• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

Urbanizacion Atrio Igrexa Entrambosríos

Urbanizacion Atrio Igrexa Entrambosríos

O Concello de A Merca, asina un convenio de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, para a realización das obras de “Urbanización do atrio da Igrexa do Carme en Entrambosrios”

As obras contan cun orzamento de 60.416,86 €, destinada principalmente á demolición das superficies de formigón e á recuperación de muros, valados e drenaxes.

 

USO RESPONSABLE DA AUGA NO VERÁN

O CONCELLO RECORDA AOS CIDADÁNS SOBRE O USO RESPONSABLE DA AUGA EN VERÁN:

Coa chegada do verán, o Alcalde de A Merca emitiu un Bando Municipal recordando aos cidadáns sobre o uso responsable da auga potable que consumimos, e que utilicen xuiciosamente os servizos de abastecemento de auga público, que como se sabe, teñen  que ser destinados ao uso común, dada a súa escaseza e maior demanda que en outras épocas do ano.

O Bando da Alcaldía recomenda a todos os veciños/as do termo municipal, e tamén aos veraneantes e visitantes, que poñan máximo coidado no emprego da auga, e non a destinen ao enchido de piscinas e rego de xardíns.

 

 

APERTURA PISCINA MUNICIPAL

Dende o día 1 de Xullo e o 31 de Agosto, permanecerá aberta a piscina deste termo municipal.

O horario de apertura será de 12:00 a 21:00 h.

Prezos da entrada:

Gratuito para nenos ata 12 anos,

1,00 € para Xuvenís (de 13 a 25 anos)

2,00 € para adultos (+25 anos).

Nembargantes, poderáse realizar varios tipos de bonos:

Empadroados:

Por mes:

Xunenís: 10,00 €

Adultos: 22,00 €

Por tempada:

Xunenís: 20,00 €

Adultos: 40,00 €

Non empadroados:

Por mes:

Xunenís: 15,00 €

Adultos: 33,00 €

Por tempada:

Xunenís: 30,00 €

Adultos: 60,00 €

Familiar:

Empadroados: 45,00 €

Non empadroados: 67,50 €

diving-40758_960_720

Modelo de solicitude de bonos

CONTRATACION PERSOAL INCENDIOS FORESTAIS (PREVENCIÓN E DEFENSA)

COTRATACIÓN PERSOAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO PARA PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

Mediante Resolución da Alcaldía con data 29 de xuño de 2016, do Concello de A Merca, convócase 1 praza de capataz de incendios forestais, 1 praza de peón-conductor de incendios forestais e 3 praza de peóns forestais, en réxime laboral temporal polo sistema de concurso.

O prazo de presentación de solicitudes será de sete días naturais contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (descargar BOP, data publicación 05/07/2016). Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro de edictos do Concello. A duración do contrato será de tres meses, en réxime de persoal laboral temporal, de luns a domingo, e cunha retribución bruta de 942,86 € ao mes para o capataz e 771,43 € ao mes para o peón-conductor e peóns forestais.

Bases para a contratación

Anexo I (Modelo de solicitude)

Anexo II (Declaración de non incompatibilidade)

Publicación da lista de admitidos

Resultados fase concurso

Resolución contratación persoal incendios

CONVOCATORIA SUBVENCION ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, CULTURAIS E DEPORTIVAS

Mediante Resolución da Alcaldía con data 30 de xuño de 2016, do Concello de A Merca, convócase a concesión de subvencións para asociacións de veciños, culturais e deportivas de A Merca, consistentes en axudas económicas para mantemento de servizos veciñais, desenvolvemento de actividades, cursos, etc.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (descargar BOP, data de publicación 05/07/2016). Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro de edictos do Concello.

Bases da subvención

Anexo I (Modelo de solicitude)

 

LICITACIÓN BAR – PISCINA MUNICIPAL DE A MERCA

Por acordo da Xunta de Goberno Local de data 26 de maio de 2016, anúnciase a licitación do contrato de prestación de servizos de bar na piscina municipal da Merca para a tempada estival de 2016.

  1. Entidade adxudicadora: Datos xerais e datos para a obtención da información:
    1. Organismo e dependencia: Concello da Merca, Secretaria Xeral
    2. Obtención de documentación e información:
      • Concello da Merca, Domicilio: Estrada de Celanova, nº 3, C/P 32830
      • Teléfono: 988260000, telefax: 988260176
      • Correo electrónico: concello@amerca.es
      • Perfil con tratante: www.amerca.gal
      • Data límite de obtención de documentación e información: Día anterior ao de finalización do prazo de presentación de ofertas.
  1. Obxecto do contrato:
    1. Tipo: Servizo do bar da piscina municipal, verán 2016.
    2. Lugar de execución:
      • Domicilio: Piscina municipal. A Merca, 32830
    3. Prazo de execución: 2 meses prorrogables
  1. Tramitación e procedemento:
    1. Tramitación: urxente, simplificada.
    2. Procedemento, criterio: Aberto, único.
  1. Valor estimado do contrato:1.200,00 euros.
  1. Orzamento base de licitación: Importe neto, 1.200.00 euros. IVE (21%), 252 euros. Importe total, 1.452.00 euros.
  • Garantías esixidas:
    • Provisional: Non se esixe.
    • Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído IVE.
  1. Requisitos específicos do contratista:
    1. Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): Non.
    2. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: Segundo o determinado en prego de condicións.
  1. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
    1. Data límite de presentación: A partir da publicación do anuncio no BOP de Ourense e ata o día 13 de xuño ás 14 h.
    2. Lugar de presentación:
      • Dependencia: Concello da Merca.
      • Domicilio: Ctra. de Celanova, nº 3. Cp 32830
    3. Admisión de variantes, se procede: Non.
  1. Apertura de ofertas:
    1. Descrición: Sobre “A” e sobre “B”.
    2. Dirección: Casa Consistorial
    3. Localidade e código postal: A Merca, 32830.
    4. Data e hora: terceiro día hábil a partir do seguinte ao da finalización do prazo de presentación de ofertas.

Pliego de condicións

Auditoría Enerxética

O Concello de A Merca, adxudicou á empresa TECXIA, S.L., unha auditoría enerxética do alumeado público, edificios e demais servizos municipais.

O obxecto do contrato, é:

       Xeolocalización dos contadores

       Revisión da potencia instalada e a súa adecuación ao servizo prestado

       Proposta de aforro enerxético tras a avaliación efectuada.

O importe da adxudicación do mencionado servizo, ascendeu a 6.292,00 € (IVE incluído).

 

 

Resultados 25 Carreira Popular A Merca

O día 17 Abril 2016 celebrouse a 25 edición da Carreira Popular de A Merca

Os gañadores da Carreira absoluta foron:

Masculino: Luis Iglesias Raña, cun tempo de 00:34:30

Feminimo: Sonia Teijeiro Ferro, cun tempo de 00:41:07

13015371_1581779598803704_5306106477834244038_n

 

Os Resultados da carreira foron:

Resultados Carreira absoluta

Resultados Carreira menores

Os trofeos por categorias da Carreira correspondéronlle a:

Trofeos por categorías absoluta

Trofeos por categorías menores

Calendar

<< Dec 2021 >>
LMMXVSD
29 30 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2