CAMPAMENTO VERÁN 2024
Os campamentos de verán A Merca Concilia 2024 supoñen unha alternativa de lecer para a rapazada de 3 a 14 anos do municipio da Merca, cunha dobre finalidade: a de permitir a conciliación familiar, laboral e persoal das familias; e a de ofrecer un espazo de esparcemento para nenas e nenos en igualdade de oportunidades. Tamén persegue contribuír a diminución das desigualdades sociais e favorecer a integración dos/as menores en risco de exclusión social.
Tanto transversalmente como en actividades específicas traballaranse a igualdade de xénero.
Desde o día 20 ao 26 de xuño de 2024, está aberta a inscrición para o Programa de Conciliación denominado Campamento de Verán 2024 do Concello da Merca.
O custo do servizo será de GRATUÍTO por neno/a en cada quenda, requiríndose unicamente unha fianza, posto que o servizo é financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, ao abeiro da RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, parcialmente cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021- 2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B) (DOG núm. 5, do 8 de xaneiro de 2024).
O campamento de verán do Concello da Merca Concilia 2024 desenvolveranse nas dependencias do CEIP Joaquina Gallego Jorreto, en horario de 9:00 horas a 14:00 horas, e para facilitar en maior medida a conciliación laboral e familiar, realizaranse 4 quendas diferenciadas, de luns a venres agás festivos, do seguinte xeito:
- 1ª quenda: do 1 de xullo ao 12 de xullo (10 días hábiles).
- 2ª quenda: do 15 de xullo ao 31 de xullo (12 días hábiles). Festivo o 25 de xullo.
- 3ª quenda: do 1 de agosto ao 16 de agosto (10 días hábiles). Festivo o 15 de agosto.
- 4ª quenda: do 19 de agosto ao 30 de agosto (10 días hábiles).
Ofértanse un máximo de 60 prazas en cada unha das 4 quendas.
Pódense consultar AQUÍ as bases reguladoras do Campamento de Verán 2024.
O formulario de inscrición pódese descargar AQUÍ.
RECTIFICACIÓN DE ERROS – LISTA DE ADMITIDOS/AS E LISTA DE AGARDA – 1ª QUENDA.
LISTA DE ADMITIDOS/AS E LISTA DE AGARDA DA 2ª QUENDA. ( ACTUALIZADA A 12 DE XULLO DE 2024)
LISTA DE ADMITIDOS/AS DA 3ª QUENDA. (ACTUALIZADA A 12 DE XULLO DE 2024. QUEDAN PRAZAS LIBRES)
LISTA DE ADMITIDOS/AS DA 4ª QUENDA. ( ACTUALIZADA A 11 de xullo de 2024. QUEDAN PRAZAS LIBRES)