Bolsa de emprego – Auxiliar Administrativo
Coa creación desta Bolsa de Emprego, o Concello da Merca pretende axilizar a selección de persoal dando cobertura ás necesidades de ocupación de carácter temporal no posto de traballo de Auxiliar Administrativo. Todo elo rexido polos principios constitucionais de mérito e capacidade, que encontran a súa plasmación lexislativa xunto aos de publicidade, transparencia e imparcialidade no artigo 55 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
Tanto o anuncio como as bases de selección para inscrición na bolsa de emprego para auxiliar administrativo, están publicados no Taboleiro de anuncios así como no Portal da Transparencia do Concello, no seguinte enlace:
https://amerca.sedelectronica.gal/transparency no apartado 1.INSTITUCIONAL/1.7.PERSOAL/1.7.4. BOLSAS EMPREGO/ BOLSA DE EMPREGO LABORAL TEMPORAL – BOLSA DE EMPREGO LABORAL TEMPORAL – AUXILIAR ADMINISTRATIVO 2024-2025
Pode acceder ao trámite de solicitude de inscrición á bolsa de emprego para peón de obra, a través da sede electrónica https://amerca.sedelectronica.gal/, no apartado de <<Trámites destacados>> no procedemento de << Seleccións de Persoal e Provisións de Postos (Bolsa de Emprego – Auxiliar Administrativo) >>.
- Anuncio publicado no BOP Ourense en data 03/07/2024.
- Bases de selección para inscrición na bolsa de emprego de auxiliar administrativo.
- Resolución de Alcaldía aprobando a Lista provisional de admitidos e excluídos
- Resolución de Alcaldía aprobando a Lista Definitiva de admitidos e excluídos, nomeamento do tribunal e data da entrevista
- ANUNCIO DA CUALIFICACIÓN PROVISIONAL DO TRIBUNAL
- ANUNCIO DA CUALIFICACIÓN DEFINITIVA DO TRIBUNAL
- RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA DE APROBACIÓN DEFINITIVA DA CONSTITUCIÓN DA BOLSA DE EMPREGO PARA AUXILIAR ADMINISTRATIVO