ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS
XIV ANDAINA CONCELLO DA MERCA
O vindeiro 27 de outubro de 2024, terá lugar a XIV Andaina do Concello da Merca cun percorrido de 12 Km.
As persoas interesadas poderanse inscribir no formulario que aparece máis abaixo ou chamando ao Concello no teléfono 988 260 000.

As inscricións pecharanse o día 25 de outubro ás 13:00 horas.
IV ANDAINA CENTRO OCUPACIONAL CELANOVA
O vindeiro día 6 de outubro de 2024, o Centro Ocupacional da Fundación de Discapacitados Psíquicos Terra de Celanova, organiza unha andaina que saíra desde Vilanova dos Infantes ás 9:30 horas, cun percorrido de 12 km.
A inscrición terá un custe de 5,00 € e poderase levar a cabo no centro ocupacional en Celanova ou o propio día da Andaina.
Máis información no teléfono 988 432 176.
XIMNASIA DE MANTEMENTO E PILATES NO PAVILLÓN MUNICIPAL

OBRADOIROS DE MEMORIA
