CAMPAMENTO VERÁN 2025
Os campamentos de verán A Merca 2025 supoñen unha alternativa de lecer para @s nen@s nad@s entre os anos 2011 e 2021, ambos incluídos, cunha dobre finalidade: a de permitir a conciliación familiar, laboral e persoal das familias; e a de ofrecer un espazo de esparcemento para nenas e nenos en igualdade de oportunidades. Tamén persegue contribuír a diminución das desigualdades sociais e favorecer a integración dos/as menores en risco de exclusión social.
Tanto transversalmente como en actividades específicas traballaranse a igualdade de xénero.
Desde o día 14 ao 22 de xuño de 2025, está aberta a inscrición para o Campamento de Verán 2025 do Concello da Merca.
O custo do servizo será de GRATUÍTO por neno/a en cada quenda, requiríndose unicamente unha fianza, posto que o servizo é financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, ao abeiro da ORDE do 3 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autonóma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B) (DOG do 6 de febreiro de 2025).
O campamento de verán do Concello da Merca 2025 desenvolveranse nas dependencias do CEIP Joaquina Gallego Jorreto, en horario de 9:00 horas a 14:00 horas, e para facilitar en maior medida a conciliación laboral e familiar, realizaranse 4 quendas diferenciadas, de luns a venres agás festivos, do seguinte xeito:
- 1ª quenda: do 1 de xullo ao 11 de xullo (9 días hábiles).
- 2ª quenda: do 14 de xullo ao 31 de xullo (13 días hábiles). Festivo o 25 de xullo.
- 3ª quenda: do 1 de agosto ao 14 de agosto (10 días hábiles). Festivo o 15 de agosto.
- 4ª quenda: do 18 de agosto ao 29 de agosto (10 días hábiles).
Ofértanse un máximo de 50 prazas en cada unha das 4 quendas.
Pódense consultar AQUÍ as bases reguladoras do Campamento de Verán 2025.
O trámite de inscrición poderase realizar no seguinte enlace:
https://amerca.sedelectronica.gal/catalog/tw/9a4b3d8b-5f7f-4482-a174-aa7da6a3dd90
LISTADO DE ADMITIDOS E LISTA DE AGARDA
- LISTADO DE ADMITIDOS E LISTADO DE AGARDA DA 1ª QUENDA DE XULLO.
- LISTADO DE ADMITIDOS DA 2ª QUENDA DE XULLO.
ABERTO UN PRAZO EXTRAORDINARIO DESDE AS 00:00 horas DO 12/07/2025 ATA AS 10:00 horas DO 17/07/2025 PARA A INSCRICIÓN NA 3ª QUENDA DE AGOSTO (VACANTES 5 PRAZAS) e NA 4ª QUENDA DE AGOSTO (VACANTES 9 PRAZAS)!!!!!!!! Inscricións no seguinte enlace:
https://amerca.sedelectronica.gal/catalog/tw/9a4b3d8b-5f7f-4482-a174-aa7da6a3dd90