• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

Datos Covid-19 no Concello da Merca

XI Andaina A Merca 2021

O día 17 de Outubro, celebrarase a XI Andaina do Concello da Merca.

Inscrición 5.00 € (Poderase realizar, a través do formulario seguinte, ata o venres día 16 de Outubro ás 13:00h. Tamén poderán incribirse o día do evento ata media hora antes do seu inicio)

A ruta de 16 Km., discorrerá por parte do “Roteiro da Broa”, con saída ás 9:00 h e chegada no Local social de Rubillós,  pasando polas poboacións de Entrambosríos, Salpurido, Covas, Ponte Hermida, Fontao, Xen de Arriba e Olás.

A proba conta con avituallamento no percorrido e pincho ao final.

II Campaña Provincial de COMPOSTAXE DOMÉSTICA

Requisitos de participación

  • Ter a túa primeira residencia en calquera dos concellos da provincia de Ourense (agás Ourense cidade).
  • Non ter participado en campañas anteriores de fomento da compostaxe doméstica promovidas pola Deputación de Ourense.
  • Ter un mínimo de 50 m2 de horta ou xardín.
  • O teu compromiso de estar presente na túa casa durante as 2 visistas previstas nesta campaña. Na 1ª visita farémosche entrega do composteiro e un manual de uso.

Vantaxes por participar

  • Composteiro e asesoramento para usalo de balde.

  • Obterás un fertilizante de calidade sen apenas esforzo.

  • Contribuirás ao coidado do medio ambiente.

Para máis información poderá consultar o folleto:

Programa Atención Integral a mulleres e nenas da Merca e Taller de Saúde e Autoestima

Desde o Concello da Merca vaise levar a cabo o Programa de Atención Integral a mulleres e nenas da Merca financiado polo Fondo Social Europeo, totalmente gratuíto.

As persoas interesadas poderán inscribirse para recibir asesoramento xurídico, laboral e psicolóxico todos os martes de 10:00 h. a 14:00 h, sobre temas como a prevención da violencia, a autoestima, a mediación para a resolución de conflitos, o coñecemento dos dereitos, a disminución da ansiedade, etc.

Serán consultas individualizadas cunha avogada e unha psicóloga da RED TALENTO CONSULTORAS.

Para apuntarse poderán chamar ao teléfono 988 315 112 ou no email: igualdade@amerca.gal





TALLER DE SAÚDE E AUTOESTIMA PARA MULLERES E NENAS EN ENTRAMBOSRÍOS E ZARRACÓS (pinche no enlace para ver o cartel)

PISCINA MUNICIPAL 2021

Dende o día 25 de Xuño ata o día 11 de Setembro, permanecerá aberta a piscina deste termo municipal.

Non será necesario solicitar cita previa para poder acceder.

O horario de apertura será de 12:00 a 21:00 h.

Por motivos COVID,

Prezos da entrada:

Gratuito para nenos ata 12 anos

1,00 € para Xuvenís (de 13 a 25 anos)

2,00 € para adultos (+25 anos)

Nembargantes, poderáse realizar varios tipos de bonos:

Empadroados:

Por mes:

Xunenís: 10,00 €

Adultos: 22,00 €

Por tempada:

Xunenís: 20,00 €

Adultos: 40,00 €

Non empadroados:

Por mes:

Xunenís: 15,00 €

Adultos: 33,00 €

Por tempada:

Xunenís: 30,00 €

Adultos: 60,00 €

Familiar:

Empadroados: 45,00 €

Non empadroados: 67,50 €

diving-40758_960_720

Modelo de Solicitude

Actividades de verán 2021

Con motivo da época estival para a tempada 2021, publícanse as actividades dispoñibles para adultos e nen@s, organizadas pola Mancomunidade Terra de Celanova.

Pinchando en cada unha das imaxes, poderá acceder a máis información sobre cada actividade*.

*NOTA: Debido á mellora da situación COVID no Concello da Merca, procédese a retomar as actividades de manualidades que nun principio estaban suspendidas, comezando as mesmas o luns, día 5 de xullo de 2021 no Pavillón de deportes da Merca.
As persoas que o desexen, poderán inscribirse ata completar o límite de prazas de 20 nen@s.



Calendar

<< Nov 2021 >>
LMMXVSD
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5