do subministro da auga.

O que se lle comunica para o seu coñecemento e
cumprimento.

Bando do consumo responsable da auga de abastecemento.

II Campaña Provincial de COMPOSTAXE DOMÉSTICA

Requisitos de participación

  • Ter a túa primeira residencia en calquera dos concellos da provincia de Ourense (agás Ourense cidade).
  • Non ter participado en campañas anteriores de fomento da compostaxe doméstica promovidas pola Deputación de Ourense.
  • Ter un mínimo de 50 m2 de horta ou xardín.
  • O teu compromiso de estar presente na túa casa durante as 2 visistas previstas nesta campaña. Na 1ª visita farémosche entrega do composteiro e un manual de uso.

Vantaxes por participar

  • Composteiro e asesoramento para usalo de balde.

  • Obterás un fertilizante de calidade sen apenas esforzo.

  • Contribuirás ao coidado do medio ambiente.

Para máis información poderá consultar o folleto:

Calendar

<< Mar 2023 >>
LMMXVSD
27 28 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2