Festa da Castaña 2016
O vindeiro día 11 de Novembro, ás 20:30 h, o Concello de A Merca, celebrará unha edición máis da Festa da Castaña.
O festexo realizarase no Pavillón Municipal de A Merca.
O vindeiro día 11 de Novembro, ás 20:30 h, o Concello de A Merca, celebrará unha edición máis da Festa da Castaña.
O festexo realizarase no Pavillón Municipal de A Merca.
O vindeiro día 30 de Outubro, celebrarase a 7ª Andaina do Concello de A Merca.
Inscrición 5.00 € (Poderase realizar, ata o venres día 28 de Outubro ás 13:00h. Tamén poderán incribirse o día do evento ata medio hora antes do seu inicio)
A ruta de 18 Km., discorrera por parte do “Roteiro da Broa”, con saída e chegada no Local social de Rubillós, pasando polas poboacións de Entrambosríos, Salpurido, Covas, Ponte Hermida, Fontao, Xen de Arriba e Olás.
A proba contará con dous avituallamentos no percorrido e pincho ao final.
INSCRICIÓN ONLINE: Pechada.
Poderá vostede inscribirse o mesmo día da Andaina, media hora antes do seu comezo aproximadamente.
O día 2 de Outubro, celebrarase a 7ª edicion da “Parroira-Bike” que reunirá a un nutrido número de bikes que realizarán un fermoso roteiro de 45 Km., que partirá as 8:30 do pavillón municipal.
Máis información na páxina de información e inscripción da proba.
O Concello de A Merca, asina un convenio de colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, para a realización das obras de “Urbanización do atrio da Igrexa do Carme en Entrambosrios”
As obras contan cun orzamento de 60.416,86 €, destinada principalmente á demolición das superficies de formigón e á recuperación de muros, valados e drenaxes.
Coa chegada do verán, o Alcalde de A Merca emitiu un Bando Municipal recordando aos cidadáns sobre o uso responsable da auga potable que consumimos, e que utilicen xuiciosamente os servizos de abastecemento de auga público, que como se sabe, teñen que ser destinados ao uso común, dada a súa escaseza e maior demanda que en outras épocas do ano.
O Bando da Alcaldía recomenda a todos os veciños/as do termo municipal, e tamén aos veraneantes e visitantes, que poñan máximo coidado no emprego da auga, e non a destinen ao enchido de piscinas e rego de xardíns.
Dende o día 1 de Xullo e o 31 de Agosto, permanecerá aberta a piscina deste termo municipal.
O horario de apertura será de 12:00 a 21:00 h.
Prezos da entrada:
Gratuito para nenos ata 12 anos,
1,00 € para Xuvenís (de 13 a 25 anos)
2,00 € para adultos (+25 anos).
Nembargantes, poderáse realizar varios tipos de bonos:
Empadroados:
Por mes:
Xunenís: 10,00 €
Adultos: 22,00 €
Por tempada:
Xunenís: 20,00 €
Adultos: 40,00 €
Non empadroados:
Por mes:
Xunenís: 15,00 €
Adultos: 33,00 €
Por tempada:
Xunenís: 30,00 €
Adultos: 60,00 €
Familiar:
Empadroados: 45,00 €
Non empadroados: 67,50 €
COTRATACIÓN PERSOAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO PARA PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS
Mediante Resolución da Alcaldía con data 29 de xuño de 2016, do Concello de A Merca, convócase 1 praza de capataz de incendios forestais, 1 praza de peón-conductor de incendios forestais e 3 praza de peóns forestais, en réxime laboral temporal polo sistema de concurso.
O prazo de presentación de solicitudes será de sete días naturais contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (descargar BOP, data publicación 05/07/2016). Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro de edictos do Concello. A duración do contrato será de tres meses, en réxime de persoal laboral temporal, de luns a domingo, e cunha retribución bruta de 942,86 € ao mes para o capataz e 771,43 € ao mes para o peón-conductor e peóns forestais.
Anexo I (Modelo de solicitude)
Anexo II (Declaración de non incompatibilidade)
Mediante Resolución da Alcaldía con data 30 de xuño de 2016, do Concello de A Merca, convócase a concesión de subvencións para asociacións de veciños, culturais e deportivas de A Merca, consistentes en axudas económicas para mantemento de servizos veciñais, desenvolvemento de actividades, cursos, etc.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (descargar BOP, data de publicación 05/07/2016). Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro de edictos do Concello.
Anexo I (Modelo de solicitude)
Por acordo da Xunta de Goberno Local de data 26 de maio de 2016, anúnciase a licitación do contrato de prestación de servizos de bar na piscina municipal da Merca para a tempada estival de 2016.