• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

Subvención da Xunta de Galicia destinado a Asociacións Veciñais, Asociacións de mulleres rurais…

Subvención da Xunta de Galicia destinado a Asociacións Veciñais, Asociacións de mulleres rurais…

No Diario Oficial de Galicia de data 29 de xaneiro de 2024, saiu publicada a orde que regula as subvencións en réxime de concorrencia competitiva dentro do plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asocicacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia, así como un extracto da mesma.

Os enlaces á orde e ao extracto da mesma aparecen máis abaixo:

O procedemento da Xunta de Galicia para a súa tramitación é o seguinte:

PR487A – Subvenciones en régimen de concurrencia competitiva dentro del plan específico de acción comunitaria destinado a asociaciones vecinales, confederaciones, federaciones o uniones de asociaciones de vecinos, comunidades de usuarios de aguas y asociaciones de mujeres rurales de Galicia.

CONCILIA DE NADAL

De 9:30h. a 13:30h.

Os días 22, 26, 27, 28 e 29 de Decembro e 2, 3, 4 e 5 de Xaneiro os nenos e as nenas do Concello da Merca poderán disfrutar de actividades no polideportivo municipal:

Xogos

Talleres

Talleres deportivos

Bailes e música

Inchables

Terán prioridade os nenos e nenas do Concello, con un aforo máximo de 75 nenos/as cada mañá.

Desde o luns 18 de decembro, os pais e as nais poden cubrir o formulario cos datos dos seus fill@s no Concello, e recoller o carné para asistir ás actividades.

Podes descargar a inscrición AQUI

MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS MUNICIPAIS 2023 – 2024

O Concello de A Merca, en base á Resolución do 28 de febreiro de 2023 da directora xeral de AGADER pola que se aproba o Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, procedeu á Mellora do acceso a Souto en Froxás das Viñas.

Cartel da obra:

Fotografías da situación anterior ás obras de mellora e fotografías das situación posterior:

Camiñas con nós?

Camiño San Rosendo e Rainha Santa

Un ciclo de conferencias sobre o Camiño da man do escritor e investigador Manuel Rivero.

Celanova: 17/11/23 ás 19:00 na sala dos Arcos

Lobios: 18/11/23 ás 12:00 no multiusos

Lobeira: 24/11/23 ás 19:30 na porta do parque

A Merca: 25/11/23 ás 12:00 no Concello

Muiños: 01/12/23 ás 19:30 na Casa da Cultura

Verea: 02/12/23 ás 16:30 na Casa da Cultura

Bande: 03/12/23 ás 12:00 na Biblioteca Municipal

Non deixes que cho conten, acude!

XIII Andaina A Merca 2023

O día 8 de Outubro, celebrarase a XIII Andaina do Concello da Merca.

Inscrición 5.00* € (Poderase realizar, a través do formulario seguinte, ata o venres día 6 de Outubro ás 13:00h. Tamén poderán inscribirse o día do evento ata media hora antes do seu inicio

A ruta de 15 Km., terá a saída ás 9:00 no local social de Rubillós, e discorrerá por a canle do Ruca, A Broa, A Airiña e Poldras do Euxenio. Para acabar no mesmo sitio de partida

A proba conta con avituallamento no percorrido e pincho ao final.

Pincha aquí para ver o cartel.

A inscrición por Internet está pechada. Poden inscribirse o mesmo día da Andaina, como xa se indicou anteriormente.

Contratación do acondicionamento do acceso á OU-540 en Parderrubias

Tendo concedida unha subvención da Deputación de Ourense para acondicionamento de acceso á estrada OU-540 en Parderrubias ao obxecto de favorecer as condicións de tránsito e a seguridade viaria e desta maneira proporcionar maior calidade de vida á poboación deste núcleo rural, contribuíndo a frear o despoboamento e fomentar a súa actividade económica.


Unha vez redactado o proxecto técnico polo que se rexerán as obras de acondicionamento, procedeuse á contratación da empresa que levará a cabo as mesmas.


O proxecto técnico pode consultarse facendo click aquí.


3º Roteiro Fotográfico do Concello da Merca

GAÑADORES DO 3º ROTEIRO FOTOGRÁFICO DO CONCELLO DA MERCA

  • 1º PREMIO: MARIA LUISA FERNANDEZ RODRIGUEZ
  • 2º PREMIO: MARIA BERINI PITA DA VEIGA
  • 3º PREMIO: LOIS SANTOS PEREZ

A continuación amósanse as fotografías de entrega de premios @s premiad@s. Parabéns a tod@s!

Entrega do primeiro premio
Entrega do segundo premio
Entrega do terceiro premio

Un ano máis vai ter lugar o 3º Roteiro Fotográfico do Concello da Merca, cuxas bases se poden consultar a continuación ou premendo no cartel que se mostra máis abaixo:

BASES DO CONCURSO FOTOGRÁFICO

1.- PERSOAS PARTICIPANTES

Poderán participar todas as persoas que o desexen sempre que sexan maiores de idade, ou de ser menores de idade, acheguen unha autorización asinada polos seus pais/nais ou titores/as.

Non poderán participar as persoas membros da Corporación nin os/as empregados/as municipais.

2.- TEMÁTICA

As imaxes presentadas deben de ter por temática calquera aspecto relacionado co Concello da Merca (costumes, paisaxe, patrimonio, tradicións, festas …). e deben ser inéditas. Deberase identificar claramente algún elemento que permita recoñecer o Concello da Merca na fotografía.

Todas as fotos deben de acompañarse dunha breve explicación da súa localización e do que representan.

