• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

Carreira Popular de A Merca 2016

Carreira Popular de A Merca 2016

INFORMACIÓN

17 Abril 2016 Carreira Popular de A Merca

O prezo de inscrición será na carreira absoluta de 4,00 € para corredores que posúan chip e 5,00 € para corredores que teñan que alugar o chip. As inscricións nas carreiras de menores e pitufos e gratuíta para todos os corredores.

A saída da Carreira Absoluta darase no Pavillón Municipal ás 11.00 horas. A de menores terá saída as 10:15 horas. A carreira dos pitufos, farase entre o final da carreira de menores e o inicio da absoluta A liña de meta estará situada en mesmo lugar.

O percorrido será de 10.000 m para a absoluta, 3.000 m. para os menores e 150 m. para os cativos e discorrerá polas rutas sinaladas en planos adxuntos.

Dercargar Reglamento

Inscripción: Championchip Norte

SEGUE A LEBRE

carreira-2016
 

 

Obras de mellora do pavillón polideportivo

O Concello de A Merca, con cargo ao Plan Provincial do ano, procederá a acometer as obras de mellora do Pavillón Polideportivo do municipio. Dita obra conta cun orzamento de 52.500,00 €.

Ditas obras consistirán no illamento de vestiarios e ximnasio de musculación, calefactar vestiarios e ximnasio, cambio de alumeado, canastras e reparación de deterioros sufridos co paso do tempo dende a súa apertura.

Mellora da rede viaria local

A Deputación Provincial de Ourense, adxudicou as obras de Mellora da Rede Local en A Merca, cun orzamento de 59.462,57 €.

Dita obra realizarase na estrada OU-0202 que une A Manchica e A Merca, e é a primeira fase dun proxecto presentado polo Concello que pretende humanizar dita estrada, que na actualidade é a principal vía de acceso ao municipio.

Estas obras mellorarán o tránsito diario con beirarrúas que ao non existir nalgún tramo, o viandante víase na obriga de transitar pola propia vía.redeviaria1

Calendar

<< Xan 2022 >>
LMMXVSD
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31 1 2 3 4 5 6