3.- PRAZO DE ENTREGA

As imaxes poderán presentarse do 15 de Agosto a 31 de Outubro de 2023.

A entrega das fotografías pode facerse tanto en papel como en formato dixital e cun límite máximo de 3 fotografías.

Cando faga a súa entrega deberá indicar os seus datos persoais (nome, apelidos, DNI, enderezo e, no seu caso, autorización dos pais/nais ou titores/as ou persoas fotografadas) e da forma de contacto (teléfono e enderezo electrónico).

As fotografías poden entregarse:

–     No rexistro xeral do Concello da Merca nun sobre pechado indicando ‘III Concurso fotográfico Calendario Concello da Merca 2024’

–   Enviando un correo electrónico ao enderezo concello@amerca.gal

4.- SELECCIÓN DAS OBRAS

Un xurado nomeado pola Alcaldía seleccionará as 10 fotografías finalistas de entre as cales elixirá as 3 premiadas. O xurado será o encargado de decidir cantas delas serán as imaxes do calendario 2024 do Concello da Merca, tendo a primeira garantida a súa publicación.

O xurado poderá declarar deserto algún dos premios.

Ningunha persoa participante poderá ser premiada por máis dunha fotografía que presente ao concurso.

5.- PREMIOS

  • 1º Premio: Fotografía no calendario do Concello da Merca 2024 – Fin de Semana de Turismo Rural para dúas persoas
  • 2º Premio: Día Gastronómico / Balneario para dúas persoas
  • 3º Premio: Cesta de produtos autóctonos con denominación de orixe

6.- OBXECTIVO E PUBLICACIÓN DAS FOTOGRAFÍAS

O obxectivo é elixir a/as imaxe/s para o calendario 2024 do Concello da Merca. Ademais todas as fotografías que se presenten ao concurso poderán ser empregadas para exposicións culturais que organice o Concello da Merca.

7.- DEREITOS SOBRE AS FOTOGRAFÍAS

A participación no concurso leva á cesión en exclusiva dos dereitos de explotación necesarios por aplicación da Lei de Propiedade Intelectual, a favor da organización, por parte das persoas concursantes.

Para presentar unha imaxe que conteña a imaxe dunha persoa, a persoa fotografada debera haber outorgado seu consentimento expreso e inequívoco para tal finalidade ao fotografo, consentimento que debera achegar xunto coa fotografía.

A participación neste concurso implica a total aceptación destas bases. As persoas participantes serán plenamente responsables de que non existan dereitos de terceiros das obras presentadas, así como de toda reclamación sobre posibles dereitos de imaxe.

VIAXE A EXTREMADURA

Desde o día 24 ata o 26 de setembro, en pensión completa. Descobre Cáceres, Mérida, Trujillo e Plasencia con visitas guiadas por guías locais.

Alóxache no Hotel Alcántara en Cáceres, en cuarto dobre ou individual (cun suplemento) durante 3 días e 2 noites

Poderás inscribirche desde o 14 ao 21 de agosto no Concello dá Merca, tras o que se efectuará o pago. Finalmente, deberá entregarse o xustificante no Concello

Prioridade de inscrición para PENSIONISTAS e EMPADROADOS no concello da Merca

Os prezos son (para un grupo de 50+2 persoas):

  • 255€ por persoa en habitación dobre
    • sumplemento de 115€ por habitación individual

Consulta o programa da viaxe pulsando AQUI

Transporte Institucional


Para o vindeiro 23 de Xullo, o día das eleccións xerais, estará dispoñible un autobús desde distintas localidades do Concello para poder exercer o seu dereito para votar.

O servizo será realizado pola empresa ALFER

Os distinto horarios serán:

LUGAR HORARIO MAÑÁ
Campo – Val – Freixeiro (Pilón) – Froxás das Viñas –
Proente
10:00 horas
Pazos – Vilariño – Olás (Igrexa) – Xen (Praza) – Corvillón 10:30 horas
Faramontaos – Cabanas – Proente 11:00 horas
Nigueiroá – Parderrubias (Sierra) – Pereira – Manchica 11:30 horas
Entrambosríos – Casal – Zarracós – Corvillón 12:15 horas
Merouzo Pequeno – Merouzo Grande – Corredoira – Vilaboa – Vilachá – Vilar – Matusiños – Merca 13:00 horas

PISCINA MUNICIPAL 2023

Dende o día 23 de Xuño ata o día 3 de Setembro, permanecerá aberta a piscina deste termo municipal.

Non será necesario solicitar cita previa para poder acceder.

O horario de apertura será de 12:00 a 21:00 h.

Prezos da entrada:

Gratuito para menores de 3 anos

1,00 € para Nenos (de 4 a 12 anos)

1,50 € para Xuvenís (de 13 a 25 anos)

2,50 € para adultos (+25 anos)

Nembargantes, poderáse realizar varios tipos de bonos:

Empadroados:

Por mes:

Nenos: 15,00 €

Xuvenís: 22,50 €

Adultos: 37,50 €

Familiar 75,00€

Por tempada:

Nenos: 25,50 €

Xuvenís: 38,25 €

Adultos: 63,75 €

Familiar 127,50€

Non empadroados:

Por mes:

Nenos: 22,50 €

Xuvenís: 33,75 €

Adultos: 56,25 €

Familiar 112,50€

Por tempada:

Nenos: 38,25 €

Xuvenís: 57,38 €

Adultos: 95,63 €

Familiar 191,25€

 

diving-40758_960_720

Modelo de Solicitude

Calendar

<< Out 2020 >>
LMMXVSD
28 29 30 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31 1